Naceu no ano 1949 en St.
Pölten (Austria). É profesor de ensino secundario e escribe contos para xornais
e revistas. DEsde o 1986 publicou uns 20 libros. Estivo encarcerado no ano
1989. É un home moi comprometido: denunciou as violacións dos dereitos humanos na
antiga Checoslovaquia; tamén estivo cos nenos da rúa do Brasil ameazados polos
escuadróns da morte; investigou como as mafias perseguían o leopardo das neves
no Himalaia...
Procura que nas súas
novelas observemos un anaco da realidade, pretendendo transmitirnos un pouco de
conciencia sobre os feitos narrados, introducíndoos no mundo real.
Publicou moitos libros e
recibiu varios premios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario