xoves, 16 de novembro de 2017

Tipos de plano na banda deseñada

Se clicades neste ENLACE podedes ver un power point onde se vos explica os distintos tipos de planos que podemos atopar en banda deseñada.

mércores, 15 de novembro de 2017

Banda deseñada


A segunda lectura do ano vai ser banda deseñada. Nesta ocasión escollemos unha variedade de cómics de ciencia ficción nos que os superheroes e superheroínas (Wonder Woman, Spiderman, Batman, A Muller Marabilla, Superman, Lobezno e Lobezna, Hulk e Hulka,...) teñen uns poderes que imos analizar. Son posibles algúns deles?; precísanse fenómenos extraordinarios para explicalos? Para axudarnos con todo isto cada hortensiana e hortensiano leva consigo o capítulo correspondente  do libro La ciencia de los superhéroes de Juan Scaliter que lles acudará a entender todo isto.




Artigos científicos

Este curso o noso club de lectura decantouse pola ciencia, así que as nosas lecturas irán encamiñadas a este tema. Para empezar propoñemos unha serie de artigos variados de corte científico e divulgativo sacados de diversos libros como No punto de mira e A que altura está o ceo? de Jorge Mira, 100 mitos de le ciencia de Daniel Closa i Autet, Las grandes preguntas de los niños y las sencillas respuestas de los grandes expertos de Gemma Elwin Harris ou Cuando la tierra tiembla editado polo Museo da Ciencia. De todos eles seleccionaremos unha serie de artigos adaptados á idade dos noso hortensianos, pois cómpre lembrar que hai moito alumnado de 1º da ESO pero tamén de 4ª.
Houbo artigos moi curiosos e que chamaron a nosa atensión como: por que o sangue é vermello e non azul, por que están tan bos os pasteis, como o bilingüismo protexe a nosa saúde, que pesa máis: un quilo de ferro ou de palla?, os gatos caen sempre de pé? ou a que altura están os planetas. Estas entre outra moitas que debatemos nas reunións e ás que lle atopamos cadansúa explicación científica. Para axudarnos a entender todo isto contamos coa presenza de María a nosa profesora de Física e Química.