Antoine Marie
Jean-Baptiste Roger de Saint-Exupéry foi un escritor e aviador francés que naceu en Lyon, o 29
de xuño de 1990. Orfo de pai
desde moi neno, pasou xunto aos seus catro irmáns boa parte da infancia con súa
nai e súa tía no castelo dos avós maternos en Saint-Maurice-de-Remens.
Sempre
estivo obsesionado co mundo da aviación, de feito cumpriu o servizo militar nas
Forzas Aéreas francesas. Era tal a súa paixón que chegou a pagar do seu peto as
clases de voo.
Durante
un accidente fractúrase o cranio e, obrigado pola familia e pola súa prometida,
deixou a aviación dedicándose a traballos burocráticos e iniciándose no
xornalismo. A partir de entón descobre unha nova paixón: a lectura. Empeza
agora a escribir os seus primeiros contos e poemas.
Pero a
aviacións seguían turrando por el e, tras romper o seu compromiso, fíxose
piloto comercial. Foi un dos pioneiros dos voos postais internacionais.
O 30 de decembro de 1935, Saint-Exupery xunto con Andre Prevot tiveron
unha aterraxe forzosa no deserto do Sáhara , camiño de Saigón. Trataban de voar
desde París a Saigón en menos tempo que calquera outro piloto, por un premio de
150.000 francos. Ambos sobreviviron á aterraxe pero sufriron os estragos da
rápida deshidratación no deserto. Non sabían onde estaban e o único que tiñan
para alimentarse eran uvas, dúas laranxas e unha pequena ración de viño. Ambos experimentaron alucinacións
visuais e auditivas. O terceiro día estaban tan deshidratados que deixaron de
transpirar. Finalmente, ao cuarto día, un beduíno en camelo descubriunos,
salvándolles a vida. O relato Terra
de homes (Terre des hommes), refírese
a esta experiencia.
Despois duns dous anos en América do Norte, Saint-Exupéry
regresou a Europa para voar coas Forzas francesas libres na 2ª Guerra Mundial.
Unha noite de xullo de 1944, despegou dunha base aérea en Córsega, e non regresou. Unha muller informou ter visto un accidente de avión polo
mediodía do 1 de agosto. Un corpo sen identificar usando cores franceses foi atopado
varios días despois ao sur de Marsella e enterrado en Carqueiranne en setembro.
Saint-Exupéry foi dado por desaparecido. Antes de
despegar deixou escrito enriba da súa mesa de traballo: “Se me derriban non
estrañarei nada. O comechón do futuro non me asusta e odio a súa virtude
robótica. Eu nacín para xardineiro. Despídome, Antoine de Saint-Exupéry.”
En 1998, un pescador atopou, ao leste da illa de Riou, ao sur de
Marsella, unha pulsera de prata co nome de Saint-Exupéry e da súa esposa. En
2000, un buzo encontrou un avión esnaquizado no fondo do mar fronte ás costas
de Marsella, preto de onde se encontrou o brazalete. Os restos do avión foron
recuperados en outubro de 2003. O 7 de
abril de 2004 confírmase que o avión atopado era o del.
As súas primeiras obras, O aviador (1926), Correo do
Sur (1929) e Voo nocturno (1931),
seguen a liña da evocación romántica do feito de voar, incidindo no cumprimento
do deber aínda a risco de perder a propia vida.
As obras seguintes, como Terra de homes (1939) e Piloto
de guerra (1942), inciden na filosofía humanista, reflectindo vivencias
persoais durante a Segunda Guerra Mundial.
O principiño (1943) é unha fábula infantil para adultos debido á
súa lectura alegórica. Postumamente publicáronse os seus cadernos de notas
reunidos baixo o título Cidadela
(1948).
Outros títulos seus son: Carta a un refén (1944), Notas da xuventude (1953), Cadernos (1953), Cartas a súa nai (1955), Escritos de guerra (1982), Manon, a bailarina (2007), Cartas ao descoñecido (2008) e O meu querido Steven
(2010).
Ningún comentario:
Publicar un comentario