luns, 19 de decembro de 2011

Bo Nadal



CANTIGA PRA RECIBIR O ANINOVO

¡Ai, qué Noiteboa chea de ledicia
si os galegos estuveran en Galicia!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, qué santo e bó sería o Nadal
si houbera no mundo menos mal!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, qué Aninovo cheo de craror
si houbera na terra mais amor!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, que leda e gozosa Epifanía
si todo amañecera limpo como o día!
¡E nós eiquí calados!
E si houbera xusticia, paz e ben,
¡cómo brilaría a estrela de Belén!
Os anos van pasados,
¡e nós eiquí calados!

Manuel María (ms.)
Monforte de Lemos, Nadal, 1964

mércores, 7 de decembro de 2011

"La puerta entre dos mundos", Jorge García e Pedro Rodríguez


Esta cómic é precioso; tedes que lelo. Conta unha aventura de Xulio Verne sendo rapaz, hai intriga, algo de medo,... Pero quizais o que máis me chamou a atención foi a parte gráfica, e dentro dela os planos utilizados máis cós debuxos en si. A verdade é que aprecen planos sorprendentes: hai un picado desde o ceo; vese a parte superior das aves que voan (creo que son garzas) coa terra aló embaixo, como se sobrevoásemos o río en globo. Este plano serve para amosarnos a situación do barco no que van os protagonistas da historia, Verne, Paul e Caroline, rumbo á illa de Robinson Crusoe (ou máis ben "un montón de barro" segundo Caroline).
Outro plano destacable é un contrapicado que enfoca desde o chan ata unha ventá. Así vemos aos rapaces no exterior da casa e a través da ventá, situada nun plano superior, oímos aos pais que sabemos que están alí poa luz que sae e as voces do seu diálogo.
Noutro caso vemos só os pés dos rapaces, focalizando así a atención na fogueira que arde; na páxina 15 hai unha gran viñeta con outras tres pequenas inseridas nela que detallan o que está pasando. Na páxina 16 o plano vaise achegando cada vez máis aos ollos de Jules, ata enfocar o reflexo da súa meniña...
En definitiva, excelente xogo de planos, e un texto que nos reencontra cun grande da literatura universal.

Non deixedes de ler o texto que aparece ao final. É unha breve e simpática historia metaliteraria, que nos mostra como se documentaron os autores deste cómic; sería así?

xoves, 1 de decembro de 2011

Os personaxes do cómic

Neste powewr pont podedes ver como son tratados os personaxes no cómic, como se deseñan, se caracterizan, falan...

martes, 29 de novembro de 2011

Corto Maltés: "Las célticas"


Neste cómic hai catro pequenas historias de Corto Maltés. Este personaxe foi creado por Hugo Pratt no 1967 pero segue sendo totalmente actual. Hai moitos cómics nos que aparece este personaxe, mesmo ten a súa propia historia: é un aventureiro maltés que naceu a fins do século XIX, fillo dunha xitana xibraltareña e dun mariñeiro de Cornualles.
Neste libro, "As célticas", Corto Maltés aparece en catro situacións ambientadas na 1ª e 2º guerras mundiais. A 1ª historia ("Concierto en do menor para arpa y nitroglicerina") toca un tema hoxe controvertido: os inicios do IRA, salienta o xogo de planos, sobre todo cos primeirísimos primeiros planos que enfrontan a Corto Maltés e Sean Finnucan, sostendo as miradas nun momento clave e duro para o noso protagonista: a morte do seu amigo.
Na 2ª historia destaca o tema mitolóxico, presentado dunha maneira fermosísima. Os seres míticos de Gran Bretaña únense para evitar a invasión alemana na 2ª guerra mundial. Aparecen Oberon e Puck, a fada Morgada e Merlín. Estes elixen a Corto Maltés como o novo liberador, o novo rei Artur.
A 3ª historia ("Vinos de Borgoña y rosas de la Picardia") conta a caída do "Barón Rojo".
A 4ª ("En el tinglado de la antigua farsa") comeza cun espectáculo de marionetas que amosa a Merlín namorado da Dama do Lago. A partir de aí temos unha trama de intriga, con intento de asasinato, tropas americanas na 2ª guerra mundial, meigas, espías,... Tedes que lelo.
Recoméndovolo por o que conta e como o conta. Evidentemente hai que contextualizar a historia e ser críticos.

Os catro grandes de Agatha Christie


Este cómic trata dunha investigación. Hercules Poirot ten que atopar unha banda de criminais, coñecida como "Os catro grandes", que matou a un multimillonario cunha sopa envelenada. E, como non, Poirot resolve o crime.
Non acabei de entender o das viñetas en cor sepia, creo que aparecen cando o amigo de Poirot está escribindo o seu diario... Xa me explicaredes os que leades este cómic como entendestes isto.
A pesar do tema (investigación, crime...) o cómic a min pareceume algo aburrido.

Por Martin Rodríguez

Os Barbanzóns: "A cacharela"


Este cómic está ambientado na noite de San Xoán. Os Barbanzóns fan unha cacharela pero a subida da marea convértea nunha cacharela acuática. As ilustracións amosan uns personaxes infantilizados, pouco detallados, elementais,... pois non hai que esquecer a quen está destinado o cómic. En xeral gustouome moito e anímovos a lelo.

Por Luís Miguel Padín Insua

xoves, 17 de novembro de 2011

Biografía gráfica de Ana Frank


Gustoume moito porque dá unha visión do que foi a vida de Ana Frank e a súa familia (unha nena xudía que escribe un diario mentres está agochada coa súa familia fuxindo dos nazis en Amsterdam). O cómic recolle ademais deste diario, un repaso pola historia anterior e posterior á escrita deste diario, ademais de facer un percorrido polos acontecementos que levaron á 2ª guerra mundial a ao apoxeo do nazismo e dos facismos en Europa.
Recomendo a lectura para os rapaces de todos os niveis. Pódese intuir que ana Frank podería chegar a ser unha boa escritora se seguise viva e non ser capturada polos nazis.

Por Ana.

"Arrugas" de Paco Roca



Un comic que describe a cruda realidade de persoas moi maiores, ingresadas en residencias da terceira idade e afectadas por enfermidades dexenerativas propias da vellez. En "Arrugas" se expresa como a vida se lle vai das mans a persoas que no pasado tiveron unha vida activa e feliz. A linguaxe do comic está usada maxistralmente: o paso do tempo, os sentimentos que se expresan sen palabras, o proceso da enfermidade... Todo queda recollido dun xeito que fai pensar ao lector sobre esa etapa da vida e tamén sobre eses lugares que se fan chamar Residencias da Terceira Idade, pero que en realidade todos sabemos que son lugares onde se morre sen afecto e en soidade.

Por Ana e Xaquín, pais de Martín Rodríguez

Tipos de planos do cómic

Neste power point podedes ver os distintos tipos de planos que podedes atopas no cómic, a partir de agora tende en conta este aspecto cando leades un cómic.

venres, 4 de novembro de 2011

Relatos de terror
















Estes días estivéronse lendo na biblioteca os relatos de terror que gañaron o concurso deste curso 2011-12. No 1º ciclo a gañadora foi Alba Paz Castro de 1º A co relato Volta atrás. No 2º ciclo Martín Carramal Meis de 4º B fíxose cos premios de lingua galega e castelá cos relatos Sin salida e A morte só chama unha vez.




Deixámosvos os relatos gañadores e unhas fotos das lecturas.



Volta atrás


Por Alba Paz Castro (1º B)


Casas que apenas se sostiñan en pé,moitas delas en ruínas, coas xanelas feitas anacos e cos marcos das portas desencaixados por fóra e coas paredes comestas e infestadas de innumerables bechos, cheas de humidade e cun aire con arrecendo a mofo por dentro, e estes dous conxuntos contribuían a darlles un aspecto lúgubre e melancólico a aqueles fogares. Todos eles formaban un conxunto de cemiterio de elefantes, parecían xigantes que emitían os seus queixumes ao vento e daba a sensación de que día tras día mantiñan conversas interminables, contándolle como pouco a pouco ían perdendo a súa forma e arruinándose cada vez máis, ata chegar a ser só unha morea de pedras descoñecidas e sen identidade, que antano foran edificios feitos polos albaneis da aldea para manter con vida o seu negocio, pero sobre todo para ver a cara de satisfacción dos compradores ó ver o resultado de tanto tempo de construción, e no fondo era o que máis os alegraba, ser útiles para os demais e achegar felicidade, que tamén se esvaecía ao mesmo tempo que as súas construcións.
Aquela vila tiña unha morea de corredoiras por onde día a día pasaban labregos equipados para ir ás súas fincas e traballalas para así poder ter algo co que encher o estómago cando a fame, como unha besta negra e cruel, desexara torturalos pouco a pouco roéndolles as entrañas. Chegado aquel momento, reclamaría a súa ración de comida para perdoarlles a vida, nunha especie de pacto satánico. Rapaces polas rúas vestidos con farrapos, raquíticos, de ollar choroso e mirar magoento que pedían esmola con cara de espectro fantasmal, como presaxiando o negro futuro que lle esperaba á vila. Esta estaba cruzada na súa totalidade por unha pista á que os seus habitantes chamaban “a carretera”, que non era máis que un sendeiro, pedregoso e lamacento debido ás cuantiosas chuvias que caían no lugar.
Por el deambulaban Víctor e a súa familia, que b.viñan de pobolar a súa pequena leira para ter reservas nos fríos do inverno. Nela tiñan plantados desde patacas, chícharos, unhas cantas tomateiras, cenorias, pementos de Padrón ata perexil para condimentar as comidas. Para acceder á pequena horta familiar había que cruzar unha pequena pontella que atravesaba un regato, co cal os labregos que tivesen fincas ao longo do curso del abrían unha presa de auga desviándoo para regar as fincas.
O regato estaba salpicado nas dúas marxes por carballeiras nas que aparecían intercalados algún que outro salgueiro. Todas estas árbores tiñan máis ou menos musgo na súa base, dando a impresión dunha cor verde xeneralizada que aportaba un aspecto algo selvático á panorámica do lugar se o comparamos coas monótonas fincas que o rodeaban formando unha paisaxe máis ou menos uniforme, de non ser polas matogueiras e silveiras que aparecían nas zonas da finca que polas súas condicións non eran axeitadas para o cultivo e non foran traballadas xunto coas viñas que se destacaban do resto dos cultivos xa que formaban unha unidade propia debido ás columnas de pedra coas que eran sostidas e aos arames que se colocaban para que os viñedos non superasen unha certa altura e facilitar a tarefa da vendima ao estar os acios a unha altura facilmente alcanzable. Varios cogomelos que buscaban sombra e humidade protexéndose debaixo das árbores que bordeaban o regato e que logo eran recollidos polas mulleres que ían lavar toda a roupa da casa camiño do lavadoiro de pedra que se atopaba algo despois dun tramo no que o regato tiña algúns saltos que formaban fervenzas nas que se podían ver algunha que outra troita que algúns vellos mariñeiros xa retirados para matar o tempo ían pescar desde a pontella coas súas canas xa oxidadas, e eles tamén sen aquela forza e vigor da xuventude, pero éralles igual porque o único que buscaban era revivir vellos momentos da mocidade cando ían sucando os máis variados mares do mundo en busca de peixe.
Xa se podía ver como o solpor estaba a caer naquela calorosa tarde de verán e aquel sol provocaba na auga coas súas últimas raiolas do día un escintileo da capa máis superficial provocando un xogo de brillos, cores e sombras que era digno de admirar e moi agradecido despois daquela xornada de duro traballo.
De camiño á súa casa, Víctor ía reflexionando na dura situación da vila e das súas desigualdades, xa que a súa familia vivía unha situación bastante privilexiada porque o seu pai tiña unha pequena botica ao lado do
(…)
O caxato caeu ao chan espertando a Víctor da súa sesta rutineira que sempre facía despois de comer. Incorporouse lentamente do sofá, tusiu un par de veces, recolleu o caxato e comezou a camiñar devagar pola sala de estar mentres pensaba no que acabara de soñar, e puido visualizar todas esas imaxes unha vez máis no seu álbum de fotos, xa descolorido polos anos onde aínda estaban súa nai, seu pai, as señoras que ían lavar a roupa, os mariñeiros, pero sobre todo o que Víctor tiña gravado na súa mente eran a miseria, a fame daqueles anos e o seu pobo n ruínas.
De súpeto xirouse e viu o almanaque colgado no andel onde gardaba os seus libros. Alí poñía: “18 de outubro de 2011”. Xa estaba maior e a cabeza xogáballe todos os días aquela mala pasada de facerlle crer que volvía á súa mocidade, que volvía a ver os soldados por un lado saqueando as casas, impactos de metralla na xente que saía fóra, mentres se retorcían de dor na rúa durante unha lenta agonía da que ninguén podería cambiar o seu final, os cadáveres daqueles mariñeiros, xa que en vez da cana cunha baioneta na man, o boticario fusilado nas aforas do pobo…
Pero non, hoxe non. Mañá despois de comer, volvería a visitalos de novo…





A morte só chama unha vez

Por Martín Carramal Meis (4º B)



Realmente existe a morte?, pasa algo no momento en que falece una persoa? Estas eran as preguntas que a diario se facía o doutor Soutomaior, doutorado en medicina forense; a diario era raro o día que non practicaba unha ou dúas autopsias, naquela sala situada no soto do hospital provincial, unha sala grande á que non moitas persoas querían acceder. Naquela sala había un gran número de conxeladores, situados á dereita desta, con cadanseu número. En moitos habería cadáveres, outros estarían á espera de novos hóspedes, que, sen sabelo, o seu próximo destino serían as catro frías paredes dun conxelador dunha sala de autopsias. Esta sala encontrábase nun ambiente frío, quizais para conservar os corpos que alí quedaban, ou para intimidar ás persoas que accedían a esta. No medio da sala había cinco mesas, mesas metálicas cunha función fóra do común. Tamén había unhas balanzas nos extremos de cada mesa, empregadas para detectar anomalías de peso nos diferentes órganos dos corpos, que alí chegaban para someterse ao proceso de autopsia, un proceso destinado a esclarecer as causas da morte dunha persoa, nunhas un proceso sinxelo, noutras un proceso laborioso e estresante. Na primeira mesa, unha fría etiqueta metálica identificaba o corpo dunha muller, esta aínda esperaba o comezo do proceso da autopsia; noutras dúas mesas había outros dous corpos, dous varóns, nos que este proceso xa dera comezo. Ao lado de cada mesa había unha bandexa. O instrumental que se encontraba sobre estas, estaba cheo de sangue e restos de tecidos, xa que foron empregados nas autopsias dos dous corpos. Estes foran abertos de arriba a abaixo. A súa caixa torácica fora forzada e aberta como se de unha caixa forte se tratase, pero nestas non había diñeiro ou xoias, senón órganos e sistemas que agora non cumprían ningunha función. Ao fondo da sala había unha mesa, unha mesa normal de traballo, na que o doutor tomaba as súas notas sobre os corpos. Hoxe non había notas, había os plans que tiña pensado levar a cabo, para dar coa resposta ás súas preguntas sobre a morte. O plan era que el, coa axuda dun estudante de medicina interesado nas mesmas cuestións que o doutor Soutomaior, a través dunha descarga eléctrica pararía o seu propio corazón durante un tempo prudencial, para saber que hai tras a morte, e despois volvería a poñelo en marcha outra vez. O doutor, tras explicarlle o seu plan ao axudante, situouse sobre unha das mesas da sala. O seu axudante procedeu a aplicarlle a descarga eléctrica. Despois do tempo acordado, o axudante volveu a aplicarlle a descarga. E tras intentalo en repetidas ocasións, o doutor pasou a formar parte do ambiente mortífero daquela sala, facendo unha viaxe ás profundidades da morte para sempre.






SIN SALIDA

Por Martín Carramal Meis





Hoy es un gran día especial para el profesor George licenciado en genética, ha dedicado su vida a la investigación contra una de los mayores problemas del ser humano la muerte. Hoy no solo reconocen los años de investigación y trabajo, sino los resultados también, ya que ha dado con la clave para solucionar estos problemas. Muchos científicos a largo de la historia han afrontado la muerte como el destino de cualquier ser vivo, sin embargo George afronto la muerte desde otro punto de vista, para él existen dos tipos de materia la viva y la no viva la muerte, al igual que en los distintos estados de la materia: sólido, líquido..., existe un proceso para pasar de un estado a otro entre la materia viva y la muerte existe un proceso similar el primero el paso a la materia viva lo representa la propia vida y el segundo paso el paso a la materia muerta lo representa la muerte . Pero al igual que en los estados, al aplicar mas calor o mas frío se consigue que el estado de la materia se mantenga; en el estado vivo ocurre los mismos procesos, pero estos son provocados por unos aminoácidos que contienen la materia orgánica, el alimento que ingerimos, que en el núcleo de las células en el material genético, mas especialmente en los componentes que lo controlan, provocan que estos no generen más células nuevas para regenerar las antiguas y que las que componen los diferentes tejidos inicien un proceso de envejecimiento, lo que hace que las células y tejidos que componen un ser vivo envejezcan hasta colapsarse y llevarlo a la muerte. Con el compuesto que ha inventado el profesor estaos compuestos que provocan el envejecimiento son aislados por el organismo y no son injeridos, por lo que los seres vivos pueden mantenerse vivos indefinidamente.
Pero no todo son alabanzas al profesor George por su descubrimiento, porque las críticas a este consideran que si no mueren seres humanos la población humana se extinguirá por si solo, ya que cada día en el mundo la población aumentaría en tres millones de habitantes que no mueren mas nacimientos, con lo que en un año la población mundial aumentaría en unos cuatrocientos millones aproximadamente, agotando los recursos y aumentando la degradación del medioambiente. Por lo que no todas las personas podrían ingerir este compuesto, lo peligroso era decidir que clases podrían acceder a esta, pero esto también provocaría problemas, ya que las clases que no accedieran a este causarían disturbios y revoluciones que podrían acarrear guerras y conflictos que podrían suponer la desaparición de gran parte de la población.
Otra solución era mantener en secreto el descubrimiento, pero los medios ya habían publicado la noticia, por lo que no sería factible. Otra de las soluciones era eliminar al profesor y todos sus círculos de conocidos e informar a la población de que George había falseado los datos, pero esto tendría otro problema: cómo saber que el profesor no había hecho copias de sus investigaciones y saber con quién había estado en contacto. Todad estas posibilidades llevaron al profesor George a la locura, meses después de recibir el premio Nobel, se suicidó, pero no se sabe si víctima de las locuras provocadas por todos estos problemas que podría generar su compuesto o víctima de una de las posibles soluciones a los problemas que generaría este compuesto.








Bone: "Los ojos de la tormenta"




É un cómic de aventuras interesante e divertido. Trátase dunha colección (Bone) e este é o terceiro número. O protagonista é un bone, unha cousa rara, un ser animalizado e humanizado á vez, coma unha pantasma boa. As ilustracións están ben.


A pesar de ser un cómic longo lese moi ben e rápido. O formato é o dun libriño. Lédeo e xa me diredes.


Por Sheila Domínguez (1º A)

venres, 28 de outubro de 2011

Pafman



É un cómic moi divertido, porque moitas veces estouran moitas cousas, hai explosións, mísiles,... e aínda así as personaxes seguen vivindo; ésa é a maxia do cómic. Ademais hai moitos chistes bos.

Este cómic cóntanos como Pafman volve. Aparece conxelado no polo e un malvado crea tres monstros que crean o caos e quere que lle paguen moitos cartos. Logo Pafman derrota aos tres malvados e vai á illa do malvado e.... (non vos vou contar o final).
Os debuxos están moi ben feitos, con moita cor...

Recoméndovos esta lectura porque é moi divertida e entretida. Ademais este é o 1º cómic de toda unha serie, así que podemos seguir lendo a Pafman máis alá deste cómic.

Por Iván Gondar Dopazo

xoves, 27 de outubro de 2011

Mortadelo e Filemón. Viaxe pola historia

É curioso este cómic. Atópanse nunha especie de cumio da comunidade Económica Europea (xa pasou tempo) e están criticando aos países pequenos por asuntos extracomunitarios (líos de saias...), os EEUU queren levar a Mortadelo e Filemón para a CIA (pobre deles!). En xeral é unha pequena viaxe pola historia a través destes dous peculiares personaxes. Empeza na 1ª guerra mundial, pasa polos períodos de paz, chegamos á 2ª guerra mundial... pasando pola crise dos mísiles de Cuba... Unha forma lúdica e divertida de ver a historia do século XX.

Por Martín Carramal Meis

Os dentes do dragón

Está xenial, é de aventuras. A protagonista chámase Franca, ten moitos inimigos e un can que é moi gracioso. Os debuxos son preciosos. Anímovos a lelo. Xa me diredes.

Mortadelo y Filemón. Mundial 2010

É unha boa forma de ver o fútbol desde un punto de vista non profesional. Gustoume moito tanto polo contido como polos debuxos; as ilustracións xa chegan por si soas para saber de que vai o cómic. Tamén vos animo a lelo para divertirvos.

Por Luís Miguel Padín Insua

A maldición dos Velasco

É unha historia que engancha, anima a seguir lendo o cómic para ver que vai pasar. As ilustracións están moi ben. Anímovos a todos a lelo e xa me diredes se engancha ou non.

Por Ángela Otero Castro (2º B)

xoves, 20 de outubro de 2011

Asterix y la gran zanja

É un cómic moi entretido para os que lles gustan as aventuras. Ten partes graciosas. A parte dos debuxos e a cor pareceume preciosa. Anímovos a todos a ler este libro porque é moi gracioso.

Por Sandra García

"Nana 1" de Ai Yazawa

Acabo de ler este cómic é realmente non me gustou porque a historia mestura dúas persoas co mesmo nome pero distintas vidas, o que resulta algo confuso para o lector. Pola contra, o debuxo está moi ben. É dicir, gustorume a súa forma pero non o seu contido.

Por Esteban Vidal Torres

martes, 18 de outubro de 2011

Como van as lecturas?

Ola hortensianos:

Como están indo as lecturas? Xa podedes ir colgando as vosas impresións porque de seguro que xa lestes algún que outro cómic. Animádevos e poñede as vosas opinións! Vémonos o xoves!

venres, 14 de outubro de 2011

A 1ª reunión

























Colgamos as fotos da 1ª reunión deste curso dos membros do club de lectura "Ao pé da hortensia" . Como podedes ver somos bastantes, máis do que pensabamos. Hai alumnos e alumnas, profes e pais (por fin).


xoves, 13 de outubro de 2011

Benvida

Ola a todas e todos. Xa estamos aquí un curso máis. Como xa sabedes, este curso variamos as lecturas e a súa temporalización, pois centrarémonos cada trimestre nun xénero literario. Comezamos co cómic, seguremos co teatro e remataremos coa poesía. Temos moitas cousas en mente e intentaremos sacalas adiante coa vosa colaboración (e sempre que teñamos cartos para certas actividades, como o taller de cómic).
Este curso estamos felices pois apuntouse máis alumnado ca nunca e mesmo hai dous pais (aos que recibimos cos brazoz abertos) formando parte do noso club.
Xa sabedes que as reunións son os xoves no 2ª recreo, coma sempre na biblioteca. Aínda que este curso tamén quedaremos a comer no centro para traballar certos aspectos. Destas reunións extrordinarias xa vos avisaremos con tempo.
Benvidos e... a ler!

luns, 20 de xuño de 2011

Produtos obtidos da industria baleeira

Aceite de balea: aceites para usos industriais, iluminación e alimentación.


Espermaceti: cosméticos, lapis labiais, lapis graxos.


Ámbar gris: Fixadores de perfumes, considerado como o máis valioso dos produtos da industria baleeira.

Glándulas endocrinas e fígado : produtos farmacéuticos, hormonas, vitamina A.


Carne: Representa ao 1.7% da carne consumida en Xapón.


Na imaxe de arriba vemos onde se ubicaría o espermaceti na cabeza da balea.


A outra imaxe amosa como é o ámbar gris.

Que países cazan baleas?


Canadá: levada a cabo por pequenas poboacións Inuit.
Estados Unidos: levada a cabo por diferentes comunidades indíxenas de Alaska.
Groenlandia: levada a cabo por pequenas poboacións Inuit.
Islandia: retomou a caza comercial desde 2008, cunha cota anual de 100 rorcuais alibrancos e 150 de rorcuais comúns.
Illas Feroe: arredor de 950 caldeiróns de aleta longa son cazados cada ano como parte da súa cultura, nunha actividade regulada polas autoridades locais, pero non pola CBI.
Indonesia: levada a cabo por pequenas comunidades das illas Lembata e Solor, como parte da súa cultura e crenzas relixiosas.
Xapón: produto da moratoria á cacería comercial e ás presións internacionais, Xapón desenvolveu a chamada cacería científica, catalogado por varios países e institucións como unha cacería comercial encuberta. Tamén existe a caza anual de delfíns en Taiji, na que centos de pequenos cetáceos son capturados para a industria do entretemento e algúns son destinados ao consumo humano.
Noruega: realiza cacería comercial do rorcual alibranco, con cotas anuais en torno ás 400 ou 500 capturas.
Rusia: antigamente Rusia tiña unha importante industria en torno á captura de orcas, que diminuíu significativamente a partir da década de 1970. Actualmente, na rexión de Chukotka realízase a caza de baleas grises, cunha cota anual de 140 animais, regulada pola CBI.
San Vicente e las Granadinas: levada a cabo polos nativos de San Vicente e as Granadinas na illa de Bequia. A CBI permite unha cota anual de 4 yubartas.

Breve historia da caza de baleas



A caza de baleas consiste na obtención de recursos a partir de cetáceos. Os primeiros rexistros desta actividade remóntanse polo menos ao 3.000 A.C.
Varias comunidades costeiras cazaron baleas varadas para a súa subsistencia. A caza industrial das baleas comezou no século XVII. A principios do século XX o uso da tecnoloxía e o aumento na demanda de recursos causaron o descenso nas poboacións de baleas. Na década de 1930, matáronse unha media de 50.000 baleas por ano.
En 1986 a Comisión Baleeira Internacional prohibiu a caza comercial, co fin de permitir que as poboacións de cetáceos puidesen recuperarse. Sen embargo, permíteselles a certas comunidades continuar coa cacería de subsistencia, como parte da súa cultura. Ademais, o artigo VIII da Convención que regulamenta a caza da balea permite a cacería con fins científicos.
A caza de baleas comeza en tempos prehistóricos. Nun inicio limitábase á captura de animais na costa. Ao pasar os séculos, a técnica de caza comezou a mellorar usando pequenas embarcacións en mar aberto para asustar aos cetáceos con ruído e levalos á costa. Esta forma de cacería era usada con especies pequenas, como baleas piloto, belugas, narvais e marsopas.
Na Idade Media desde as atalaias das vilas da costa do mar Cantábrico, os vixías daban a alarma cando as baleas, escapando das augas frías do mar do Norte se achegaban a estas costas. Entón preparábanse pinazas con 10 ou 15 remeiros e un arpoeiro que cravaba o arpón na cabeza do animal, comezando unha dura loita ata que o animal era vencido e se remolcaba ata a costa.
As técnicas modernas de caza de baleas desenvolvéronse no século XIX coa demanda do seu aceite, sobre todo en Europa e Rusia.
A guerra ruso-xaponesa, ocorrida entre o século XIX e o XX, tiña como motivo central o acceso aos recursos baleeiros do mar de Xapón (mar do Leste) e do Pacífico Norte. No século XX a poboación global de cetáceos descendeu drasticamente. Co fin de proporcionar unha adecuada conservación e así facer posible o desenvolvemento controlado da industria baleeira, en 1946 créase a Comisión Baleeira Internacional. No ano 1986 ditamínase unha moratoria que rematou coa cacería comercial de cetáceos, pero que permite a chamada cacería científica, ademais da cacería de subsidencia para certas comunidades nas que esta actividade forma parte da súa cultura.

Adaptación dun artigo da wikipedia

martes, 10 de maio de 2011

A caza do vello macho chepudo


De novo Manuel Marín nos amosa a imaxe deste amargo episodio do libro. Deixámosvos nós agora o impresionante fragmento da novela. Resulta especialmente repulsivo o que nel se relata, sobre todo o anaco no que a balea aparece totalmente humanizada (“con todos os seus anos, o seu brazo amputado e os seus ollos cegos”) e condenada a unha morte irracional, sobre todo tendo en conta como remata este episodio (a balea afunde sen remedio, sen poder sacarlle a esperma cobizada. Unha morte inútil, tráxica…). Reflexionade sobre a lectura e dicide se non resulta repulsiva, desacougante... Melville era un bo mestre da descrición, demasiado bo cando pode chegar a revolvernos o estómago e poñernos os pelos de punta.



“Como as lanchas a rodeaban xa desde moi preto, podíase ver claramente toda a súa parte superior xunto con moita da que acostuma estar somerxida. Distinguíanse os ollos, ou, máis ben, o lugar onde debían estar. Como saen tumores estraños nos nós dos máis altivos carballos enfermos, saían entón do lugar que os ollos da balea ocuparan unhas protuberancias cegas, terriblemente magoantes. Pero non había mágoa ningunha. Con todos os seus anos, o seu brazo amputado e os seus ollos cegos, tiña que morrer, asasinada, para alumear as vodas e demais festexos do home e para alumear as igrexas solemnes. Envorcallándose sempre no seu sangue, acabou por deixar á vista na parte baixa do seu costado un tumor descolorido, un tumor como o tamaño dun azumbre.
-Bonito branco! –exclamou Flask-. Deixádeme que a pinche alí.
-Fóra! –gritou Starbuck-. De que serviría iso?
Mais o compasivo Starbuck non chegou a tempo. Ao contacto da lanza xurdiu un chorro purulento da ferida desapiadada, e aterrada por unha agonía insufrible, a balea, que lanzaba xa polo surtidor sangue puro, lanzouse cegamente sobre as embarcacións, anegando ás tripulacións nun diluvio de sangre, envorcando a de Flask e estragando as proas. Foi o seu postremo estertor. Estaba tan esgotada para entón pola perda de sangre, que se afastaba, desamparada, da lancha que acababa de naufragar; detívose despois, acorada, batendo as ás impotentes co toco, e, ao cabo, dando voltas e voltas como un mundo ao garete e mostrando a oculta brancura do seu ventre, quedou ríxida coma un pau e morreu. Foi impoñentemente queixoso aquel postremo surtidor, semellante ao dalgunha gran fonte cando o van cortando mans invisibles e a columna de auga baixa e baixa con gurgullos melancólicos e medio melancólicos."

O capitán Acab

Manuel Marín ilustra a descrición do capitán Acab que máis abaixo copiamos do libro. Imaxinabádelo así? O próximo xoves comentaremos a vosa visión.



"Como o buque levou áncoras o día de Nadal, tivemos durante un treito un tempo realmente polar (...) e foi unha daquelas mañás de transición, menos ameazadoras, pero sempre grises, cando, ao subir a cuberta para a segunda garda matinal, botei a vista cara ao coroamento de popa, e fun presa dun estremecemento de mal agoiro. A realidade superaba os temores: o capitán Acab estaba plantado no alcázar.
Non presentaba síntoma aparente de enfermidade corrente nin de convalecer de ningunha. Parecía un home ao que se acabase de retirar do suplicio da fogueira cando xa as lapas comezaban a prender nos seus membros, aínda que sen consumilos nin quitarlles a robusta firmeza. Toda a súa alta e ancha humanidade parecía feita de bronce macizo, fundido nun molde inalterable, como o Perseo de Cellini. De entre os seus cabelos grises asomaba unha cicatriz estreita como unha vara dun branco lívido que lle corría por un lado do rostro queimado e o pescozo, ata desaparecer entre a roupa. Semellaba a fenda perpendicular que deixa ás veces no alto tronco dunha gran árbore, levando a casca antes de afundirse no chan, pero deixándoa viva e vizosa, aínda que sinalada. Non sabería dicir se aquel sinal era de nacemento ou a cicatriz dalgunha ferida, pois, por algún acordo tácito, non se fixo en toda a travesía alusión ningunha a ela. Unha vez só afirmou Tashtego, o pai, indio ancián da Gay-Head, que formaba parte da tripulación, que ata despois dos corenta anos, non tiña Acab semellante sinal, e que non a recibira en ningunha liorta, senón loitando cos elementos do mar. (…)
O aspecto de Acab e aquel sinal lívido afectáronme tan profundamente que durante os primeiros instantes non me decatei de que parte do meu impoñente horror se debía a aquela bárbara pata branca en que se sostiña. Xa oíra eu que aquela perna de marfil improvisáraa en alta mar co óso brunido dunha mandíbula de cachalote.
Sorprendeume a singular postura que presentaba. A cada lado do alcázar do Pequod, e moi preto dos obenques de mesana, había tradeados na cuberta dous buracos dunha media polgada de profundidade.. Metía nun deles a pata de marfil e, agarrándose a un obenque, el capitán Acab sostíñase moi teso, mirando fixamente por enriba da proa oscilante do buque. Había na dirección fixa e imperturbable daquela mirada unha firmeza infinita, unha vontade resolta e inflexible. Non dicía palabra, nin os seus oficiais lle dicían nada, pero, nos seus pequenos xestos e expresións, denotaban estes a convicción inquieta, xa que non penosa, de atoparse baixo a mirada dun xefe preocupado. Non era só iso, senón que o enrabechado Acab alzábase ante eles cunha angustia, ao parecer eterna, no rostro; con toda a indicible e avasalladora maxestade dalgún tremendo infortunio."

luns, 2 de maio de 2011

Ilustración de Queequeg (Moby Dick)

Esta é a ilustración que fixo Manuel A. Marín de Queequeg, un dos arpoeiros do Pequod.

No libro este personaxe aparece descrito así: "¡Vaia unha cara! De cor escura, entre amarelada e púrpura, e toda chea de grandes cadrados mouros. (…) Quitou entón o chapeu, de castor novo, e por pouco escapáseme un berro de sorpresa. Non tiña pelo na cabeza… ningún, polo menos digno de mención… agás unha pequena guedella retorcida sobre a fronte. Aquela cabeza calva e purpúrea parecía unha caveira balorenta."




"Aínda que algunhas baleas se moveron violentamente, a totalidade do rabaño non avanzaba nin retrocedía, quedando agrupado no mesmo sitio. Como en tales casos sucede, as baleeiras separáronse no acto dirixíndose cada unha a algunha balea solitaria nas aforas do banco. Ao cabo de tres minutos xa saíra polo aire o arpón de Queequeg. O animal alcanzado salpicounos o rostro con cegadora escuma e, remolcándonos coa velocidade da luz, lanzouse cara ao centro do rabaño. Aínda que tal actitude por parte dunha balea ferida non é desacostumada, e case sempre se intúa, non por iso deixa de constituír unha das máis perigosas vicisitudes das pesquerías, pois a medida que o veloz monstro se introduce no frenético rabaño, desaparece a vida tranquila, para non existir senón angustias delirantes.
Mentres, cego e xordo, o cachalote lanzábase cara a adiante, como se quixese librarse a forza de velocidade da férrea samesuga que se lle pegara, e en tanto trazabamos nós un suco profundo e branco na auga, ameazados por todas partes polos frenéticos animais que corrían dun lado para outro ao noso redor, a nosa baleeira acurralada era como un buque circundado de icebergs nunha tempestade.
Sen amedrentarse o máis mínimo, Queequeg gobernaba o bote virilmente, ora apartándose dun monstro que nos pechaba o paso por diante, ora sorteando algún outro que nos ameazaba por arriba, coa súa enorme cola, en tanto que Starbuck se mantiña plantado a proa, lanza na man, aguilloando e apartando as baleas que podía alcanzar con lanzadas curtas, xa que non había tempo para dálas longas. Tampouco os nosos remeiros estaban totalmente ociosos, aínda que se prescindise da súa tarefa habitual. Corría ao seu cargo a parte dos berros. “¡Quítate do medio, comodoro!”, gritáballe un a un gran dromedario que xurdía de pronto na superficie, ameazando somerxernos. “¡A ver se baixas a cola, ti!”, bradáballe outro a un segundo animal que parecía abanicarse continuamente coa cola xunto á nosa borda."

mércores, 27 de abril de 2011

Vídeo sobre a caza de Moby Dick

Biografía de Herman Melville


Herman Melville naceu en Nova York o 1 de agosto de 1819 e morreu na mesma cidade o 28 de setembro de 1891. Ademais de novela escribiu ensaio e poesía.
Foi unha das principais figuras da historia da literatura. Cando tiña dezanove anos descartou a posibilidade de ir á universidade, e realizou viaxes en barco que inspiraron as súas obras.
De volta a Estados Unidos traballou como profesor e no 1841 viaxou aos Mares del Sur a bordo do baleeiro Acushnet. Logo de 18 meses de travesía abandonou o barco nas Illas Marquesas e viviu un mes entre os caníbales. Escapou nun mercante australiano e desembarcou en Papeete (Tahití), onde pasou algún tempo en prisión, antes de regresar ao seu fogar en 1844.
Escribiu as súas primeiras novelas sobre a súa experiencia como mariño. As obras Mardi (1849), Omoo (1847), Taipi, un edén caníbal (1846) e Redburn (1849) tratan sobre a súa experiencia no mar; mentres que A chaqueta branca (1850) relata as súas experiencias no exército.
Pronto acadou gran popularidade coas súas primeiras novelas, abríndolle as portas da fama e do éxito económico, pero un incendio nos talleres do seu editor ocasionoulle un revés económico que o obrigou a traballar na aduana en Nova York.
Despois das súas múltiples viaxes, decidiu casar e estableceu a súa residencia en Massachusetts, onde cultivou a amizade co escritor Nathaniel Hawthorne, a quen lle dedicou a súa obra mestra, Moby Dick (1851).
O tema central de Moby Dick é o conflito entre o capitán Ahab, patrón do baleeiro Pequod, e a gran balea branca que arrancou a súa perna dereita á altura do xeonllo. Ahab, ávido de vinganza, lánzase con toda a súa tripulación á desesperada procura do seu inimigo. A obra sobrepasa en moito a aventura e convértese nunha alegoría sobre o mal incomprensible representado pola balea, un monstro das profundidades, que ataca e destrúe o que se pon no seu camiño, e tamén polo capitán Ahab, que representa a maldade absurda e obstinada, que sostén unha vinganza persoal e arrastra á morte inútil a moitos inocentes.
O seu libro Pierre ou as ambigüidades (1852) tivo pouco éxito, producindo un descenso das ventas de outras obras súas. Non obstante, Melville continuou o proceso de creación e decantación do seu estilo literario. Neste período publicou Israel Potter (1855); o libro de relatos Contos de Piazza (1856), no que se inclúen algúns dos mellores contos de Melville como Benito Cereno e Bartleby>, o escribinte; O home de confianza, «a novela máis infravalorada, descoñecida e posiblemente máis radical de todo o século XIX»; Timoleón; Os contos do mirador; John Marr e outros mariños e Billy Budd, mariñero (1891), obra que lle abriu de novo as portas do mercado e lle permitiu publicar outros escritos inéditos como Diario dunha visita a Europa, Mediterráneo oriental, A noiva da maceira, Diario dunha visita a Londres, Fin do continente, Diario de máis alá dos estreitos e Cartas.
A súa morte, o 28 de setembro de 1891, pasou virtualmente desapercibida. Foi enterrado nun cemiterio da parte norte do Bronx.
Como curiosidade cómpre dicir que o discjockey neoiorquino coñecido como Moby é bisneto deste autor; como homenaxe ao seu bisavó, alcumouse Moby en referencia á famosa balea.

Moby Dick


O próximo libro do club de lectura é Moby Dick de Herman Melville, publicada en 1851.
Narra a travesía do baleeiro Pequod na obsesiva e autodestrutiva persecución dunha gran balea branca (cachalote) impulsada polo capitán Ahab.

venres, 11 de marzo de 2011

Biografía de Salinger






O escritor estadounidense Jerome David Salinger naceu en Nova York –Manhattan- o 1 de xaneiro de 1919 e morreu en Cornish, Novo Hampshire, o 27 de xaneiro de 2010. Foi coñecido sobre todo pola súa novela O vixía no centeo (The Catcher in the Rye), un libro clásico da literatura moderna estadounidense desde o mesmo momento da súa publicación, en 1951.
J. D. Salinger era fillo de Sol Salinger, un comerciante xudeu de queixos, e de Marie Jillich, católica escocesa-irlandesa, quen se converteu ao xudaísmo ao casar. Foi un estudante pouco brillante, e durante a súa adolescencia xa se dedicou a escribir relatos. Viviu nun apartamento de Park Avenue, en Manhattan e cursou estudos na Academia Militar de Valley Forge, en Pensilvania.
En 1939 asistiu a un curso de narrativa curta na Universidade de Columbia e escribiu críticas de cine para a revista estudantil.
Comezou a súa traxectoria literaria escribindo relatos para revistas de Nova York: Story, Saturday Evening Post, Esquire e The New Yorker, na década de 1940; publicou ademais dous capítulos do que posteriormente sería O vixía no centeo antes de alistarse como voluntario para combater na Segunda Guerra Mundial.
Participou no desembarco de Normandía (1944) como soldado de infantería e durante os seus primeiros meses en Europa escribiu algúns contos; os horrores do combate deixáronlle unha traumática pegada, o que se percibe nalgúns dos seus relatos, especialmente en Un día perfecto para o peixe banana, sobre un ex soldado suicida, e tamén Para Esmé, con amor e sordidez.
En 1945, Salinger casou cunha médico francesa chamada Sylvia, da que se divorciou ao ano seguinte; en 1955 casou de noco con Claire Douglas, da que tamén se divorciou en 1967.
O vixía no centeo foi a súa primeira novela curta. Publicouse en 1951 e fíxose moi popular entre os críticos e os mozos. A historia está narrada en primeira persoa por Holden Caulfield, un adolescente rebelde e inadaptado. Esta novela soubo captar fielmente a adolescencia e as súas contradicións.
Posteriormente, Salinger publicou outras obras:
• as coleccións de relatos Nine Stories (Nove cuentos) en 1953;
Franny y Zooey, en 1961;
• en 1963 unha colección de novelas cortas Raise High the Roof Beam, Carpenters e Seymour: An introduction (Levantade, carpinteiros, a viga do tellado e Seymour: unha introdución), protagonizados pola disfuncional familia Glass.
Logo de ser recoñecido como un escritor famoso, Salinger converteuse nun eremita, apartándose do mundo exterior e protexendo ao máximo a súa privacidade. Trasladouse de Nova York a Cornish (New Hampshire), onde continuou escribindo historias que nunca publicou.
Como curiosidade: a película Descubrindo a Forrester, protagonizada por Sean Connery está baseada en Salinger. Ademais, foi moi importante a influencia exercida en escritores como Lemony Snicket e a súa Unha serie de catastróficas desdichas.
Salinger influíu sobre unha xeración enteira de escritores, entre os que se poden citar a John Updike, Harold Brodkey y Philip Roth.
En 2008 o cantante Axl Rose (Guns N' Roses) inspirouse en O vixía no centeo para darlle forma e nome a unha das cancións do álbum Chinese Democracy.

xoves, 3 de marzo de 2011

O vixía no centeo



O novo libro do club é O vixía no centeo de J. D. Sadlinger (publicado no 1951). O seu protagonista, Holden Caulfield, converteuse nunha icona da rebeldía adolescente. Este libro relata as experiencias de Holden na cidade de Nova York, despois de ser expulsado de Pencey Prep, a súa escola de secundaria. Foi un libro poémico e xa vos está gustando.

xoves, 24 de febreiro de 2011

Martín desmonta un clásico

Un dos membros do noso club, Martín, descubriu un erro de contido no argumento de As aventuras de Tom Sawyer; en concreto pregúntase Martín: se o indio morre de fame e mesmo come anacos de velas para sobrevivir, como é posible que Tom e Huck descubran no seu agocho o tesouro e... provisións!!! coas que podería sobrevivir sen problemas?
Os demais membros do club, prestaron atención a este detalle e confirmaron este erro.

Martín observou ademais que Tom e Huck atopan sen problemas a entrada á cova mentres que o indio non deu atopado a saída a pesar de vivir alí! Luís puntualiza que ao mellor acababa tan borracho que non daba atopado a saída.

martes, 22 de febreiro de 2011

Reunión

Ola membros do club!
Lémbrovos que este xoves 24 de febreiro temos a reunión final do libro As aventuras de Tom Sawyer. Aínda que xa sabemos como van as lecturas polas reunións previas, esperámosvos na biblioteca no segundo recreo.
Ata entón.

mércores, 2 de febreiro de 2011

Outro vídeo

Estoutro vídeo contén ilustracións e imaxes sobre Tom Sawyer.

Anaco da película "As aventuras de Tom Sawyer"

Este é un fragmento da película As aventuras de Tom Sawyer, está en inglés dobrada ao castelán. Pasádeo ben coas trasnadas deste rapaz e dos seus amigos.

mércores, 26 de xaneiro de 2011

Xoga con Tom Sawyer

Pasádeo ben xogando con Tom, Huck e compañía.



martes, 25 de xaneiro de 2011

Ilustracións




De novo o ilustrador Manuel A. Marín nos deixou a súa particular visión de Huckleberry Finn e da escena do cemiterio.

Biografía de Mark Twain



Samuel Langhorne Clemen, verdadeiro nome de Mark Twain, foi un escritor e humorista norteamericano. Naceu nunha aldea de Florida, en Misuri, á que emigraran seus pais para estar preto dun próspero tío seu, John, propietario dunha tenda, unha granxa e uns vinte escravos negros. Aos catro anos, trasladáronse á vila próxima de Hannibal (Misuri), porto fluvial no río Mississippi onde realizou os seus primeiros estudos. Hannibal serviu de inspiración para a vila ficticia de San Petersburgo en As aventuras de Tom Sawyer e As aventuras de Huckleberry Finn. Nesa época, Misuri era un estado escravista e o mozo Twain estaba familiarizado coa escravitude, tema que explorou máis tarde nos seus escritos.
En 1851 comeza a publicar algúns breves relatos de viaxes no Journal de Muscatine, que pertencía ao seu irmán maior Orion. Con este irmán, viaxa por Nova York, Filadelfia e outras cidades. Ao longo da súa vida traballou de mineiro de prata, impresor, buscador de ouro, de piloto dun barco de vapor e de xornalista comezando a firmar co pseudónimo Mark Twain, adoptado dunha expresión típica dos cantos de traballo dos negros nos barcos do río Mississippi, que significa «marca dúas brazas de profundidade», o calado mínimo necesario para a boa navegación.
En 1870 casou con Olivia Langdon, o gran amor da súa vida, a quen chamou Livy. Olivia era filla dun capitalista progresista que axudou a escapar a moitos escravos.
Twain escribiu libros de viaxes, como A tramp abroad (1880) sobre unha excursión aos Alpes e á Selva Negra alemá, e o clásico Vida no Mississippi (1883) (primeira novela escrita a máquina), que se centra na súa infancia e xuventude. As súas obras mestras son dous libros, en parte autobiográficos: As aventuras de Tom Sawyer (1876), As aventuras de Huckleberry Finn (1884), nos que conta unhas aventuras cheas de vida que se desenvolven nun pequeno poboado nas marxes do Mississippi.
A desgraza cebouse na súa familia. A súa filla maior, Susy, morreu de meninxite, Livy quedou inválida e outro fillo morreu por un descoido seu, como dolorosamente conta na súa Autobiografía. Debido aos apuros económicos, o escritor sumiuse no pesimismo e na misantropía.
Fixo unha esgotadora viaxe coa súa muller por Sudáfrica, Calcuta, Australia e Nova Zelanda dando conferencias, e quedaron a vivir en Nova York. A súa muller morreu en Florencia en 1904 e seis anos despois morreu subitamente a súa filla. Deste golpe apenas se recuperou e morreu catro meses despois, o 21 de abril de 1910, en Redding, Connecticut. Só sobreviviu unha das súas fillas. A súa chegada ao mundo coincidiu co paso do cometa Halley, e coñecendo a próxima visita do mesmo, Mark Twain profetizou a súa morte coincidindo coa súa aparición, equivocouse por un día. Foi recoñecido mundialmente durante os últimos anos da súa vida e recibiu, entre outros, o doutorado honoris causa pola Universidade de Oxford (Reino Unido), en 1907.
Entre outras as súas obras pódense citar:
A célebre ra saltadora do condado de Caveiras (1865)
Contos humorísticos orixinais de Mark Twain (1872)
A idade dourada (1872)
Relatos curtos (1874)
Unha excursión tranquila (1878)
Unha aventura curiosa (1881)
Príncipe e mendigo (1882), novela histórica.
O roubo do elefante branco (1882)
Un ianqui na corte do Rei Artur (1889.
Narracións humorísticas (1892)
O billete dun millón de libras esterlinas (1893)
Tom Sawyer a través do mundo (1894)
Tom Sawyer detective (1897)
Dous detectives ante un barril (1902)
Conto dun can (1904)

...e moitas máis.

venres, 14 de xaneiro de 2011

As aventuras de Tom Sawyer



O próximo libro que imos ler é As aventuras de Tom Sawyer de Mark Twain. Cremos que vos vai gustar pois é unha obra mestra da literatura universal. Cóntanos as aventuras da infancia de Tom Sawyer, un rapaz que medra no Sur dos Estados Unidos, en St. Petersburg, unha poboación da costa do río Misisipi inspirada en Hannibal (Missouri), onde medrou o autor.

Criado pola súa tía Polly, que o quere de corazón pero que o somete a unha disciplina desagradable. Un dos seus mellores amigos é Huckleberry Finn, de quen senten envexa os demais rapaces porque leva a forma de vida que eles quixesen levar. Xuntos vivirán aventuras humorísticas e dramáticas.