martes, 7 de maio de 2013

Gemma Lienas


Gemma Lienas naceu en Barcelona o 16 de xaneiro de 1951. é filla dun pequeno industrial catalán e dunha ama de casa francesa. Estudou no Liceo francés de Barcelona pero axiña vai a un colexio creado pola burguesía catalá como resistencia á ditadura franquista. Alí entra en contacto cos clásicos, co século de ouro castelán, a literatura francesa,... Pero non só le, tamén canta nunha coral e estuda pintura. Estuda Filosofía e Letras na universidade Autónoma de Barcelona. Comeza traballando como docente pero máis tarde pasará ao mundo editorial.
A súa primeira novela titulada Cul de sac ía dirixida ao público xuvenil e con ela acadou unha gran sona. Nesta época publica máis obras pero será con Así es la vida, Carlota coa que gañará a Mención de Honra do IBBY no ano 1990.
Despois de pasar cinco anos vivindo en Estrasburgo, regresou á súa cidade natal, onde se mergullou de cheo na vida de distintos grupos e entidades, moi especialmente os que traballan a prol da igualdade das mulleres.
É profesora da universidade de Barcelona e docente na casa Elizalde, e ademais colabora asiduamente na radio e na prensa escrita.
No ano 2008, o Consello de Mulleres do Municipio de Madrid outórgalle por toda a súa obra o I Premio "Participando creamos espacios de Igualdad". No 2010, o Departamento de Treball da Generalitat outórgalle a medalla Francesc Maciá al Treball polo seu papel na literatura catalá e pola súa loita feminista.
Da súa dedicación á literatura xurdiron interesantes achegas, entre as que destaca a serie de novelas protagonizadas por Carlota, unha adolescente espelida e interesante que se dedica a indagar naqueles ámbitos da vida que máis lle poden intrigar a unha persoa que comeza a andaina pola idade adulta. Con O diario violeta de Carlota logra a Mención de Honra da UNESCO no 2003.
Escribiu máis de cincuenta libros, entre outros:
Anoche soñé contigo
El final del juego (Premio Ramón Llull, 2003)
Billete de ida y vuelta (Premio Odissea, 1998)
Atrapada en el espejo

Ningún comentario:

Publicar un comentario