Este é o
primeiro dos libros que leremos esta curso. Titúlase Desnuda de
Jordi Sierra i Fabra e publicado pola editorial S M. O seu subtítulo é
significativo, ademais dunha gran verdade: "Amor y miedo nunca deben ir
unidos".
De que
trata? Case que o podemos imaxinar por estas últimas palabras, pero aí vos
deixamos un apunte:
"Cando
deixou Ramiro de ser tenro, doce e amable? En que intre preciso comezou a... si, a maltratar a Marga?
Marga non o sabe. Quizais fose desde o mesmo principio; quizais as chamadas constantes, as mensaxes inacabables, a demanda de atención, ese amor total e absoluto que Ramiro dicía sentir por ela... Si, poida que todas esas cousas xa contivesen unha semente de violencia. E se Marga se decatase a tempo, as cousas acaecerían dun xeito moito máis doado."
Desnuda é un libro duro, cortante, directo como un golpe no estómago. Un libro necesario.

Gustaravos aínda que pasedes un pouco de medo con el porque... é real, moi real. Esperamos que ademais vos axude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario