luns, 19 de decembro de 2011

Bo Nadal



CANTIGA PRA RECIBIR O ANINOVO

¡Ai, qué Noiteboa chea de ledicia
si os galegos estuveran en Galicia!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, qué santo e bó sería o Nadal
si houbera no mundo menos mal!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, qué Aninovo cheo de craror
si houbera na terra mais amor!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, que leda e gozosa Epifanía
si todo amañecera limpo como o día!
¡E nós eiquí calados!
E si houbera xusticia, paz e ben,
¡cómo brilaría a estrela de Belén!
Os anos van pasados,
¡e nós eiquí calados!

Manuel María (ms.)
Monforte de Lemos, Nadal, 1964

mércores, 7 de decembro de 2011

"La puerta entre dos mundos", Jorge García e Pedro Rodríguez


Esta cómic é precioso; tedes que lelo. Conta unha aventura de Xulio Verne sendo rapaz, hai intriga, algo de medo,... Pero quizais o que máis me chamou a atención foi a parte gráfica, e dentro dela os planos utilizados máis cós debuxos en si. A verdade é que aprecen planos sorprendentes: hai un picado desde o ceo; vese a parte superior das aves que voan (creo que son garzas) coa terra aló embaixo, como se sobrevoásemos o río en globo. Este plano serve para amosarnos a situación do barco no que van os protagonistas da historia, Verne, Paul e Caroline, rumbo á illa de Robinson Crusoe (ou máis ben "un montón de barro" segundo Caroline).
Outro plano destacable é un contrapicado que enfoca desde o chan ata unha ventá. Así vemos aos rapaces no exterior da casa e a través da ventá, situada nun plano superior, oímos aos pais que sabemos que están alí poa luz que sae e as voces do seu diálogo.
Noutro caso vemos só os pés dos rapaces, focalizando así a atención na fogueira que arde; na páxina 15 hai unha gran viñeta con outras tres pequenas inseridas nela que detallan o que está pasando. Na páxina 16 o plano vaise achegando cada vez máis aos ollos de Jules, ata enfocar o reflexo da súa meniña...
En definitiva, excelente xogo de planos, e un texto que nos reencontra cun grande da literatura universal.

Non deixedes de ler o texto que aparece ao final. É unha breve e simpática historia metaliteraria, que nos mostra como se documentaron os autores deste cómic; sería así?

xoves, 1 de decembro de 2011

Os personaxes do cómic

Neste powewr pont podedes ver como son tratados os personaxes no cómic, como se deseñan, se caracterizan, falan...