venres, 28 de febreiro de 2020

Mael, máis alá da Fraga da Cornanda

O novo título para o alumnado de 1º e 2º é Mael, máis alá da Fraga da Cornanda de Uxía Meirama, con ilustracións de Miguelanxo Prado.


A sombra dunha traxedia vai empañar a ledicia de Mael de conseguir, por fin, participar como un adulto máis na recollida de cereixas. A repentina e misteriosa enfermidade que pon a seus pais ás portas da morte, embarca o neno nunha viaxe que o levará moi lonxe da súa terra, e na que coñecerá os máis fabulosos personaxes que un pode imaxinar. 
É unha novela caracterizada pola fantasía e a aventura, na que se exaltan valores como a amizade, a lealdade ou o amor pola natureza. 
Animais fantásticos, bruxas, augas milagreiras, ogros e xigantes desfilan por estas páxinas nunha constante sucesión de acontecementos marabillosos.
Miguelanxo Prado no labor de ilustrador converte este libro nunha obra irresistible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario