luns, 29 de xaneiro de 2018

Máis ciencia!!!

Máis ciencia. Dragóns mutantes que nos axudarán a entender a ciencia e unha nena espelida que non acepta o futuro imposto!!! Teñen ou non teñen boa pinta as nosas novas lecturas?

O grupo de 1º e 2º da ESO vai ler Como explicar genética con un dragón mutante publicado pola editorial Big Van. Científicos sobre ruedas. Neste libro descubriredes as leis máis alucinantes e raras da xenética. Tamén vos propoñen experimentos low cost que podedes facer na casa. Veredes que hai científicos que están un pouco... como dicilo, pallá. E que os polos non son tan diferentes dos dragóns.
Sabiades que existen os mutantes? Que calquera célula sabe máis de ti ca teus pais? Que non só o máis brután descende dos monos? E que algo chamado xene fixo que herdes o queixo de teu avó (o guapo, claro)?

Os de 4º lerán A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly, publicado pola editorial Kalandraka en lingua galega. No ano 1899 Calpurnia vive en Texas, nunha casa de campo. Ten once anos e seis irmáns. Todos agardan que ela medre e sexa unha muller rexa, nai e ama de casa. Pero ela non está de acordo porque, alá fóra, nos prados e nos bosques, existe un mundo marabilloso. Ante esta situación ela pregúntase se cabe imaxinar unha situación peor? Chámose Calpurnia Virginia Tate, pero daquela todo o mundo lle chamaba Callie Vee."