luns, 27 de decembro de 2021

La duda de Darwin

 Animados pola lectura de A evolución de Calpurnia Tate e a importancia que na obra se lle dá a Charles Darwin, vimos a película La duda de Darwin dirixida por Jon Amiel. 



Durante a proxección fixemos pausas para explicar algúns aspectos.


Ao final, e como agasallo de Nadal, repartimos unha bolsa de gominolas a todos os membros do club.





martes, 7 de decembro de 2021

Kahoot sobre Calpurnia

 As nosas marabillosas axudantas, Lara, Estrela e Rocío, animaron o club de lectura cun kahoot sobre o libro A evolución de Calpurnia Tate. Foi superdivertido e as profes tiveron as súas dúbidas!






venres, 29 de outubro de 2021

O club reúnese de novo para ler "A evolución de Calpurnia Tate"

 Ola. O Club de Lectura formouse un ano máis. Este curso será coordinado pola profesora de Xeografía e Historia, Ana Sueiro. Nesta reunión repartimos as chapas que poñen "Leóns famentos" e "Leoas famentas" que lles concede o privilexio de non esperar cola na cafetería os días que temos reunión do club de lectura.

Esta vez temos unha novidade: as tres alumnas de 3º que forman parte do club, van ser tamén as guías e orientadoras do alumnado de 1º e 2º. Elas propoñen lecturas e actividades. A 1ª lectura que propuxeron foi A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly.


Os membros do club lucindo chapas e libros.