mércores, 7 de novembro de 2012

Relatos de terror: "Eliovill"

ELIOVILL por Jacobo Dacosta Pérez 3º B Eliovill é un lugar normal, ou érao antes de que ocorresen cousas estrañas. Un día cando o alcalde, o señor Ramírez, foi visitar os seus máis íntimos amigos, houbo unha matanza na rúa da Esparanza. Un asasino coñecido como Raibos matou a moita xente inocente; en realidade era un dos mellores amigos do alcalde, pero non se sabía a súa auténtica identidade. O único sobrevivente foi Robert Guidmor; botáronlle a culpa, foi a xuízo e por moito que dixese que era inocente non o crían. Foi condenado á cadeira eléctrica. Antes da súa execución levárono a unha cela, para que un sacerdote lle dese a extrema unción; Guidmor era amigo do sacerdote, quen non podía crer que o seu amigo fose un asasino, estaba tan sorprendido que decidiu falar con Robert: - Robert, como puideches facelo? - Padre, non fun eu, dígollo de verdade, é certo que non fun un santo, nin a mellor persoa. Pero non son un asasino, por favor, créame! O sacerdote non lle creu, ao día seguinte foi a execución, el gritaba con toda a súa forza: - Non fun, non fun, foi o amigo do alcalde Ramírez!!!!!! Sentárono. De súpeto, Guidmor estaba morto. Os que o coñecían hoxe atopábanse nun manicomio. Aos dous días da súa morte empezaron uns sucesos estraños, un dos gardas que lle pegara cando estaba na cela atopábase no campo cando sentiu unha presenza, algo raro saíu da nada; ao día seguinte apareceu morto na cela de Robert. Ao quinto día oito policías corruptos que atacaran a súa familia apareceron degolados na cela xunto ás súas mulleres, tamén degoladas. O peor foi para o Raibos, ese espectro ou o que fose o torturador, cortoulle os dedos un a un, despois as mans, os pés, os brazos, as pernas e finalmente degolouno. Cando atoparon o cadáver, faltábanlle os ollos, o espectro coméraos. Desde ese día, Eliovill deixou de existir, os poucos aventurados, os poucos aventureiros que foron investigar á cidade desapareceron. A lenda di que cando o reloxo do concello soa ás doce da noite, á cidade invádea o espírito de Robert Guidmor. Seguramente vos preguntaredes por que sei isto se todos os habitantes que sobreviviron están nun manicomio. Direivos por que o sei: eu son Robert Guidmor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario