Por fin, Mael vai participar na recolleita de cereixas como un adulto
máis, e iso éncheo de fachenda. Porén, a sombra dunha traxedia inesperada vai
empanar a súa alegría. A repentina e misteriosa enfermidade de seus pais,
embarca o rapaz nunha viaxe que o levará moi lonxe do seu fogar e da que só
un Afouto pode saír con ben.
Mael, máis alá da fraga da cornanda, uxía meirama
Ilustrado por Miguelanxo Prado
IN COGNITA
NARRADOR:
……………………….....................……....................................……..........................
PERSONAXES:
·
PRINCIPAIS:
……….............................................................................……………........…
·
SECUNDARIOS:
……………………...............................................................................…
TEMPO:………................................................................................................……................………
ESPAZO:……………………..............................................................................................................
LE ANTES DE NADA A DEFINICIÓN DE AFOUTO:
AFOUTO, -A: persoa
con disposición de espírito que actúa ou acomete calquera empresa sen temor
aos perigos ou dificultades.
A RELACIÓN DESTE LIBRO CO MEDIO AMBIENTE:
NO LIBRO REFLÍCTESE UN
XEITO de vida tradicional na aldea, nela a incidencia do home no medio
ambiente é mínima: viven da recollida da cereixa por métodos manuais (soben
por esqueiras ata o froito, bótano en cestos e un carro pasa a recoller a
colleita). Como ves a pegada ecolóxica que deixan é mínima.
COMEZA O LIBRO COA
DESCRICIÓN de Valdecereixas, cheo de árbores froiteiras. Propoñémosche un
xogo; serás quen de dicir o nome das árbores que dan estes froitos?
Mazás:
Noces:
Peras: Cereixas:
Pexegos: Figos:
Ameixas: Castañas:
O ESPAZO ESTÁ
AMBIENTADO NUNHA FRAGA; pero sabes o que é? No Dicionario da Real Academia
Galega defínese como unha "extensión de monte, polo
xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias,
de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de
fauna".
A FRAGA É O NOSO BOSQUE AUTÓCTONO e,
como vas poder ler no libro, nel
conviven carballos, bidos, fentos, fiúnchos, xestas, brións, liques, hedras,
freixos, uces. É cualificada como "frondosa,
chea de cantos de paxaros, con mesta vexetación, árbores inmensas e pendías".
Está habitada por paxaros, grilos, ras, abellas, moscas, saltóns, xílgaros,
rulas, pombos, cabaliños do demo, vagalumes, pintafontes,...
Carballos
Bidos
Es
quen de traer para futuras reunións un herbario con algunhas destas plantas?
VOLVEMOS
AO TEMA DA PEGADA ECOLÓXICA: se te decatas, desprázanse andando ou en carro;
comen queixo, pan... non usan plástico; non acumulan lixo que non sexa
biodegradable. Para a súa viaxe Mael leva consigo pan, queixo, froita, unha
cantimplora con auga e unha navalla. Se hoxe tiveses que facer unha viaxe semellante,
ou simplemente unha andaina, que levarías ti na mochila?
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………
NA
CASA DE SABELA hai unha gran gaiola con paxaros: paporrubios, petos,
reiseñores, pardais, pegas e un merlo. Saberías dicir cal deles é cada un dos
seguintes?
.........................................
.......................................... .............................................
........................................ ........................................ ............................................
DEIXÉMOSCHE
IMAXES DE tres animais que axudan a Mael, Merlo e Sil a saír da fraga da
Cornanda: cabaliños do demo, vagalumes
e pintafontes. Serache moi doado
identificalas nas imaxes, pero veremos se es tan hábil para atopar cadanseu
sinónimo entre estes: lucecú, píntega
e libeliña.
...................................................
.................................................
..................................................
................................................... .................................................
..................................................
FÍXATE
COMO DESCRIBE OS PRADOS que hai á saída da fraga: "cheos de flores de todas as colores e tamaños", "milleiros de insectos diferentes chuchando
nas flores", "outeiros
verdes e vizosos de diferentes tamaños", "herba ben alta", "silvas
e pedras que cercan o carreiro".
O
CARREIRO QUE ATRAVESA O PRADO lévaos ata unha valgada (val pequeno ou tamén
parte máis baixa do val, por onde corren as augas naturais da chuvia),
descrita como unha "paisaxe
rochosa salpicada de árbores e pequenos abertos cubertos de fresca herba,
atravesada por un regato de augas cantareiras". No río hai ras,
píntegas pintafontes e salamanquesas. E na fervenza, ademais de algas e
liques, ras, sapos, tritóns e salamanquesas.
Busca
unha imaxe daqueles termos que descoñezas e pégaas aquí.
No
monte Carnot habitan esquíos, cervos e lontras. Se descoñeces algún, busca a
súa imaxe en internet e pégaa a continuación.
FRONTE
A TODA ESTA VIZOSIDADE, está o castelo do Xigante, rodeado de terra negra,
sen vexetación, só restos de árbores queimadas, chan cincento, habitado por
corvos e voitres e con rabaños de touros, castróns e xabarís. Entendes a
antítese entre os dous espazos? Que representa a fraga e que o castelo?
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
Por
que os únicos animais que por alí campan libres son os corvos e os voitres?
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
FRASES
OU COUSAS QUE ME CHAMARON A ATENCIÓN:
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………
O
PERSONAXE QUE MÁIS ME GUSTOU FOI:
……………………………………………………………………….......................................…………
E
GUSTOUME PORQUE …………………………………………………………………………....................…………………….…
……………………………………………………………………………………………………………......
O
LIBRO EN XERAL GUSTOUME OU NON POR:
…………………………………………………………………………………………………………………
……………………..............................................................................….………………………………
………….....………………........................................................................................……………........
LENDO
ESTE LIBRO APRENDÍN:
……………………..............................................................................................................................
................................………………………………………………………………………….………...……
………………………………….……………………………………………………………….............……
CAMBIARÍA
DO LIBRO:
……………………..............................................................................................................................
................................………………………………………………………………………….………...……
………………………………….……………………………………………………………….............……
................................………………………………...………………………………………….………...…
A
MIÑA PORTADA PERFECTA DESTE LIBRO É A SEGUINTE:
|
venres, 28 de febreiro de 2020
Ficha de lectura de Mael, máis alá da Fraga da Cornanda
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario