No acto de fin de curso tivemos en conta o club de lectura, e houbo agasallos para todas e todos. Iso si, as nosas tres coordinadoras tiveron premio dobre, pois tamén cadasúa hortensia, a flor que lle dá nome ao noso club! Grazas mozas!
mércores, 22 de xuño de 2022
xoves, 16 de xuño de 2022
Xornada de cine e pincho
Para ir rematando as actividades do club de lectura, hoxe tivemos unhas horas lúdicas: empezamos vendo a película Nothing Hill e despois tomamos un pincho no patio: zumo de laranxa natural, minipizzas e pastas. Fomos a envexa do resto do instituto!
xoves, 9 de xuño de 2022
Saída a mercar libros
As tres alunmas coordinadoras do club foron premiadas cunha saída a unha libraría de Sanxenxo na procura de novos títulos de cara ao vindeiro curso. Estaban emocionadas de poder mercar o que lles gustaba. Foi unha mañá produtiva, lúdica e de aprendizaxe. Na foto coa coordinadora do club de lectura, Ana Sueiro, profesora de Xeografía e Historia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)