martes, 27 de xaneiro de 2015
Biografía de Suso de Toro
O escritor Suso de Toro (Xesús Miguel de Toro Santos) naceu en Santiago de Compostela no ano 1956. Licenciouse en Arte Moderna e Contemporánea, pero tamén é coñecido como guionista de televisión e colaborador tanto na prensa coma na radio. Publicou máis de veinte libros en galego de narrativa, teatro e ensaio.
Entre as súas novelas destaca Trece badaladas, pola que recibiu o Premio Nacional de Narrativa no ano 2003 e que foi levada ao cine. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas. Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.
En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de lingua e literatura galega de secundaria.
Recoñecidas obras súas son, entre outras: Caixón desastre, Polaroid (Premio da Crítica de narrativa galega), Land Rover, Ambulancia, Tic-tac (Premio da Crítica de narrativa galega), A sombra cazadora , Conta saldada, Unha rosa é unha rosa, Calzados Lola (Premio Blanco Amor), Trece badaladas (Premio Nacional de Narrativa), Morgún, Home sen nome, Sete palabras
Tamén ten obra xornalística e de ensaio, como: O pais da brétema (Unha viaxe no tempo pola cultura celta), A carreira do salmón ou Outra Galiza.
Dúas das súas obras foron levadas ao cine, trátase de Trece badaladas de Xavier Villaverde e Polaroid. Nada pola mañá de Chema Montero.
Se queredes botarlle unha ollada ao seu blog, aínda que xa o deu por rematado, podedes facelo no seguinte enlace:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario