mércores, 16 de outubro de 2013

Biografía de Gonzalo Moure


Gonzalo Moure Trenor naceu en Valencia no ano 1951.
Escribe desde 1989. El di no seu blog (http://www.gonzalomouretrenor.es/biografia/) que soñaba con ser escritor desde os 4 ou 5 anos; que súa nai escribía contos, sobre todo de bosques; que seu avó era poeta, e que na súa casa había tantos libros que apenas había sitio para máis cousas; que lle gustaba abrir os libros e respirar o seu aroma. Tamén di que a súa primeira novela, de espías, escribiuna durante unha enfermidade; e seguía escribindo aínda que “nada que merecese a pena” ata que súa nai o animou a facelo sobre o atardecer en Valencia… mellor lédelo no seu blog e entenderedes como se pode saborear unha tortilla de pataca nun texto sen que se faga mención a ela por ningunha parte.
Unha marabillosa frase súa é: “Lo importante de la literatura es lo que sugiere, no lo que dice.”
Con 14 anos gaña un concurso de redacción, e decátase que a escrita, ademais dunha vocación, pode ser unha forma de vida. Na época de estudante cultiva teatro, cine e relatos.
Traballou como xornalista entre os anos 1973 e 1989, fundamentalmente na radio, pero tamén na prensa especializada en música popular, televisión (como guionista) e publicidade. Con 38 anos decide deixar o seu traballo e pórse a escribir “en serio”.
Gañou moitos premios, entre eles: Premio el Barco de Vapor 1995 con Lili, Libertad;  o Premio da Crítica de Asturias con Yo, que maté de melancolía al pirata Francis Drake; Premio Gran Angular co libro El síndrome de Mozart; o III Premio de Literatura Infantil Ámbito Cultural con El bosque de hoja caduca; tamén foi finalista do Premio Nacional de Literatura con Maíto Panduro.
E ten moitísimos outros títulos, algún deles son:
Geranium
El alimento de los dioses
Nacho Chichones
Tomi en las nubes
Un loto en la nieve
El beso del Sáhara
Los caballos de mi tío
El oso que leía niños
El vencejo que quiso tocar el suelo
La rara amistad del tío Jonás
Los gigantes de la luna
Un libro vivo 
La Zancada del Deyar 
Soy un caballo
A Porta de Mayo
Cama y Cuento
El hombre que entraba por la ventana

Dá charlas en bibliotecas, clubs de lectura, colexios e institutos.
Intervén en congresos de Literatura Infantil e Xuvenil en España e no estranxeiro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario