mércores, 20 de febreiro de 2013

Máis fábulas

Neste enlace que vos deixamos aquí podedes oír moitas máis fábulas, tamén en inglés. Animádevos a oílas nestoutro idioma e comprobade a vosa destreza lingüística.
http://albalearning.com/audiolibros/esopo/

A raposa e o can

Neste vídeo podedes escoitar a fábula "A raposa e o can".

O can con campaíña

Aquí podedes escoitar a lectura dunha das fábulas de Esopo: "O can con campaíña"

Biografía de Esopo

Pouco se pode dicir da biografía de Esopo, de feito hai distintas versións sobre o seu lugar de nacemento, a descrición da súa vida ou a época na que viviu (aínda que todos coinciden en que foi arredor do 600 a.C. Na época clásica a súa figura estivo rodeada de elementos lendarios e mesmo algún historiador chegou a dubidar da súa existencia. As súas fábulas utilizábanse como libros de texto nas escolas e Platón di que Sócrates sabía de memoria os seus apólogos. Foi asasinado en Delfos, tras unha acusación de roubo. A súa obra foi recompilada primeiro por Demetrio de Falero e despois por Fedro, Babrio, Jean de la Fontaine e Félix María Samaniego. As fábulas de Esopo pertencen á época arcaica, baséanse en relatos populares e algún considéranas unha sátira.
As fábulas de Esopo teñen a seguinte estrutura:
1º. Situación de partida: preséntase o conflito entre dúsa figuras xeralmente animais.
2º. Actuación dos personaxes: deciden libremente e por si mesmos entre as posibilidades da situación.
3º. Avaliación do comportamento elixido: éxito ou fracaso da elección, o que se evidencia no resultado final. Nas fábulas hai sempre unha ensinanza moral e nelas recóllense experiencias da vida cotiá.
Algunhas das fábulas máis coñecidas de Esopo son:
• A raposa e a cegoña
• O pastor mentireiro
• De gansos y grúas
• A aguia e o escaravello
• A aguia e la raposa
• O león e o rato
• O rato de campo e o rato de cidade
• O vello e a morte
• A cigarra e a formiga
• A lebre e a tartaruga
• A primavera e o inverno
• A raposa e as uvas

Nova lectura

Ola hortensianos: Este venres iniciaremos un novo libro; escollemos unha selección das fábulas de Esopo para ir lendo a modo. Son textos moi curtos, doados de ler e moi entretidos. Xa vos explicaremos na reunión como imos facer a lectura. Deica...