venres, 28 de outubro de 2011

Pafman



É un cómic moi divertido, porque moitas veces estouran moitas cousas, hai explosións, mísiles,... e aínda así as personaxes seguen vivindo; ésa é a maxia do cómic. Ademais hai moitos chistes bos.

Este cómic cóntanos como Pafman volve. Aparece conxelado no polo e un malvado crea tres monstros que crean o caos e quere que lle paguen moitos cartos. Logo Pafman derrota aos tres malvados e vai á illa do malvado e.... (non vos vou contar o final).
Os debuxos están moi ben feitos, con moita cor...

Recoméndovos esta lectura porque é moi divertida e entretida. Ademais este é o 1º cómic de toda unha serie, así que podemos seguir lendo a Pafman máis alá deste cómic.

Por Iván Gondar Dopazo

xoves, 27 de outubro de 2011

Mortadelo e Filemón. Viaxe pola historia

É curioso este cómic. Atópanse nunha especie de cumio da comunidade Económica Europea (xa pasou tempo) e están criticando aos países pequenos por asuntos extracomunitarios (líos de saias...), os EEUU queren levar a Mortadelo e Filemón para a CIA (pobre deles!). En xeral é unha pequena viaxe pola historia a través destes dous peculiares personaxes. Empeza na 1ª guerra mundial, pasa polos períodos de paz, chegamos á 2ª guerra mundial... pasando pola crise dos mísiles de Cuba... Unha forma lúdica e divertida de ver a historia do século XX.

Por Martín Carramal Meis

Os dentes do dragón

Está xenial, é de aventuras. A protagonista chámase Franca, ten moitos inimigos e un can que é moi gracioso. Os debuxos son preciosos. Anímovos a lelo. Xa me diredes.

Mortadelo y Filemón. Mundial 2010

É unha boa forma de ver o fútbol desde un punto de vista non profesional. Gustoume moito tanto polo contido como polos debuxos; as ilustracións xa chegan por si soas para saber de que vai o cómic. Tamén vos animo a lelo para divertirvos.

Por Luís Miguel Padín Insua

A maldición dos Velasco

É unha historia que engancha, anima a seguir lendo o cómic para ver que vai pasar. As ilustracións están moi ben. Anímovos a todos a lelo e xa me diredes se engancha ou non.

Por Ángela Otero Castro (2º B)

xoves, 20 de outubro de 2011

Asterix y la gran zanja

É un cómic moi entretido para os que lles gustan as aventuras. Ten partes graciosas. A parte dos debuxos e a cor pareceume preciosa. Anímovos a todos a ler este libro porque é moi gracioso.

Por Sandra García

"Nana 1" de Ai Yazawa

Acabo de ler este cómic é realmente non me gustou porque a historia mestura dúas persoas co mesmo nome pero distintas vidas, o que resulta algo confuso para o lector. Pola contra, o debuxo está moi ben. É dicir, gustorume a súa forma pero non o seu contido.

Por Esteban Vidal Torres

martes, 18 de outubro de 2011

Como van as lecturas?

Ola hortensianos:

Como están indo as lecturas? Xa podedes ir colgando as vosas impresións porque de seguro que xa lestes algún que outro cómic. Animádevos e poñede as vosas opinións! Vémonos o xoves!

venres, 14 de outubro de 2011

A 1ª reunión

























Colgamos as fotos da 1ª reunión deste curso dos membros do club de lectura "Ao pé da hortensia" . Como podedes ver somos bastantes, máis do que pensabamos. Hai alumnos e alumnas, profes e pais (por fin).


xoves, 13 de outubro de 2011

Benvida

Ola a todas e todos. Xa estamos aquí un curso máis. Como xa sabedes, este curso variamos as lecturas e a súa temporalización, pois centrarémonos cada trimestre nun xénero literario. Comezamos co cómic, seguremos co teatro e remataremos coa poesía. Temos moitas cousas en mente e intentaremos sacalas adiante coa vosa colaboración (e sempre que teñamos cartos para certas actividades, como o taller de cómic).
Este curso estamos felices pois apuntouse máis alumnado ca nunca e mesmo hai dous pais (aos que recibimos cos brazoz abertos) formando parte do noso club.
Xa sabedes que as reunións son os xoves no 2ª recreo, coma sempre na biblioteca. Aínda que este curso tamén quedaremos a comer no centro para traballar certos aspectos. Destas reunións extrordinarias xa vos avisaremos con tempo.
Benvidos e... a ler!