mércores, 12 de novembro de 2014

Un pequeno fragmento visual

Enid Blyton

Enid Mary Blyton naceu 11 de agosto de 1897 en East Dulwich,Londres, Inglaterra e morreu o 28 de novembro de 1968 en Londres. Foi unha prolífica escritora de literatura infantil de máis de 600 novelas. Estaba moi unida a seu pai, polo que lle afectou moito que abandonase a súa nai, para irse a vivir con outra muller. Adoraba o deporte e a literatura e desprezaba as matemáticas. Tocaba o piano, pero deixouno para formarse como profesora. Tras a Primeira Guerra Mundial, publicou o seu primeiro libro poético, Murmurios de neno. Casou con Hugh Alexander Pollock, un heroe de guerra que traballaba como editor o 28 de agosto de 1924.Tiveron dúas fillas: Gillian Mary e Imogen Mary. O matrimonio comezou a distanciarse, e Enid tivo breves romances. Ademais, debido á segunda guerra mundial, o seu marido reincorporouse ao exército, polo que apenas se vían. Cando foi ferido durante unhas manobras, Enid non o visitou. Logo de divorciarse casa cun cirurxián, Kenneth, e prohibiulle ao anterior home que tivese contacto coas fillas de ambos. Non anos seguintes Enid publicou as súas novelas máis célebres e, tras a morte do segundo marido, a saúde da escritora degradouse moi rapidamente; morreu no ano 1968. A súa filla menor, Imogen, publicou en 1989 una autobiografía sobre a súa infancia, onde describía a súa nai como unha persoa emocionalmente inmadura, sen embargo a súa filla maior Gillian, sempre a defendeu. En 2009 la BBC realizou unha película baseada na vida de Enid Blyton con Helena Bonham Carter como protagonista. A súa obra literaria, centrada no mundo preadolescente, caracterízase sobre todo polo recurso a pandas formadas por varios nenos que actúan polo xeral á marxe dos adultos do lugar, con frecuencia como detectives; tamén realizou series moi populares sobre centros educativos femininos en réxime de internado. Os seus libros tiveron gran éxito en moitos países, e foron traducidos a uns noventa idiomas. É o quinto autor máis popular do mundo, con máis de 3.300 traducións das súas obras e máis de 400 millóns de copias vendidas. Entre as súas creacións máis famosas están Noddy, un homiño de madeira que vive nunha diminuta casa no mundo imaxinario de Toyland, e a serie de 21 novelas de Os cinco famosos publicada entre 1942 y 1963, protagonizada polos irmáns adolescentes Julian, Dick e Anne; a súa curmá Georgina e o can desta, Tim, que fan de detectives en historias que combinan o misterio e a aventura.

martes, 21 de outubro de 2014

Primeira lectura

A primeira lectura que imos facer este curso 2014-15 é a colección de "Los cinco" de Enid Blyton. Temos varios títulos, así que este xoves pasade pola biblio a recoller o que vos guste e iniciar así a lectura, e con ela as actividades do club.

Xa estamos de volta!

Ola hortensianos! Xa estamos de volta e o club xa está funcionando. Parte de nós xa estivemos reunidos o xoves pasado; este volvemos a quedar para recoller os libros. Vémonos no segundo recreo ao pé da hortesia, na biblioteca. Deica.

xoves, 19 de xuño de 2014

Rain man

Este mércores os membros do club de lectura rematamos as actividades deste curso cun xantar na cafetería do centro e un pase de cine pola tarde. A película escollida foi Rain man, e serviu para ilustrar a lectura do último trimestre: O curioso incidente do can a medianoite. E, como o prometido é débeda, aquí vos quedan as fotos da comida e da sesión de cine. Na cafetería do centro preparados para xantar!:
Seis belezas facendo a dixestión e gozando da caloriña da tarde sentadas no xardín do centro!:
Pablo e Santiago entre confidencias!:
Os membros do club diante da hortensia que nos dá nome. Saca a foto Nazaret que non quere saír retratada!:
Momento do visionado da película na biblioteca:

mércores, 11 de xuño de 2014

Xantar e tarde de cine

Ola hortensianos: xa informamos esta mañá a moitos dos nosos membros sobre as actividades do mércores 18 de xuño. Para os que non puidestes asistir á reunión de hoxe, deixámosvos aquí o plan do día. O próximo mércores quedamos a comer no centro e pola tarde veremos unha película relacionada coa última lectura deste curso. Proximamente pasarémovos as autorizacións para asinar na casa. Deica!

luns, 19 de maio de 2014

Fotos da sesión de cine

Case esquecemos colgar as fotos que ilustran a sesión de cine coa que rematamos o 2º trimestre. Como non existe a película de Non hai noite tan longa, puxemos O lapis do carpinteiro. A que vos gustou?

xoves, 15 de maio de 2014

Entrevista a Mark Haddon no xornal El País.

O 8 de setembro do 2007, Mark Haddon foi entrevistado no xornal El País. Podedes ler a entrevista directamente no xornal a través deste enlace: http://elpais.com/diario/2007/09/08/babelia/1189208350_850215.html Clicades enriba e coñeceredes mellos o autor e a súa obra.

Enlaces de interese

Se vos interesa saber máis sobre o tema podedes acceder ás páxinas da Confederación Autismo España e da Federación Asperger España, a a través destes enlaces: http://www.autismo.org.es/ http://www.asperger.es/

xoves, 8 de maio de 2014

Pequeno resumo visual do libro

Biografia de Mark Haddon

Mark Haddon naceu en Northampton (Inglaterra) o 26 de setembro de 1962. Ademais de escritor é ilustrador, pintor e profesor. Escribiu numerosos libros para nenos e un poemario. A súa primeira novela, O curioso incidente do can a medianoite, saíu á luz en 2004 grazas a que traballou durante un tempo con persoas con deficiencias físicas e mentais; este feito axudoulle a retratar ao protagonista desta obra destinada ao lector adulto. Esta novela de misterio protagonizada por un adolescente autista, foi recibida con moi boas críticas e excelentes resultados comerciais. Con ela gañou os premios Whitbread e Commonwealth. Antes desta novela, xa escribira e ilustrara contos para nenos, como a serie dedicado ao "Axente Z". Tamén participou na creación de guións para series e películas de TV. Estudou literatura inglesa no Merton College de Oxford finalizando os seus estudos na universidade de Edimburgo. Actualmente dá clases de literatura creativa na Universidade de Oxford e na fundación Arvon, e dedicase á pintura abstracta. Está casado con Sos Eltis, profesora de inglés. Ademais de ser o autor da novela que imos ler, O curioso incidente do can a medianoite, tamén o é de Un pequeño inconveniente (2006), libro que xira arredor dunha familia con diversos conflitos persoais. Publicou abondosos libros infantís: Gilbert's Gobstopper; Mikie Joy; Toni and the Tomato Soup; A Narrow Escape for Princess Sharon; Agent Z Meets the Masked Crusader (1993); Titch Johnson, Almost World Champion; Agent Z Goes Wild (1994); At Home; At Playgroup; In the Garden; On Holiday; The Real Porky Phillips; Agent Z and the Penguin from Mars; The Sea of Tranquility; Secret Agent Handbook; Agent Z and the Killer Bananas (2001); Ocean Star Express; The Ice Bear's Cave e Gridzbi Spudvetch!

Nova lectura

Ola lectoras e lectores: Despois da xuntanza de onte xa sabedes que o novo libro do club é O curioso incidente do can a medianoite de Mark Haddon. Xa sabedes que o hai en galego, castelán e tamén nos ebooks. Boa e proveitosa lectura!

martes, 6 de maio de 2014

Xuntanza

Ola hortensianos: lembrade que mañá no segundo recreo temos xuntanza na biblioteca para falarvos do seguinte libro de lectura. Esperámosvos ao pé da hortensia, coma sempre!

mércores, 26 de marzo de 2014

Próxima xuntanza

O próximo mércores 2 de abril xuntarémonos todos na biblioteca para dar por concluído este terceiro trimestre. Proporémosvos unha actividade final e falaremos das próximas lecturas. Xa sabedes, no 2º recreo vémonos ao pé da hortensia.

xoves, 27 de febreiro de 2014

Entrega do premio "Irmandade do libro" a Agustín Fernández Paz

Deixámosvos o vídeo da entrega do Premio "Irmandade do libro" á obra Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz.

mércores, 26 de febreiro de 2014

Biografía de Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz naceu no ano 1947en Vilalba (Lugo). Perito Industrial Mecánico, Mestre de Ensino Primario e Licenciado en Ciencias da Educación, traballou como mestre de EXB (a actual Educación Primaria) en diferentes centros e como profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2, de Vigo ata a súa prexubilación no 2008, ano en que gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabitete Julio Ferrera de Estudos para a Reforma Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, formando parte do equipo de Lingua que preparou os Deseños Curriculares para as etapas de Primaria e Secundaria. De 1990 a 1995, traballou como Coordinador Docente do Galego. Codirixe a Colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil. Preocupado pola renovación pedagóxica, foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos como as series Nobelos de Papel (para o ensino globalizado en galego no Ciclo Inicial), ¡Ámote, mundo! (para a Área de Experiencias), Canles, Labia e O noso galego / Lingua Galega para diferentes niveis escolares. Así mesmo é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas, publicados en xornais e revistas (As Roladas, Cuadernos de Pedagogía, Revista Galega de Educación, CLIJ, Signos, Textos, e Revista Galega do Ensino, na que se encargou durante varios anos da sección sobre a literatura infantil-xuvenil O pracer de ler). Polo conxunto dos seus escritos sobre cómics concedéuselle, en 1992, o "Premio Ourense de Banda Deseñada". A súa obra, merecente de abundantes premios e recoñecementos (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove, Lista de Honra do IBBY, etc.), e amplamente traducida a diversas linguas, constitúe un referente incuestionable da literatura infantil-xuvenil galega. Algúns dos seus libros máis coñecidos son: • A cidade dos desexos, 1989 (novela infantil) • As flores radiactivas, 1990 (novela xuvenil) • Contos por palabras, 1991 (narrativa xuvenil). Premio Lazarillo. Seleccionada pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez como unha das cen mellores obras da literatura infantil española do século XX. • Cartas de inverno, 1995 (novela xuvenil) • Amor dos quince anos, Marilyn, 1995 (novela xuvenil) • O centro do labirinto, 1997 (novela xuvenil) • Noite de voraces sombras, 2002 (novela xuvenil) • O meu nome é Skywalker Premio Barco de Vapor • Tres pasos polo misterio, 2004 • Aire negro, 2001 • Corredores de sombra, 2006 (Novela xuvenil) • O único que queda é o amor, 2007 Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil • Non hai noite tan longa , 2011

"Non hai noite tan longa" de Austín Fernández Paz

Este é o novo libro para estas primeiras semanas do ano. Sabemos que é un libro de adultos pero por iso vos imos dar máis tempo para lelo. Ánimo que é precioso e ten unha intriga moi emocionante.