venres, 26 de outubro de 2018

La joven de la perla

Estas son as actividades para este libro:




"Siempre colocaba las verduras en un círculo, cada una en su sección, como porciones de una tarta. 
Había cinco: lombardas, cebollas, puerros, zanahorias y nabos. 
Había utilizado la hoja de un cuchillo para dar forma a cada porción 
y había puesto un disco de zanahoria en el centro".
La joven de la perla
Tracy Chevalier

         
NARRADOR:
PERSONAXES:
●        Principal:
●        Secundarios:
TEMPO:
ESPAZO:
A RELACIÓN DESTA NOVELA COA COMIDA:
ANTES DE NADA cómpre sinalar que este libro fala dun pintor real moi recoñecido: Johannes Veermer.
Investiga un pouco sobre el para afrontar a lectura con máis coñecementos.
AO LONGO DA NOVELA descríbense moitos cadros. A medida que avances busca en internet eses cadros.
Propoñémosche un xogo: busca en google "cadros de Veermer" e intenta atopar o que se está describindo.
Nas reunións veremos se atinaches.
NADA MÁIS EMPEZAR A LECTURA hai unha imaxe fascinante: os Veermer chegan á casa de Griet e ela está
picando verduras para a sopa: "Siempre colocaba las verduras en un círculo, cada una en su sección, como porciones
de una tarta. Había cinco: lombardas, cebollas, puerros, zanahorias y nabos. Había utilizado la hoja de un cuchillo
para dar forma a cada porción y había puesto un disco de zanahoria en el centro".
CANDO VEERMER ve así as verduras pregúntalle a Griet e teñen esta pequena conversa:
"-Veo que has separado las blancas -dijo señalando los nabos y las cebollas-. Y el naranja y el morado no están juntos.
¿Por qué?
-Los colores se pelean cuando están juntos, señor."
TI TAMÉN CRES que hai cores que pelexan entre si? Crea unha ensalada na que a combinación das cores resulte
apetecible ou debuxa os ingredientes

NESTE LIBRO É IMPORTANTE a diferenza de clases sociais en todos os aspectos, pero tamén na comida.
Vai anotando algúns fragmentos ou momentos no que isto se faga evidente:

AH! E COMO PODES apreciar a súa medida de peso son as libras; intenta calcular en quilos, canto son as catro libras
de costeletas que merca Griet para os Veermer.
SEGURO QUE OÍCHES falar algunha vez dos antollos das embarazadas. Catharina parece que perde o gusto pola carne
vermella e o peixe cando está preñada. Será verdade iso dos antollos? Ten rigor científico?

FOTOS DALGÚNS ingredientes que quizais descoñezas:
         
     




Chirivías                                     Pan de centeo

               
      
     




Arenques                                 Pan negro           
COMO VES AS chirivías son unha especie de cenorias brancas. En canto ao pan negro hai que aclarar que era o pan
que había na posguerra, na época da fame, cando se aproveitaba todo o que saía do muíño, a casca, a fariña e algunha
pedra polo medio.
NO SOTO ONDE dorme Griet hai un gran cadro dun Cristo crucificado e dous bodegóns. Que hai pintado nun bodegón?
DE CANDO EN VEZ aparecen comparacións relacionadas coa comida, como estas:
➢  Cando Griet tira desde arriba as súas pertenzan ao soto que será o seu cuarto di: "Me sentí como un manzano
que pierde su fruta". Entendes ese símil?
 No momento en que Griet coñece a Pieter, o fillo do carniceiro, pensa: "Su pelo rubio largo y lleno de rizos enmarcaba
una cara que me hizo pensar en albaricoques." Que quererá dicir?
➢  Griet abre o bote co aceite de cravo para insensibilizar a orella antes de furala cun alfinete; ao percibir o seu aroma
pensa: "tenía un olor dulce y extraño, como el de los pasteles de miel dejados al sol." Coñeces ese olor?

DECÁTASTE? A vida das familias do século XVII semella bastante as de hoxe en día: van ao mercado en busca de
provisións para toda a semana; aínda que as mercadorías evidentemente non ían en camións, pero si se movían en barcas.
Procura información sobre a cidade holandesa de Delft que motive que haxa tantas barcas. Que outra cousa é típica
de Delf?
HAI OUTROS COSTUMES que hoxe se ven un pouco raros, como que a unha muller que acaba de parir se lle ofreza
unha copa de viño. Imaxínaste esta escena nun hospital? Pero antes de botar as mans á cabeza, pregunta a túa avoa
polo tema e despois falamos.
O VIÑO APARECE bastante nesta novela ademais de neste caso concreto, pois descubrimos que Van Ruijven o utiliza
para emborrachar a criada e aproveitarse dela; ademais marca tamén a diferenza social entre clases: os máis ricos
beben viño e os pobres cervexa.
NA PÁXINA 95 descríbese o cacho banquete que fan cando Catharina dá a luz a Franciscus. Tardaron dez días en
preparalo e acudiron unhas cen persoas. Vaia, como se fose unha voda! Serviron: cordeiro, tenreira e lingua, un porco
enteiro, lebre, faisán e capóns, lagostas, caviar e arenque, viño doce e a mellor cervexa, e tortas preparadas
especialmente polo panadeiro. Pero a cousa non remata aquí: "Llegaron grandes ruedas de gouda y queso de bola,
y alcachofas, naranjas, limones, uvas, ciruelas, almendras y avellanas. Incluso mandaron una piña, obsequio de un primo
rico de María Thins."
    
   


  Queixo gouda               Queixo bola              Piña
Unha destas comidas non é orixinaria de Holanda; cal será?

PODEMOS FACER unha cata de queixos. Non estaría mal ou es intolerante á lactosa? Pero antes investiga cantas
variedades de queixo hai en Holanda.
CANDO CATHARINA DÁ  a luz contratan unha "nodriza" ou ama de cría. Sabes a que se dedicaba esta muller?
Segue existindo hoxe en día esta figura?
FÍXATE O DURA QUE pode ser a vida para moita xente. Os pais de Griet anímana a casar con Pieter porque así non
pasarán fame; é moi duro o momento no que a rapaza mira a súa nai aos ollos "y vi en ellos el hambre de la carne que
podía ofrecer el hijo de un carnicero, entendí por qué había dejado de lado su orgullo".
FRASES OU COUSAS QUE ME CHAMARON A ATENCIÓN:
O PERSONAXE QUE MÁIS/MENOS ME GUSTOU FOI:
E GUSTOUME OU NON PORQUE
O LIBRO EN XERAL GUSTOUME OU NON POR:
LENDO ESTE LIBRO APRENDÍN:
CAMBIARÍA DO LIBRO:
CAMBIARÍA O FINAL POR ESTOUTRO:


Ningún comentario:

Publicar un comentario