Amosando publicacións coa etiqueta Cómic. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cómic. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de decembro de 2011

Os personaxes do cómic

Neste powewr pont podedes ver como son tratados os personaxes no cómic, como se deseñan, se caracterizan, falan...

martes, 29 de novembro de 2011

Corto Maltés: "Las célticas"


Neste cómic hai catro pequenas historias de Corto Maltés. Este personaxe foi creado por Hugo Pratt no 1967 pero segue sendo totalmente actual. Hai moitos cómics nos que aparece este personaxe, mesmo ten a súa propia historia: é un aventureiro maltés que naceu a fins do século XIX, fillo dunha xitana xibraltareña e dun mariñeiro de Cornualles.
Neste libro, "As célticas", Corto Maltés aparece en catro situacións ambientadas na 1ª e 2º guerras mundiais. A 1ª historia ("Concierto en do menor para arpa y nitroglicerina") toca un tema hoxe controvertido: os inicios do IRA, salienta o xogo de planos, sobre todo cos primeirísimos primeiros planos que enfrontan a Corto Maltés e Sean Finnucan, sostendo as miradas nun momento clave e duro para o noso protagonista: a morte do seu amigo.
Na 2ª historia destaca o tema mitolóxico, presentado dunha maneira fermosísima. Os seres míticos de Gran Bretaña únense para evitar a invasión alemana na 2ª guerra mundial. Aparecen Oberon e Puck, a fada Morgada e Merlín. Estes elixen a Corto Maltés como o novo liberador, o novo rei Artur.
A 3ª historia ("Vinos de Borgoña y rosas de la Picardia") conta a caída do "Barón Rojo".
A 4ª ("En el tinglado de la antigua farsa") comeza cun espectáculo de marionetas que amosa a Merlín namorado da Dama do Lago. A partir de aí temos unha trama de intriga, con intento de asasinato, tropas americanas na 2ª guerra mundial, meigas, espías,... Tedes que lelo.
Recoméndovolo por o que conta e como o conta. Evidentemente hai que contextualizar a historia e ser críticos.

Os catro grandes de Agatha Christie


Este cómic trata dunha investigación. Hercules Poirot ten que atopar unha banda de criminais, coñecida como "Os catro grandes", que matou a un multimillonario cunha sopa envelenada. E, como non, Poirot resolve o crime.
Non acabei de entender o das viñetas en cor sepia, creo que aparecen cando o amigo de Poirot está escribindo o seu diario... Xa me explicaredes os que leades este cómic como entendestes isto.
A pesar do tema (investigación, crime...) o cómic a min pareceume algo aburrido.

Por Martin Rodríguez

Os Barbanzóns: "A cacharela"


Este cómic está ambientado na noite de San Xoán. Os Barbanzóns fan unha cacharela pero a subida da marea convértea nunha cacharela acuática. As ilustracións amosan uns personaxes infantilizados, pouco detallados, elementais,... pois non hai que esquecer a quen está destinado o cómic. En xeral gustouome moito e anímovos a lelo.

Por Luís Miguel Padín Insua

xoves, 17 de novembro de 2011

Biografía gráfica de Ana Frank


Gustoume moito porque dá unha visión do que foi a vida de Ana Frank e a súa familia (unha nena xudía que escribe un diario mentres está agochada coa súa familia fuxindo dos nazis en Amsterdam). O cómic recolle ademais deste diario, un repaso pola historia anterior e posterior á escrita deste diario, ademais de facer un percorrido polos acontecementos que levaron á 2ª guerra mundial a ao apoxeo do nazismo e dos facismos en Europa.
Recomendo a lectura para os rapaces de todos os niveis. Pódese intuir que ana Frank podería chegar a ser unha boa escritora se seguise viva e non ser capturada polos nazis.

Por Ana.

"Arrugas" de Paco Roca



Un comic que describe a cruda realidade de persoas moi maiores, ingresadas en residencias da terceira idade e afectadas por enfermidades dexenerativas propias da vellez. En "Arrugas" se expresa como a vida se lle vai das mans a persoas que no pasado tiveron unha vida activa e feliz. A linguaxe do comic está usada maxistralmente: o paso do tempo, os sentimentos que se expresan sen palabras, o proceso da enfermidade... Todo queda recollido dun xeito que fai pensar ao lector sobre esa etapa da vida e tamén sobre eses lugares que se fan chamar Residencias da Terceira Idade, pero que en realidade todos sabemos que son lugares onde se morre sen afecto e en soidade.

Por Ana e Xaquín, pais de Martín Rodríguez

Tipos de planos do cómic

Neste power point podedes ver os distintos tipos de planos que podedes atopas no cómic, a partir de agora tende en conta este aspecto cando leades un cómic.

venres, 4 de novembro de 2011

Bone: "Los ojos de la tormenta"




É un cómic de aventuras interesante e divertido. Trátase dunha colección (Bone) e este é o terceiro número. O protagonista é un bone, unha cousa rara, un ser animalizado e humanizado á vez, coma unha pantasma boa. As ilustracións están ben.


A pesar de ser un cómic longo lese moi ben e rápido. O formato é o dun libriño. Lédeo e xa me diredes.


Por Sheila Domínguez (1º A)

venres, 28 de outubro de 2011

Pafman



É un cómic moi divertido, porque moitas veces estouran moitas cousas, hai explosións, mísiles,... e aínda así as personaxes seguen vivindo; ésa é a maxia do cómic. Ademais hai moitos chistes bos.

Este cómic cóntanos como Pafman volve. Aparece conxelado no polo e un malvado crea tres monstros que crean o caos e quere que lle paguen moitos cartos. Logo Pafman derrota aos tres malvados e vai á illa do malvado e.... (non vos vou contar o final).
Os debuxos están moi ben feitos, con moita cor...

Recoméndovos esta lectura porque é moi divertida e entretida. Ademais este é o 1º cómic de toda unha serie, así que podemos seguir lendo a Pafman máis alá deste cómic.

Por Iván Gondar Dopazo

xoves, 27 de outubro de 2011

Mortadelo e Filemón. Viaxe pola historia

É curioso este cómic. Atópanse nunha especie de cumio da comunidade Económica Europea (xa pasou tempo) e están criticando aos países pequenos por asuntos extracomunitarios (líos de saias...), os EEUU queren levar a Mortadelo e Filemón para a CIA (pobre deles!). En xeral é unha pequena viaxe pola historia a través destes dous peculiares personaxes. Empeza na 1ª guerra mundial, pasa polos períodos de paz, chegamos á 2ª guerra mundial... pasando pola crise dos mísiles de Cuba... Unha forma lúdica e divertida de ver a historia do século XX.

Por Martín Carramal Meis

Os dentes do dragón

Está xenial, é de aventuras. A protagonista chámase Franca, ten moitos inimigos e un can que é moi gracioso. Os debuxos son preciosos. Anímovos a lelo. Xa me diredes.

Mortadelo y Filemón. Mundial 2010

É unha boa forma de ver o fútbol desde un punto de vista non profesional. Gustoume moito tanto polo contido como polos debuxos; as ilustracións xa chegan por si soas para saber de que vai o cómic. Tamén vos animo a lelo para divertirvos.

Por Luís Miguel Padín Insua

A maldición dos Velasco

É unha historia que engancha, anima a seguir lendo o cómic para ver que vai pasar. As ilustracións están moi ben. Anímovos a todos a lelo e xa me diredes se engancha ou non.

Por Ángela Otero Castro (2º B)

xoves, 20 de outubro de 2011

Asterix y la gran zanja

É un cómic moi entretido para os que lles gustan as aventuras. Ten partes graciosas. A parte dos debuxos e a cor pareceume preciosa. Anímovos a todos a ler este libro porque é moi gracioso.

Por Sandra García

"Nana 1" de Ai Yazawa

Acabo de ler este cómic é realmente non me gustou porque a historia mestura dúas persoas co mesmo nome pero distintas vidas, o que resulta algo confuso para o lector. Pola contra, o debuxo está moi ben. É dicir, gustorume a súa forma pero non o seu contido.

Por Esteban Vidal Torres

martes, 18 de outubro de 2011

Como van as lecturas?

Ola hortensianos:

Como están indo as lecturas? Xa podedes ir colgando as vosas impresións porque de seguro que xa lestes algún que outro cómic. Animádevos e poñede as vosas opinións! Vémonos o xoves!