xoves, 25 de outubro de 2018

LIBROS DO 1º TRIMESTRE

Ola hortensianos, lembrámosvos as lecturas do primeiro trimestre:

Os de 1º e 2º leredes:
  • Os arquivos secretos de Escarlatina de Ledicia Costas (editorial Xerais). A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos. "Os arquivos secretos de Escarlatina" é un libro para mentes curiosas. Unha obra onde a escritora e mais o ilustrador interactúan co público. 

  • O castiñeiro do Apalpador de Inacio e Nuria Días (Baía edicións).
Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificacmente ilustrada a toda cor.






Os de 3º e 4º:

  • Elixides para outubro e novembro entre: Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas (Editorial Xerais) e La joven de la perla de Tracy Chevalier

Na segunda metade do século XVII, o pintor holandés Johannes Vermeer inmortalizou nun cadro a unha fermosa rapaza adornada cun turbante e un pendente de perla. Os seus beizos  parecen esbozar un sorriso sensual, pero os seus ollos irradian a tristeza máis profunda. Coñecido como a "Mona Lisa holandesa", detrás dese enigmático rostro agóchase Griet, unha moza de orixe humilde que aos dezaseis anos entra a traballar como criada na casa do artista a cambio dun mísero soldo. A súa extraordinaria sensibilidade e o coidado que pon en todo o que toca atraen o maestro, quen pouco a pouco a introduce no seu mundo, un paraíso inundado por unha luz máxica e poboado por criaturas femininas de singular beleza. A moza da perla é a historia dunha fascinación, de como xorde un sentimiento que se move entre a admiración e o amor.

Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime. Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis sin-gulares e divertidos da nosa narrativa actual.

  • E en decembro El pudin de Navidad de Agatha Christie



Un príncipe oriental inicia en Londres un romance cunha moza de dubidosa reputación, á que agasalla cun rubí emblemático da do seu país. Hercules Poirot terá que abandonar o seu refuxio londinense para desprazarse a unha mansión en pleno Nadal. 





Boa lectura a todas e todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario