xoves, 17 de outubro de 2013
Un campo de refuxiados
Estoutro vídeo amósanos como é un campo de refuxiados, podemos imaxinar a Kori saíndo de calquera desas casas, pasar correndo por aí na procura de Caramelo...
Etiquetas:
Palabras de caramelo
mércores, 16 de outubro de 2013
Palabras de Caramelo no instituto Cervantes
Este vídeo é un breve resumo da actuación de Gonzalo Moure e Cuentos de Sobremesa no Centro do Instituto Cervantes de Estocolmo no ano 2010. Prestade atención porque está moi ben.
Etiquetas:
Palabras de caramelo
Biografía de Gonzalo Moure
Gonzalo Moure Trenor naceu en Valencia no ano 1951.

Unha marabillosa frase súa é: “Lo importante de la
literatura es lo que sugiere, no lo que dice.”
Con 14 anos gaña un concurso de redacción, e decátase
que a escrita, ademais dunha vocación, pode ser unha forma de vida. Na época de
estudante cultiva teatro, cine e relatos.
Traballou como xornalista entre os anos 1973 e 1989, fundamentalmente
na radio, pero tamén na prensa especializada en música popular, televisión
(como guionista) e publicidade. Con 38 anos decide deixar o seu traballo e pórse
a escribir “en serio”.
Gañou moitos premios, entre eles: Premio
el Barco de Vapor 1995 con Lili, Libertad; o
Premio da Crítica de
Asturias con Yo, que maté de melancolía al pirata Francis Drake; Premio Gran Angular co libro El síndrome de Mozart; o III
Premio de Literatura Infantil Ámbito Cultural con El bosque de hoja caduca; tamén foi finalista do Premio Nacional de
Literatura con Maíto Panduro.
E ten moitísimos outros títulos, algún
deles son:
Geranium
El alimento de los dioses
Nacho Chichones
Tomi en las nubes
Un loto en la nieve
El beso del Sáhara
Los caballos de mi tío
El oso que leía niños
El vencejo que quiso tocar el
suelo
La rara amistad del tío Jonás
Los gigantes de la luna
Un libro vivo
La Zancada del Deyar
Soy un caballo
A Porta de Mayo
Cama y Cuento
El hombre que entraba por la
ventana
Dá charlas en bibliotecas, clubs de lectura, colexios
e institutos.
Intervén en congresos de Literatura Infantil e Xuvenil
en España e no estranxeiro.
Etiquetas:
Palabras de caramelo
xoves, 10 de outubro de 2013
Primeira reunión deste curso
Ola camaradas de lectura:
Quedades convocados para o mércores día 16, durante o 2º recreo, na biblioteca do centro para poñer en marcha o club. Aos novos explicarémosvos como funciona e entregaremosvos o priemiro libro deste curso. Ata rpontiño.
Quedades convocados para o mércores día 16, durante o 2º recreo, na biblioteca do centro para poñer en marcha o club. Aos novos explicarémosvos como funciona e entregaremosvos o priemiro libro deste curso. Ata rpontiño.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)