venres, 26 de outubro de 2018

Veleno tinto

Estas son as actividades da axenda para este libro:

C:\Users\mariacruz\Desktop\BD-TAM_1 034.jpg


"Que estraño destino o arrastraba  a situacións
tan lonxe da súa condición de frade?
Meu Deus, como botaba de menos a cociña do mosteiro"
Veleno tinto, Ramón Carredano Cobas.
Editorial Xerais, colección Fóra de Xogo




NARRADOR:
PERSONAXES:
  • Principal:
  • Secundarios:
  • O asasino:
TEMPO:
ESPAZO:
A RELACIÓN DESTA NOVELA COA COMIDA:
1. ANTES DE QUE CONTINÚES LENDO, Frei Samuel namorisca de Petra
e a ela dedícalle uns piropos moi cariñosos, entre eles moitos con referencias á comida;
vainos anotando e comentarémolos despois:
2. AGORA FÍXATE NA DESCRICIÓN OLFACTIVA que se fai da vila: "excrementos humanos
e animais, ácido do resto de froitas e verduras podres, especias das tendas, coiros dos curtidores,
guisos das tabernas e das cociñas das casas veciñas. Cheiro cidadán, urbano, civilizado,
tan distinto ao do campo, agreste, rudo e bravío."
COMO PODES VER, a comida é unha parte importante do día a día e deixa o seu aroma,
recendente e fedorento nas rúas de Noia. Consideras, como di o narrador, que ese cheiro é urbano, civilizado?
Olen hoxe así as nosas vilas?

3. OS MENÚS DO CASTELO:
O menú que serven no castelo o día que chega Frei Samuel é o seguinte: lamprea, xabaril con castañas e lebre
con mazás, regado con viño godello.
Cando chega o bispo Berenguel de Landoire agasállano con estoutro menú: raia en caldeirada, ollomol guisado,
poliños asados, garzas das xunqueiras do Tambre e patos das marismas de Obre.
  • Antes de nada, investiga onde nace e desemboca o Tambre.
  • Obre é un lugar do concello de Noia, pero sabes o que son as marismas. Investígao e falamos na próxima xuntanza!
Todos son produtos da nosa terra, coñécelos? E probáchelos?
LE ESTE FRAGMENTO sobre a comida que se ofrece no banquete do rei Enrique IV de Inglaterra no ano 1399,
sacado do libro ¿Qué sabemos sobre la Edad Media? de Sarah Howarth (que podedes atopar na nosa biblioteca na
sección de Ciencias Sociais):

"Cando Enrique IV de Inglaterra sentou á mesa  para comer o día da súa coroación, no menú figuraba toda clase
de caza: unha cabeza de xabaril cos seus cairos, cisne tenro, faisán, garza, veado, ganso, galo do monte, mazarico,
perdiz, paspallás, coello, paxariños, pavo real e garzota. Entre prato e prato de caza, os invitados degustaron unha
variedade de doces, como marmelo en xarope, crema e mazás asadas."
Os que se reúnen en Noia, comen algo semellante a isto?
Cres que esta é unha dieta equilibrada?
A xente rica desta época adoitaba padecer de gota. Procura información sobre a relación entre a dieta, con tantas
proteínas, que levaban e esta enfermidade.
Pero non todos comían así; no mesmo libro de antes dinos que "a xente pobre comía case sempre o mesmo: ovos,
pan, papas, repolo, touciño e cebolas. Ás veces faltaban os ovos e o touciño, de xeito que as comidas resultaban aínda
máis monótonas. Case todos os alimentos que se consumían nun fogar proviñan das súas hortas e dos seus animais.
(...) Nas comidas adoitábase beber unha cervexa negra de fabricación local ou viño, dependendo dos países. A dieta
era relativamente sa, con tal de que os campesiños puidesen conseguir alimento abondo. Había moi poucos doces,
que hoxe provocan caries e outras enfermidades. Durante a Idade Media adozábase con mel."

Aquí che deixamos unha receita da época; dálles unha alegría na casa e o sábado fai ti para xantar un caldiño de
verduras medieval. Primeiro le a receita, non sexa que o que deas sexa pena:

Caldo de verduras
                                  Toma todas as boas herbas que poidas conseguir (borraxe, estrugas, coles,...) e ponas
a cocer con bastante auga. Bota tamén na pota unha boa cantidade de manteiga de vaca
refinada. Cando estea todo ben cocido sazona o caldo e non poñas fariña de avea. Corta
pequenos dados de pan e ponos nos pratos. Bota enriba as verdura e sérveas.


4. A PARAFERNALIA DA COMIDA. Durante a comida coa que Rui Soga agasalla ao bispo Berenguel vemos "un grupo
de músicos, a quen ninguén prestaba moita atención, tocaba durante o banquete, mentres os cans da casa osmaban
por entre as mesas agardando que os comensais lles tirasen os ósos sobrantes da cea. Cando ao remate os criados
trouxeron as almofías, fixo a súa aparición don Crispín, vestido de cabaleiro disposto para a batalla."

Como podes ves a seguinte imaxe ilustra moi ben un momento semellante:
C:\Users\mariacruz\Desktop\786d0c9ab82291b11b99afd974e8f9c0.jpg

Pero, antes de continuar, aquí tes unha imaxe dunha almofía e dun bufón, que ben podería ser don Crispín:

Imaxe relacionada                    Resultado de imaxes para bufon edad media
Para que serviría a almofía?
A que se dedicará o bufón?

SABÍAS QUE nas enchentes dos nobres na Idade Media había que gardar unha serie de modais? Nas mesas
colocábanse bandexas acuguladas de comida, e os comensais servíanse enriba dunha gran rebanda de pan, que
compartían cada dous deles, e moi educadamente ofrecían un ao outro os mellores bocados.


5. UN ALIMENTO MOI IMPORTANTE NO LIBRO é o viño quente especiado, que temperaba o corpo nas noites de
inverno. Que especies cres ti que poderían botarlle ao viño?


FRASES OU COUSAS QUE ME CHAMARON A ATENCIÓN:
O PERSONAXE QUE MÁIS ME GUSTOU FOI:
E GUSTOUME PORQUE
O LIBRO EN XERAL GUSTOUME OU NON POR:
LENDO ESTE LIBRO APRENDÍN:
CAMBIARÍA DO LIBRO:

CAMBIARÍA O FINAL POR ESTOUTRO:

Ningún comentario:

Publicar un comentario