3·º e 4ª van ler neste inicio do 2º trimestre o libro Un mundo que agoniza de Miguel Delibes.
Este libro resume o seu discurso de ingreso na Real Academia Española, e nel, envía unha mensaxe ao mundo a través dos seus personaxes de ficción: se o progreso moderno, o da técnica e o consumismo, equivale á destrución da natureza, eles renuncian a ese progreso. Así de sinxelo e contundente.
A través deste libro percibimos que aínda queda moito por facer a nivel medioambiental, que hoxe segue vixente moito do dito polo autor. Pasan os anos pero os problemas seguen aí. Estaremos a tempo de reverter a situación?
Ningún comentario:
Publicar un comentario