"Hoxe visitamos o mausoleo da célebre chef Escarlatina.
O seu restaurante, especializado en, ca cociña de autor, posúe tres Caveiras Defuntín,
a máxima distinción outorgada pola prestixiosa Guía Defuntín."
O seu restaurante, especializado en, ca cociña de autor, posúe tres Caveiras Defuntín,
a máxima distinción outorgada pola prestixiosa Guía Defuntín."
Os arquivos secretos de Escarlatina, Ledicia Costas
Editorial Xerais
NARRADORES:
PERSONAXES:
- PRINCIPAIS:
- SECUNDARIOS:
TEMPO:
ESPAZO:
A RELACIÓN DESTE LIBRO COA COMIDA:
Na páxina 44 aparece a CARTA do restaurante A Cousine de Escarlatina.
No apartado "Para empezar" hai varios pratos, a ver se es quen de dicir:
- A que se refire con "Táboa de ibéricos con sorpresa viscosa".
- "Ensalada de repolos pasados con lesmas da casa e crema de sapo levada a ebullición"; pero sabes o que é unha lesma?
- "Ostras podrecidas escabechadas con zumes gástricos de aves variadas". Busca como se fai o escabeche ou en que consiste:
Sabes a que parte do corpo se refire co adxectivo "gástrico"? Pensa en palabras como "gastronomía", "gastroenterite" ou "gastroscopia".
No apartado "Para continuar" hai estes xantares:
- "Steak Tartar elaborado con carnes de glúteos dos simios de cu vermello"; para empezar, que significa a palabra inglesa steak?
Que tipo de comida é un tartar?
De que lugar é orixinario o tartar?
- "Congro macerado en augas fecais acompañado con corais de vieira do ano pasado". Sabes que tipo de animal é un congro? Podes baixar unha imaxe de internet e pegala abaixo.
E que son os corais de vieira?
E as augas fecais, que tipo de augas son?
- "Cabeza de burro inxectada con sangue de lagarto arnal" Que fermoso é este lagarto; viches algunha vez un? Pega a continuación unha foto deste lagarto ou debúxao ti.
No apartado "Para rematar" temos:
- "Xeado de mexo e cítricos de árbores afectadas pola peste". Escribe a continuación o nome dalgúns cítricos:
Que tipo de alimentos son?
Se imos a un restaurante, que nome reciben estes alimentos da sección "Para rematar", que se serven ao final da comida?
FAI AQUÍ A ACTIVIDADE DA PÁXINA 50 DO APARTADO "A DESPENSA DE ESCARLATINA":
En que parte da despensa de Escarlatina están estes ingredientes que precisa para as súas receitas?
- Lesmas maceradas:
- Ollos birollos etiqueta negra:
- Ollos comúns:
- Cus de mandril:
- Cascudas caramelizadas:
- Moscas verdes en vinagre:
- Víboras á feira:
- Filloas de sangue:
- Sangue encebolado:
- Sanguinaccio dolce:
- Ás de morcego churruscadiñas:
- Pedros recheos de cagachas:
- Zurullos embutidos de bosta:
- Morcillas de lapa e figo:
- Patas de rata:
- Esferificación de miñocas:
- Dentes: arnelas, canteiros e chaveiros:
- Bile de porco celta:
- Pezuños de cabra:
- Riles en conserva:
- Cal das comidas anteriores poden comerse en realidade?
- Que facemos moi ben os galegos á feira, e non precisamente víboras?
- Que son as miñocas? Por que son boas para o solo?
FRASES OU COUSAS QUE ME CHAMARON A ATENCIÓN:
O PERSONAXE QUE MÁIS ME GUSTOU FOI:
E GUSTOUME PORQUE
O LIBRO EN XERAL GUSTOUME OU NON POR:
LENDO ESTE LIBRO APRENDÍN:
CAMBIARÍA DO LIBRO:
AO FINAL, QUE NOME LLE PUXECHES Á CRIATURA QUE ESCARLATINA CUSTODIA BAIXO CHAVE?
POR QUE CRES QUE A CUSTODIA BAIXO CHAVE? INVENTA ALGO SOBRE ESTE BECHO SINGULAR:
QUE SABOROSAS, PERO NOXENTAS Á VISTA, SON AS TRES RECEITAS DE ESCARLATINA. SERÁN TAN MARABILLOSAS COMO PARA CONCEDERLLE AS CAVEIRAS DEFUNTÍN ? NON SEI, CREO QUE ESTARÍA BEN PROBALAS E XULGAR POR NÓS MESMOS. ASÍ QUE..., CAL DAS RECEITAS VAS PREPARAR TI? CONVÉN PROBALAS TODAS, NON CRES?
A MIÑA PORTADA PERFECTA DESTE LIBRO É A SEGUINTE:
Ningún comentario:
Publicar un comentario