martes, 17 de decembro de 2013

Biografía de Eric-Emmanuel Schmitt

O escritor Éric-Emmanuel Schmitt naceu en Lyon o 28 de marzo de 1960. Seus pais eran profesores de educación física, e el estudou filosofía na Escola Superior de París. Foi un adolescente rebelde con ocasionais ataques de violencia. Non obstante, segundo o propio autor, a filosofía levouno a aprender a ser el mesmo e a sentirse libre. Un día, súa nai levouno ao teatro, para ver unha representación de Cyrano de Bergerac . Tanto lle gustou que chegou a chorar de emoción, e deste xeito o teatro a partir dese momento foi a súa gran paixón. Desde ese intre púxose a escribir. El mesmo lembra aqueles días: «Aos dezaseis años comprendín, ou decidín, que eu sería escritor e compuxen, puxen en escena e representei as miñas primeiras obras no instituto». As súas obras de teatro proporcionáronlle axiña éxito. Obras como A noite dos Valognes representouse en numerosos países e O visitante obtivo un premio. En 1997 escribiu Variacións enigmáticas expresamente para actores como Alain Delon. Federico ou o bulevar do crime representouse asemade en Francia e Alemaña. Algúns outros títulos de teatro son: Milarepa, (1997), Hotel dos dous mundos (1999), Pequenos crimes conxugais (2003) Ademais, Eric-Emmanuel Schmitt escribiu tres obras en un só acto, polo xeral para causas humanitarias, como por exemplo, A escola do diaño, obra escrita para unha velada especial da organización Amnistía Internacional. Pero non só cultivou o teatro. En 2000, unha novela sobre la historia de Xesucristo, O evanxeo segundo Pilatos, foi un éxito de crítica e de vendas. Ao ano seguinte, publica outra novela sobre un personaxe histórico suxeito a debate, Hitler: en A parte do outro Adolf Hitler entra na Escola de Belas Artes de Viena. Outra obra de gran éxito é O señor Ibrahim e as flores do Corán, da que vendeu en 2004 máis de 250.000 exemplares en Francia e 300.000 en Alemaña. Outros títulos narrativos son: O fillo de Noé, A seita dos egoístas, Cando eu era unha obra de arte, Oscar e Mamie Rose. Tamén é un apaixonado da música, traducindo ao francés dúas obras de Mozart: As vodas de Fígaro e Don Giovanni. O cine é outra faceta que cultivou, como no filme Odette Toulemonde (2006), escribindo o guión e dirixíndoo, ou Cartas a Deus (2011) Recibiu varios premios, entre eles o Premio Nuit des Molières en 1994 por O visitante. O Gran Premio de Lectoras de Elle magazine por O evanxeo segundo Pilatos no 2000. Ao ano seguinte, no 2001, recibe o Gran Premio de Teatro da Academia francesa polo conxunto da súa obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario