lunes 23 de enero de 2012

Reunión

Ola hortensianos:
Este xoves no 2º recreo convocámosvos a unha reunión no lugar de sempre: a biblioteca e ao pé da hortensia. Daremos instrucións para este 2º trimestre xa que imos cambiar as lecturas. Ata entón.

lunes 19 de diciembre de 2011

Bo Nadal



CANTIGA PRA RECIBIR O ANINOVO

¡Ai, qué Noiteboa chea de ledicia
si os galegos estuveran en Galicia!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, qué santo e bó sería o Nadal
si houbera no mundo menos mal!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, qué Aninovo cheo de craror
si houbera na terra mais amor!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, que leda e gozosa Epifanía
si todo amañecera limpo como o día!
¡E nós eiquí calados!
E si houbera xusticia, paz e ben,
¡cómo brilaría a estrela de Belén!
Os anos van pasados,
¡e nós eiquí calados!

Manuel María (ms.)
Monforte de Lemos, Nadal, 1964

miércoles 7 de diciembre de 2011

"La puerta entre dos mundos", Jorge García e Pedro Rodríguez


Esta cómic é precioso; tedes que lelo. Conta unha aventura de Xulio Verne sendo rapaz, hai intriga, algo de medo,... Pero quizais o que máis me chamou a atención foi a parte gráfica, e dentro dela os planos utilizados máis cós debuxos en si. A verdade é que aprecen planos sorprendentes: hai un picado desde o ceo; vese a parte superior das aves que voan (creo que son garzas) coa terra aló embaixo, como se sobrevoásemos o río en globo. Este plano serve para amosarnos a situación do barco no que van os protagonistas da historia, Verne, Paul e Caroline, rumbo á illa de Robinson Crusoe (ou máis ben "un montón de barro" segundo Caroline).
Outro plano destacable é un contrapicado que enfoca desde o chan ata unha ventá. Así vemos aos rapaces no exterior da casa e a través da ventá, situada nun plano superior, oímos aos pais que sabemos que están alí poa luz que sae e as voces do seu diálogo.
Noutro caso vemos só os pés dos rapaces, focalizando así a atención na fogueira que arde; na páxina 15 hai unha gran viñeta con outras tres pequenas inseridas nela que detallan o que está pasando. Na páxina 16 o plano vaise achegando cada vez máis aos ollos de Jules, ata enfocar o reflexo da súa meniña...
En definitiva, excelente xogo de planos, e un texto que nos reencontra cun grande da literatura universal.

Non deixedes de ler o texto que aparece ao final. É unha breve e simpática historia metaliteraria, que nos mostra como se documentaron os autores deste cómic; sería así?

jueves 1 de diciembre de 2011

Os personaxes do cómic

Neste powewr pont podedes ver como son tratados os personaxes no cómic, como se deseñan, se caracterizan, falan...

martes 29 de noviembre de 2011

Corto Maltés: "Las célticas"


Neste cómic hai catro pequenas historias de Corto Maltés. Este personaxe foi creado por Hugo Pratt no 1967 pero segue sendo totalmente actual. Hai moitos cómics nos que aparece este personaxe, mesmo ten a súa propia historia: é un aventureiro maltés que naceu a fins do século XIX, fillo dunha xitana xibraltareña e dun mariñeiro de Cornualles.
Neste libro, "As célticas", Corto Maltés aparece en catro situacións ambientadas na 1ª e 2º guerras mundiais. A 1ª historia ("Concierto en do menor para arpa y nitroglicerina") toca un tema hoxe controvertido: os inicios do IRA, salienta o xogo de planos, sobre todo cos primeirísimos primeiros planos que enfrontan a Corto Maltés e Sean Finnucan, sostendo as miradas nun momento clave e duro para o noso protagonista: a morte do seu amigo.
Na 2ª historia destaca o tema mitolóxico, presentado dunha maneira fermosísima. Os seres míticos de Gran Bretaña únense para evitar a invasión alemana na 2ª guerra mundial. Aparecen Oberon e Puck, a fada Morgada e Merlín. Estes elixen a Corto Maltés como o novo liberador, o novo rei Artur.
A 3ª historia ("Vinos de Borgoña y rosas de la Picardia") conta a caída do "Barón Rojo".
A 4ª ("En el tinglado de la antigua farsa") comeza cun espectáculo de marionetas que amosa a Merlín namorado da Dama do Lago. A partir de aí temos unha trama de intriga, con intento de asasinato, tropas americanas na 2ª guerra mundial, meigas, espías,... Tedes que lelo.
Recoméndovolo por o que conta e como o conta. Evidentemente hai que contextualizar a historia e ser críticos.

Os catro grandes de Agatha Christie


Este cómic trata dunha investigación. Hercules Poirot ten que atopar unha banda de criminais, coñecida como "Os catro grandes", que matou a un multimillonario cunha sopa envelenada. E, como non, Poirot resolve o crime.
Non acabei de entender o das viñetas en cor sepia, creo que aparecen cando o amigo de Poirot está escribindo o seu diario... Xa me explicaredes os que leades este cómic como entendestes isto.
A pesar do tema (investigación, crime...) o cómic a min pareceume algo aburrido.

Por Martin Rodríguez

Os Barbanzóns: "A cacharela"


Este cómic está ambientado na noite de San Xoán. Os Barbanzóns fan unha cacharela pero a subida da marea convértea nunha cacharela acuática. As ilustracións amosan uns personaxes infantilizados, pouco detallados, elementais,... pois non hai que esquecer a quen está destinado o cómic. En xeral gustouome moito e anímovos a lelo.

Por Luís Miguel Padín Insua