luns, 2 de marzo de 2020

O club de lectura queda a comer

O luns 17 de febreiro o club de lectura quedou a comer no centro. Como o día era estupendo comemos no noso marabilloso xardín. Por fin falamos das lectura con tranquilidade, sen as presas do timbre nin os ruídos do resto dos compañeiros.




Aproveitamos tamén para repartir as chapas identificativas do club: leoas famentas e león famentos, que nos dará preferencia na cafetería os días de reuión; xa non teremos que facer cola e chegar tarde.