martes, 18 de outubro de 2011

Como van as lecturas?

Ola hortensianos:

Como están indo as lecturas? Xa podedes ir colgando as vosas impresións porque de seguro que xa lestes algún que outro cómic. Animádevos e poñede as vosas opinións! Vémonos o xoves!

1 comentario:

  1. ARRUGAS,de Paco Roca. Ed. Astiberri. Un comic que describe a cruda realidade de persoas moi maiores, ingresadas en residencias da terceira idade e afectadas por enfermidades dexenerativas propias da vellez. En "Arrugas" se expresa como a vida se lle vai das mans a persoas que no pasado tiveron unha vida activa e feliz. A linguaxe do comic está usada maxistralmente: o paso do tempo, os sentimentos que se expresan sen palabras, o proceso da enfermidade... Todo queda recollido dun xeito que fai pensar ao lector sobre esa etapa da vida e tamén sobre eses lugares que se fan chamar Residencias da Terceira Idade, pero que en realidade todos sabemos que son lugares onde se morre sen afecto e en soidade. Ana e Xaquín, pais de Martín Rodríguez

    ResponderEliminar