Jordi Sierra i Fabra naceu en
Barcelona no ano 1947. Comezou a escribir con tan só oito anos, e aos doce decidiu
que a súa vocación era ser novelista, de feito a esa idade escribiu a súa primeira
novela longa, de cincocentas páxinas. Seducido pola música rock, no ano 1970
abandonou os estudos para traballar como comentarista musical profesional,
codirixindo algunhas das revistas musicais máis influentes de España (Disco Express, Popular I,…). Publicou
máis de sesenta libros de historia e biografías de artistas de rock, e,
asemade, cultivou todos os xéneros literarios: relatos infantís, novela xuvenil
e de adultos, ciencia ficción, humor, poesía, guións de cine,…
As súas
obras obtiveron numerosos e prestixiosos premios como o Premio Néstor Luján de
novela histórica, o Villa de Bilbao, o Ateneo de Sevilla, o Premio EDEBÉ,
Columna, Premio Nacional,…
É un viaxeiro
incansable e traballa arreo. Actualmente dirixe a Fundación Jordi Sierra i Fabra en Barcelona, que creou en 2004, destinada
a promover a creación literaria entre os mozos de lingua española.
Trimestralmente publica a revista online "La página escrita" e cada ano
convoca un premio literario para menores de dezaoito anos. Ese mesmo ano impulsou
a Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra para Latinoamérica con
sede en Medellín (Colombia), que atende a máis de cen mil nenos e mozos cada ano.
En 2012 superou
os dez millóns de libros vendidos en España.Ten unha extensa obra que en 2012 acada
os 420 libros publicados e para conmemoralo publicou as súas Memorias Literarias "Mis (primeros) 400
libros. Cuando, dónde y por qué los
escribí" (Editorial SM). Obtivo multitude de premios pola súa obra en
español e catalán e a ambos lados do Atlántico. Moitas das súas novelas foron
levadas ao teatro, á televisión e recentemente levouse unha novela súa á gran
pantalla; "Un poco de abril, algo de
mayo, todo septiembre" foi adaptada co nome de "Por un puñado de besos" e estreouse
o 24 de maio de 2014.
É autor de numerosas obras e de seguro que moitas delas vos soan como ...en un lugar llamado Tierra, Nun lugar chamado guerra, Do outro lado doe spello, Noche de viernes, Las chicas de alambre, 97 formas de dicir "te quiero", pero ten moitísimas máis obras xuvenís que é case imposible poñer aquí, pero para que poidades seguir esculcando, deixámoivos un enlace á súa páxina web:
Ningún comentario:
Publicar un comentario