mércores, 12 de novembro de 2014
Enid Blyton
Enid Mary Blyton naceu 11 de agosto de 1897 en East Dulwich,Londres, Inglaterra e morreu o 28 de novembro de 1968 en Londres. Foi unha prolífica escritora de literatura infantil de máis de 600 novelas.
Estaba moi unida a seu pai, polo que lle afectou moito que abandonase a súa nai, para irse a vivir con outra muller.
Adoraba o deporte e a literatura e desprezaba as matemáticas. Tocaba o piano, pero deixouno para formarse como profesora.
Tras a Primeira Guerra Mundial, publicou o seu primeiro libro poético, Murmurios de neno.
Casou con Hugh Alexander Pollock, un heroe de guerra que traballaba como editor o 28 de agosto de 1924.Tiveron dúas fillas: Gillian Mary e Imogen Mary.
O matrimonio comezou a distanciarse, e Enid tivo breves romances. Ademais, debido á segunda guerra mundial, o seu marido reincorporouse ao exército, polo que apenas se vían. Cando foi ferido durante unhas manobras, Enid non o visitou.
Logo de divorciarse casa cun cirurxián, Kenneth, e prohibiulle ao anterior home que tivese contacto coas fillas de ambos.
Non anos seguintes Enid publicou as súas novelas máis célebres e, tras a morte do segundo marido, a saúde da escritora degradouse moi rapidamente; morreu no ano 1968.
A súa filla menor, Imogen, publicou en 1989 una autobiografía sobre a súa infancia, onde describía a súa nai como unha persoa emocionalmente inmadura, sen embargo a súa filla maior Gillian, sempre a defendeu.
En 2009 la BBC realizou unha película baseada na vida de Enid Blyton con Helena Bonham Carter como protagonista.
A súa obra literaria, centrada no mundo preadolescente, caracterízase sobre todo polo recurso a pandas formadas por varios nenos que actúan polo xeral á marxe dos adultos do lugar, con frecuencia como detectives; tamén realizou series moi populares sobre centros educativos femininos en réxime de internado. Os seus libros tiveron gran éxito en moitos países, e foron traducidos a uns noventa idiomas. É o quinto autor máis popular do mundo, con máis de 3.300 traducións das súas obras e máis de 400 millóns de copias vendidas.
Entre as súas creacións máis famosas están Noddy, un homiño de madeira que vive nunha diminuta casa no mundo imaxinario de Toyland, e a serie de 21 novelas de Os cinco famosos publicada entre 1942 y 1963, protagonizada polos irmáns adolescentes Julian, Dick e Anne; a súa curmá Georgina e o can desta, Tim, que fan de detectives en historias que combinan o misterio e a aventura.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario