mércores, 15 de novembro de 2017

Artigos científicos

Este curso o noso club de lectura decantouse pola ciencia, así que as nosas lecturas irán encamiñadas a este tema. Para empezar propoñemos unha serie de artigos variados de corte científico e divulgativo sacados de diversos libros como No punto de mira e A que altura está o ceo? de Jorge Mira, 100 mitos de le ciencia de Daniel Closa i Autet, Las grandes preguntas de los niños y las sencillas respuestas de los grandes expertos de Gemma Elwin Harris ou Cuando la tierra tiembla editado polo Museo da Ciencia. De todos eles seleccionaremos unha serie de artigos adaptados á idade dos noso hortensianos, pois cómpre lembrar que hai moito alumnado de 1º da ESO pero tamén de 4ª.
Houbo artigos moi curiosos e que chamaron a nosa atensión como: por que o sangue é vermello e non azul, por que están tan bos os pasteis, como o bilingüismo protexe a nosa saúde, que pesa máis: un quilo de ferro ou de palla?, os gatos caen sempre de pé? ou a que altura están os planetas. Estas entre outra moitas que debatemos nas reunións e ás que lle atopamos cadansúa explicación científica. Para axudarnos a entender todo isto contamos coa presenza de María a nosa profesora de Física e Química.

Ningún comentario:

Publicar un comentario