venres, 12 de abril de 2013

Mitos gregos

Ola hortensianos:
O seguinte libro de lectura vai ser Mitos gregos, recollidos por María Angelidou e ilustrados por Svetlin. O libro é da editorial Vicens Vivens, da colección Cucaina. Nel recóllense catorce dos mitos gregos máis famosos e atractivos.
Os gregos intentaban darlle sentido á vida por medio de lendas. Aquelas vellas historias falaban de deuses todopoderosos, heroes valentes e persoas que vivían abocadas á desgraza por culpa das súas debilidades.
Neste libro explícanse, entre outras cousas, o que pasou coa caixa de Pandora e co cabalo de Troia, por que o rei Midas convertía en ouro todo o que tocaba, quen foron Prometeo e o Minotauro, que lle sucedeu a Orfeo cando baixou aos infernos e por que Ícaro se empeñou en voar coma os paxaros cunhas febles ás de cana e cera.
Gozade da lectura!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario