luns, 2 de marzo de 2020

O club de lectura queda a comer

O luns 17 de febreiro o club de lectura quedou a comer no centro. Como o día era estupendo comemos no noso marabilloso xardín. Por fin falamos das lectura con tranquilidade, sen as presas do timbre nin os ruídos do resto dos compañeiros.

Aproveitamos tamén para repartir as chapas identificativas do club: leoas famentas e león famentos, que nos dará preferencia na cafetería os días de reuión; xa non teremos que facer cola e chegar tarde.

venres, 28 de febreiro de 2020

Un mundo que agoniza de Miguel Delibes

3·º e 4ª van ler neste inicio do 2º trimestre o libro Un mundo que agoniza de Miguel Delibes.

Este libro resume o seu discurso de ingreso na Real Academia Española, e nel, envía unha mensaxe ao mundo a través dos seus personaxes de ficción: se o progreso moderno, o da técnica e o consumismo, equivale á destrución da natureza, eles renuncian a ese progreso. Así de sinxelo e contundente.
A través deste libro percibimos que aínda queda moito por facer a nivel medioambiental, que hoxe segue vixente moito do dito polo autor. Pasan os anos pero os problemas seguen aí. Estaremos a tempo de reverter a situación?

Ficha de lectura de Mael, máis alá da Fraga da Cornanda

Por fin, Mael vai participar na recolleita de cereixas como un adulto máis, e iso éncheo de fachenda. Porén, a sombra dunha traxedia inesperada vai empanar a súa alegría. A repentina e misteriosa enfermidade de seus pais, embarca o rapaz nunha viaxe que o levará moi lonxe do seu fogar e da que só un Afouto pode saír con ben.

Mael, máis alá da fraga da cornanda, uxía meirama

Ilustrado por Miguelanxo Prado
IN COGNITA

NARRADOR: ……………………….....................……....................................……..........................
PERSONAXES:
·         PRINCIPAIS: ……….............................................................................……………........…
·         SECUNDARIOS: ……………………...............................................................................…
TEMPO:………................................................................................................……................………
ESPAZO:……………………..............................................................................................................

LE ANTES DE NADA A DEFINICIÓN DE AFOUTO:
AFOUTO, -A: persoa con disposición de espírito que actúa ou acomete calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades.

A RELACIÓN DESTE LIBRO CO MEDIO AMBIENTE:
NO LIBRO REFLÍCTESE UN XEITO de vida tradicional na aldea, nela a incidencia do home no medio ambiente é mínima: viven da recollida da cereixa por métodos manuais (soben por esqueiras ata o froito, bótano en cestos e un carro pasa a recoller a colleita). Como ves a pegada ecolóxica que deixan é mínima.
COMEZA O LIBRO COA DESCRICIÓN de Valdecereixas, cheo de árbores froiteiras. Propoñémosche un xogo; serás quen de dicir o nome das árbores que dan estes froitos?
Mazás:                                                                      Noces:
Peras:                                                                       Cereixas:
Pexegos:                                                                   Figos:
Ameixas:                                                                   Castañas:

O ESPAZO ESTÁ AMBIENTADO NUNHA FRAGA; pero sabes o que é? No Dicionario da Real Academia Galega  defínese como unha  "extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna".

A FRAGA É O NOSO BOSQUE AUTÓCTONO e, como vas poder ler no libro,  nel conviven carballos, bidos, fentos, fiúnchos, xestas, brións, liques, hedras, freixos, uces. É cualificada como "frondosa, chea de cantos de paxaros, con mesta vexetación, árbores inmensas e pendías". Está habitada por paxaros, grilos, ras, abellas, moscas, saltóns, xílgaros, rulas, pombos, cabaliños do demo, vagalumes, pintafontes,...
Resultado de imagen de carballos fraga                       Imagen relacionada
                             Carballos                                                              Bidos
Es quen de traer para futuras reunións un herbario con algunhas destas plantas?

VOLVEMOS AO TEMA DA PEGADA ECOLÓXICA: se te decatas, desprázanse andando ou en carro; comen queixo, pan... non usan plástico; non acumulan lixo que non sexa biodegradable. Para a súa viaxe Mael leva consigo pan, queixo, froita, unha cantimplora con auga e unha navalla. Se hoxe tiveses que facer unha viaxe semellante, ou simplemente unha andaina, que levarías ti na mochila?
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………
NA CASA DE SABELA hai unha gran gaiola con paxaros: paporrubios, petos, reiseñores, pardais, pegas e un merlo. Saberías dicir cal deles é cada un dos seguintes?
            Imagen relacionada       Resultado de imagen de ruiseñor
     .........................................         ..........................................         .............................................
      Resultado de imagen de mirlo        Imagen relacionada                 
      ........................................           ........................................           ............................................

DEIXÉMOSCHE IMAXES DE tres animais que axudan a Mael, Merlo e Sil a saír da fraga da Cornanda: cabaliños do demo, vagalumes e pintafontes. Serache moi doado identificalas nas imaxes, pero veremos se es tan hábil para atopar cadanseu sinónimo entre estes: lucecú, píntega e libeliña.
  Resultado de imagen de cabalo do demoImagen relacionada
...................................................   .................................................  ..................................................
...................................................   .................................................  ..................................................
FÍXATE COMO DESCRIBE OS PRADOS que hai á saída da fraga: "cheos de flores de todas as colores e tamaños", "milleiros de insectos diferentes chuchando nas flores", "outeiros verdes e vizosos de diferentes tamaños", "herba ben alta", "silvas e pedras que cercan o carreiro".

O CARREIRO QUE ATRAVESA O PRADO lévaos ata unha valgada (val pequeno ou tamén parte máis baixa do val, por onde corren as augas naturais da chuvia), descrita como unha "paisaxe rochosa salpicada de árbores e pequenos abertos cubertos de fresca herba, atravesada por un regato de augas cantareiras". No río hai ras, píntegas pintafontes e salamanquesas. E na fervenza, ademais de algas e liques, ras, sapos, tritóns e salamanquesas.
Busca unha imaxe daqueles termos que descoñezas e pégaas aquí.

No monte Carnot habitan esquíos, cervos e lontras. Se descoñeces algún, busca a súa imaxe en internet e pégaa a continuación.

FRONTE A TODA ESTA VIZOSIDADE, está o castelo do Xigante, rodeado de terra negra, sen vexetación, só restos de árbores queimadas, chan cincento, habitado por corvos e voitres e con rabaños de touros, castróns e xabarís. Entendes a antítese entre os dous espazos? Que representa a fraga e que o castelo?
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
Por que os únicos animais que por alí campan libres son os corvos e os voitres?
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………

FRASES OU COUSAS QUE ME CHAMARON A ATENCIÓN:
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………

O PERSONAXE QUE MÁIS ME GUSTOU FOI:
……………………………………………………………………….......................................…………
E GUSTOUME PORQUE …………………………………………………………………………....................…………………….…
……………………………………………………………………………………………………………......
O LIBRO EN XERAL GUSTOUME OU NON POR:
…………………………………………………………………………………………………………………
……………………..............................................................................….………………………………
………….....………………........................................................................................……………........
LENDO ESTE LIBRO APRENDÍN:
……………………..............................................................................................................................
................................………………………………………………………………………….………...……
………………………………….……………………………………………………………….............……

CAMBIARÍA DO LIBRO:

................................………………………………...………………………………………….………...…

A MIÑA PORTADA PERFECTA DESTE LIBRO É A SEGUINTE:

Mael, máis alá da Fraga da Cornanda

O novo título para o alumnado de 1º e 2º é Mael, máis alá da Fraga da Cornanda de Uxía Meirama, con ilustracións de Miguelanxo Prado.

A sombra dunha traxedia vai empañar a ledicia de Mael de conseguir, por fin, participar como un adulto máis na recollida de cereixas. A repentina e misteriosa enfermidade que pon a seus pais ás portas da morte, embarca o neno nunha viaxe que o levará moi lonxe da súa terra, e na que coñecerá os máis fabulosos personaxes que un pode imaxinar. 
É unha novela caracterizada pola fantasía e a aventura, na que se exaltan valores como a amizade, a lealdade ou o amor pola natureza. 
Animais fantásticos, bruxas, augas milagreiras, ogros e xigantes desfilan por estas páxinas nunha constante sucesión de acontecementos marabillosos.
Miguelanxo Prado no labor de ilustrador converte este libro nunha obra irresistible.

domingo, 12 de xaneiro de 2020

Ficha de lectura de O futuro roubado de Ramón Caride

Resultado de imaxes para said e sheila dibujo miguelanxo prado

"-Si, o futuro, o voso futuro xa nos vos será roubado. Pero o noso, ulo?... O noso tempo, dentro de setenta e sete anos, ó que nunca poderemos volver."

O FUTURO ROUBADO, RAMÓN CARIDE
Ilustrado por Miguelanxo Prado

XERAIS

NARRADORES: ……………………….....................………….......................................................................................
PERSONAXES:
  • PRINCIPAIS: ……….............................................................................……………........…
  • SECUNDARIOS: ……………………...............................................................................…
TEMPO:………................................................................................................……................………
ESPAZO:……………………..............................................................................................................
A RELACIÓN DESTE LIBRO CO MEDIO AMBIENTE: 
OS PROBLEMAS PARA Said e Sheia empezan cun tremor de terra, dando lugar a unha nova aventura da parella de irmáns. No libro dísenos que é un terremoto de grao 4 ou 5 na escala Ritcher. Sabe o que significa esa escala? Procura información para a próxima reunión.
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………
Un pouco máis adiante, durante o terremoto, os dous rapaces observan como paxaros, esquíos e ata os raposos foron xunta eles no bosque a onde fuxiran. E de feito un deles comenta que "os animais cambian o seu comportamento ante os tremores de terra e mesmo hai que di que poden ata presentilos". Que opinas ao respecto?
…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………
CANDO SHEILA E SAID chegan, a través do tempo, á Costa da Morte atopan unha paisaxe chea de elementos contaminantes. Anota aquí que cousas son as que máis lles chaman a atención:
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………
Imaxe relacionada
POLA CONTRA ELES OS DOUS veñen dunha época nada contaminante; por exemplo, que enerxía utiliza o seu transportador para moverse?
…………………………………………………………………………………………………………………
SABES O QUE É UN aeroxerador? E un parque eólico? Que forza se utiliza para crear enerxía? 
…………………………………………………………………………………………………………………
A PARTIR DESTE MOMENTO as cousas van de mal en peor para o nosos ecosistema, motivado polos intereses económicos. De que feito Nordelecsa consegue que o xornal máis importante de Galicia non elabore noticias sobre a empresa? paréceseche xusto?
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………….…………………………………………………………………………………
NA AMAZONIA A SITUACIÓN é aínda peor. Que son as "queimadas", quen as fai e para que?
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………….…………………………………………………………………………………
Resultado de imaxes para plantacion soja amazonas
Plantación de soia na Amazonia
Hoxe en día a situación segue igual; oístes nos últimos meses falar dos incendios na Amazonia? Sabes que os provocou?, pois os intereses económicos que destrúen o bosque para plantar soia. Algo semellante pasou coa palma e o seu aceite. Fai como Said e Sheila  e investiga algo sobre o tema.
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………….…………………………………………………………………………………
A PARTIR DE AQUÍ aparecen unha serie de factores contaminantes que están acabando coa selva e os seus habitantes. Deixa constancia nas seguintes liñas dalgún deles:
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………
DESCUBRIMOS OUTRA COUSA: a electricidade tamén contamina. De que xeito o fai?
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………….…………………………………………………………………………………
………….………………………………………………………………….……….…………………………
O USO DAS PALABRAS pode ser moi enganoso xa que no libro reflíctese que "Bras-El é a primeira compañía mundial no volume de emprego de biomasa para a produción de electricidade". Que entendemos por biomasa? Que engano se agocha nestas palabras?
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………….…………………………………………………………………………………
……..……………………………………………………………………….……….………………………...
POR QUE CRES QUE OS xingú queren desaparecer coa selva? Que opinas da súa decisión?
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………….…………………………………………………………………………………

POR CERTO, SABES por que aparecen estes animais na historia? Un deles, ten nome; cal é?
      Resultado de imaxes para colibri         Imaxe relacionada
…………………………………………………………………………………………………………………
..…………………………………………………………………………….……….………………………...
CON ESTE LIBRO QUEREMOS que vos decatedes dos crimes ecolóxicos que se producen na nosa contorna, que sexades conscientes da pegada que deixamos cada un de nós no medio ambiente para facer que sexa a mínima posible e non roubar así o futuro aos nosos descendentes.

FRASES OU COUSAS QUE ME CHAMARON A ATENCIÓN:
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………

O PERSONAXE QUE MÁIS ME GUSTOU FOI: 
……………………………………………………………………….......................................…………
E GUSTOUME PORQUE …………………………………………………………………………....................…………………….…
……………………………………………………………………………………………………………......

O LIBRO EN XERAL GUSTOUME OU NON POR:
…………………………………………………………………………………………………………………
……………………..............................................................................….………………………………
………….....………………........................................................................................…………….......
LENDO ESTE LIBRO APRENDÍN:
…………………….............................................................................................................................
................................………………………………………………………………………….………...…