Camiños na auga de Manuel Núñez Singala (editorial Galaxia) e o primeiro dos libros que imos ler este curso.
O protagonista da
novela é un mozo chamado Szymo, un negro albino en África.
Na novela, situada na África poscolonial, cóntase a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática. Con el percorreremos parte do continente africano. Sufriremos con el as máis terribles penurias e inxustizas pero sorriremos, amaremos, saberemos o que é a verdadeira amizade e a necesidade de procurar unha vida mellor.
Szymo queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por casualidade e na que se acaba por recoñecer:
"Son un negro
a miña pel é branca
e iso gústame
é a diferenza o que
é bonito.
Son un branco
o meu sangue é negro
e iso encántame
é a
diferenza o que é bonito.
Gustaríame
que nos entendésemos no amor
que nos
comprendésemos no amor e na paz.
A vida será fermosa
cadaquén poderá ter o
seu amor
a vida será fermosa".
¿Todos somos diferentes ou todos somos
iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella a historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario