mércores, 19 de outubro de 2016

El mesmo se presenta na páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega “Chámome Manuel Carlos Núñez Singala, aínda que en realidade todo o mundo me coñece polo meu inusual segundo apelido, Singala. Meu pai era galego, miña nai mallorquina e seica un antepasado materno proviña de Italia, lugar de orixe de apelido tan estraño. Algún día terei que investigar a súa procedencia máis aló das brumosas lendas familiares. Nacín en Lugo en 1963 aínda que só vivín nesa cidade os meus tres primeiros anos, despois meu pai foi traballar a Vilalba e alí transcorreu a miña infancia e adolescencia. A Terra Cha é a miña primeira patria. Sempre fun un gran afeccionado á lectura, pero a miña inclinación pola escrita quizais lla deba ós certames literarios do instituto de bacharelato vilalbés, que me decidiron a comezar a escribir. Nese centro estreei tamén as miñas primeiras e adolescentes obras de teatro, ata tres montaxes coas que un grupo de amigos e amigas temos pasado moi bos momentos aló contra final dos anos setenta. Despois vin estudar a Santiago a aquí me quedei. En Santiago coñecín á persoa que hoxe comparte comigo a súa vida e aquí naceron tamén os nosos fillos. Compostela é, pois, a miña segunda patria. Rematei filoloxía galega e traballei no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, desde hai xa bastantes anos, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixo o Servizo de Normalización Lingüística.” A súa obra abarca o teatro (O achado do castro ou a Comedia bífida), a narrativa (Menú de enganos, Instrucións para tomar café son algúns deles) e o ensaio (En galego, por que non?) Tamén participou obras colectivas, como: •Criterios lingüísticos: cincuenta cuestións rápidas para persoas impacientes. •Longa lingua •Sempre mar •Lingua e futuro Gañou o Premio Xiria de Creación Teatral no 1987, por O achado do castro.

"O inferno de ser albino en África"

"Camiños na auga"


Camiños na auga de Manuel Núñez Singala (editorial Galaxia) e o primeiro dos libros que imos ler este curso.

O protagonista da novela é un mozo chamado Szymo, un negro albino en África. 

Na novela,  situada na África poscolonial, cóntase a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática. Con el percorreremos parte do continente africano. Sufriremos con el as máis terribles penurias e inxustizas pero sorriremos, amaremos, saberemos o que é a verdadeira amizade e a necesidade de procurar unha vida mellor.

Szymo queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por casualidade e na que se acaba por recoñecer:


"Son un negro 
a miña pel é branca
e iso gústame
é a diferenza o que é bonito. 
Son un branco 
o meu sangue é negro
e iso encántame 
é a diferenza o que é bonito. 
Gustaríame 
que nos entendésemos no amor
que nos comprendésemos no amor e na paz. 
A vida será fermosa
cadaquén poderá ter o seu amor 
a vida será fermosa".

 ¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella a historia.

Ola hortensianos!!!!

Ola hortensianos!!! Xa estamos de volta e imos medrando, pois cada día aparecen novos membros. Será polas lecturas tan amenas que propoñemos? Os polas novas axendas tan chulas que vos damos? Os porque somos un grupo fantástico? Ao mellor é só porque vos gusta ler e compartir a lectura cos compañeiros.En fin, a nosa benvida para todas e todos.

domingo, 17 de xaneiro de 2016

África

Podedes seguir a viaxe dos protagonista a través deste mapa de África


Robert Klement

Naceu no ano 1949 en St. Pölten (Austria). É profesor de ensino secundario e escribe contos para xornais e revistas. DEsde o 1986 publicou uns 20 libros. Estivo encarcerado no ano 1989. É un home moi comprometido: denunciou as violacións dos dereitos humanos na antiga Checoslovaquia; tamén estivo cos nenos da rúa do Brasil ameazados polos escuadróns da morte; investigou como as mafias perseguían o leopardo das neves no Himalaia...
Procura que nas súas novelas observemos un anaco da realidade, pretendendo transmitirnos un pouco de conciencia sobre os feitos narrados, introducíndoos no mundo real.

Publicou moitos libros e recibiu varios premios.

70 millas hasta el paraíso

Este é o novo libro do club: 70 millas hasta el paraíso de Robert Klement.

Nel cóntasenos como Siad e a súa filla Sarah esperan en Túnez, xunto a outros refuxiados, a oportunidade de chegar ao paraíso: Europa. A viaxe a través do Meditarráneo é un auténtico pesadelo pero lograrán chegar, pero non ao paraíso, senón a outra Europa.

Despois de lelo veredes o afortunados que sodes!