xoves, 15 de novembro de 2012

Citas de "O principiño"

Unha das actividades derivadas da lectura do libro O principiño era seleccionar algunhas citas que nos resultasen curiosas, divertidas, interesantes ou que simplemente nos chamasen a atención. De momento deixámosvos con estas:
 1. "Cando o misterio é demasiado impresionante, non se atreve un a desobedecer."
2. "Pero nós, que comprendemos a vida, burlámonos dos números."
3. "... é triste esquecerse dun amigo. Non todo o mundo gozou da sorte de ter un amigo."
4. "...Pero ninguén lle creu por culpa do seu vestido. As persoas maiores son así."
5. "Os nenos teñen que ser moi indulxentes coas persoas maiores."
6. "Debín xulgala polos seus actos e non polas súas palabras."
7. "Les grandes personnes sont décidément trés trés bizarres" (As persoas maiores son moi, moi raras) escollida por Sandra García.
8. "O esencial é invisible para os ollos". Escollida por Sheila Domínguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario