sábado, 27 de abril de 2013

"O cabalo de Troia" por Ana Isabel García Vilela

 
Ulises abrindo as portas de Troia (ilustración de Manuel Marín) 

Os gregos e os troianos estaban sempre loitando porque os primeiros querían conquistar Troia. Un día a Ulises ocorréuselle un plan para conquistar a cidade e cando llo dixo aos demais todos estiveron de acordo con el. Primeiro os gregos, que estaban asediando Troia, fixeron como que marcharan para que os troianos pensasen que se renderan. Os troianos que non se fiaban e, para asegurarse da súa marcha, foron ata o campamentos do gregos e atopáronse alí cun gran cabalo de madeira. Os troianos consideraron que era unha ofrenda para a súa deusa polo que o levaron para dentro das murallas da cidade e fixeron unha festa que durou todo o día. Polo noite quedaron todos os troianos durmidos, pero o que non sabían era que Ulises e vinte gregos máis estaban agochados dentro do cabalo. Estes esperaron a que durmisen todos para saír e arrasar Troia, matando á maioría dos seus habitantes.

  Resumo feito por Ana Isabel García Vilela de 3º B

Ningún comentario:

Publicar un comentario