xoves, 8 de maio de 2014

Biografia de Mark Haddon

Mark Haddon naceu en Northampton (Inglaterra) o 26 de setembro de 1962. Ademais de escritor é ilustrador, pintor e profesor. Escribiu numerosos libros para nenos e un poemario. A súa primeira novela, O curioso incidente do can a medianoite, saíu á luz en 2004 grazas a que traballou durante un tempo con persoas con deficiencias físicas e mentais; este feito axudoulle a retratar ao protagonista desta obra destinada ao lector adulto. Esta novela de misterio protagonizada por un adolescente autista, foi recibida con moi boas críticas e excelentes resultados comerciais. Con ela gañou os premios Whitbread e Commonwealth. Antes desta novela, xa escribira e ilustrara contos para nenos, como a serie dedicado ao "Axente Z". Tamén participou na creación de guións para series e películas de TV. Estudou literatura inglesa no Merton College de Oxford finalizando os seus estudos na universidade de Edimburgo. Actualmente dá clases de literatura creativa na Universidade de Oxford e na fundación Arvon, e dedicase á pintura abstracta. Está casado con Sos Eltis, profesora de inglés. Ademais de ser o autor da novela que imos ler, O curioso incidente do can a medianoite, tamén o é de Un pequeño inconveniente (2006), libro que xira arredor dunha familia con diversos conflitos persoais. Publicou abondosos libros infantís: Gilbert's Gobstopper; Mikie Joy; Toni and the Tomato Soup; A Narrow Escape for Princess Sharon; Agent Z Meets the Masked Crusader (1993); Titch Johnson, Almost World Champion; Agent Z Goes Wild (1994); At Home; At Playgroup; In the Garden; On Holiday; The Real Porky Phillips; Agent Z and the Penguin from Mars; The Sea of Tranquility; Secret Agent Handbook; Agent Z and the Killer Bananas (2001); Ocean Star Express; The Ice Bear's Cave e Gridzbi Spudvetch!

Ningún comentario:

Publicar un comentario