mércores, 11 de novembro de 2009

A proxección da película




Sorprendeunos ver algún personaxe doutra forma á como os tiñamos imaxinado: case ningún de nós os imaxinamos así. A casa/buraco de Bilbo era fantástica. Recoñecemos espisodios de O hobbit nese fragmento: cando conta aos nenos como morreron os trolls, o episodio do dragón, o anel,cando Gandalf e Bilbo fuman en pipa...
Gustounos a actividade e tamén o libro. Quedamos coas ganas de ver a película enteira. Mellor aínda: a triloxía toda!!!!!!!

2 comentarios:

  1. Vale, xa sabedes: para ver toda a triloxía hai que ler O señor dos aneis enteiro,as tres partes!!!! Cando queirades!

    ResponderEliminar
  2. Anímovos a que leades a triloxía "O señor dos aneis". Quedaredes abraiados do que Tolkien foi capaz de facer con uns cantos libros: unha cultura, unha historia, en definitiva, unha sociedade paralela e sen nada que ver coa nosa. Recomendación: ler o libro e logo ver a pelícila, non ó revés!!. Xa veredes que o cine ten moitas limitacións, mentras que un libro... en fin, comprobádeo vós mesmos!.
    Saúdos a todos.

    ResponderEliminar