venres, 9 de abril de 2010

Xesús Constela

Estamos abraidos, Xesús Constela fala de nós no seu blogue (www.blogoteca.com/xesusconstela). Fíxonos moita ilusión e por iso lle mandamos un comentario agradecéndollo. Para nós foi un pracer telo aquí porque nos amosou a verdadeira cara do escritor. Tamén nos recomendou unhas lecturas, a obra de Oscar Wilde e o libro O curioso incidente do can á media noite, do inglés Mark Haddon que publica a editorial Rinoceronte en galego. Por suposto quedamos tamén con ganas de ler As humanas proporcións de Xesús, que seguro aparecerá no noso clube de lectura en calquera momento. Aínda que o noso próximo libro vai ser Cairo branco de Jack London.
Graciñas Xesús e bicos da nosa parte.

1 comentario:

  1. Foi un verdadeiro pracer compartir a tarde con vós. Grazas de todo corazón polas preguntas e polas flores!

    ResponderEliminar