mércores, 7 de novembro de 2012

Relatos de terror: "Reencarnación despois da morte"

REENCARNACIÓN DESPOIS DA MORTE Por Mónica Pérez Martínez (2º B) Acostumado a durmir coa ventá aberta, e non facer caso ao que miña nai sempre lle dicía, agora, meu irmán maior colleu unha gripe. Os nosos medios non nos permiten tan sequera pagar os medicamentos, a atención dun médico, nin moito menos unha comidiña diaria. Eu xa me acostumara a comer pouco, porque da comida que chegaba á casa, eu comía pouco, ou, ás veces, ningunha. A medida que os días pasaban, meu irmán Amancio ía a peor. Xa non pode dicir unha frase sen tusir polo medio, e de toda a moqueira que tiña, usaba moitísimos panos cada día. - Non aguanto máis! –dixo miña nai-. Non podo ver así a Amancio máis tempo ou enfermarei eu tamén! - Mamá –dixen- por que non usas os cartos aforrados para a escola que deixou papá ao morrer? Colleu a miña idea, e de aí a uns días, o médico de Tui, catedrático no nonseiqué do nonseiquemáis, estaba na nosa chaboliña, en Maceda. Deixámolo a soas co meu irmán na súa habitación, toda chea de farrapos e panos, e agardamos. Estivemos esperando os dez minutos máis longos das nosas vidas, entón o médico saíu. - Que ten doutor? Que lle pasa ao meu Amanciño? –dixo a mamá. - Non o sei con claridade, pero se é unha pulmonía a Amancio quédalle pouco tempo de vida. A enfermidade está moi desenvolta, e o uso de medicamentos ou inxeccións no seu organismo sería inútil. Miña nai botou a chorar como nunca, e a patear e berrar tirada no chan como unha rapaciña. […] De alí a un pouco fomos a xunto de Amancio ver como estaba. Cando o vin, tirado na cama, débil e indiferente, escorregoume unha bágoa pola meixela da que non me molestei en secar o seu rastro. De súpeto, todo se volveu gris. Só puiden ver a meu irmán e a cinco encarapuchados, cinco ánimas que viñeron levalo. Entón volveuse todo negro. […] Abrín os ollos. Estaba tirado na cama coa miña nai ao meu carón, chorando e rezando. Púxenlle unha man na meixela e díxenlle: - Mamá… Entón decateime de que aquela non era a miña voz. Erguinme da cama e vin o meu corpo no chan e apoiado contra a parede do outro lado da habitación. Mirando cara a min…

Ningún comentario:

Publicar un comentario