martes, 29 de novembro de 2011

Corto Maltés: "Las célticas"


Neste cómic hai catro pequenas historias de Corto Maltés. Este personaxe foi creado por Hugo Pratt no 1967 pero segue sendo totalmente actual. Hai moitos cómics nos que aparece este personaxe, mesmo ten a súa propia historia: é un aventureiro maltés que naceu a fins do século XIX, fillo dunha xitana xibraltareña e dun mariñeiro de Cornualles.
Neste libro, "As célticas", Corto Maltés aparece en catro situacións ambientadas na 1ª e 2º guerras mundiais. A 1ª historia ("Concierto en do menor para arpa y nitroglicerina") toca un tema hoxe controvertido: os inicios do IRA, salienta o xogo de planos, sobre todo cos primeirísimos primeiros planos que enfrontan a Corto Maltés e Sean Finnucan, sostendo as miradas nun momento clave e duro para o noso protagonista: a morte do seu amigo.
Na 2ª historia destaca o tema mitolóxico, presentado dunha maneira fermosísima. Os seres míticos de Gran Bretaña únense para evitar a invasión alemana na 2ª guerra mundial. Aparecen Oberon e Puck, a fada Morgada e Merlín. Estes elixen a Corto Maltés como o novo liberador, o novo rei Artur.
A 3ª historia ("Vinos de Borgoña y rosas de la Picardia") conta a caída do "Barón Rojo".
A 4ª ("En el tinglado de la antigua farsa") comeza cun espectáculo de marionetas que amosa a Merlín namorado da Dama do Lago. A partir de aí temos unha trama de intriga, con intento de asasinato, tropas americanas na 2ª guerra mundial, meigas, espías,... Tedes que lelo.
Recoméndovolo por o que conta e como o conta. Evidentemente hai que contextualizar a historia e ser críticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario