martes, 12 de xuño de 2012
Xincana dixestivo-literaria
Xa empezaron os distintos grupos do centro a facer a xincana polo instituto. Está relacionada coa actividade da comida na literatura: "Devora un libro... aliméntate de historias". Andan percorrendo o centro en busca de respostas de todo tipo. Hai preguntas literarias (títulos de libros, nomes de autores e personaxes,...), pictóricas (nome de pintores, cores que utilizan nos cadros,...), nutricionais (aportes calóricos,...), científicas (molécula de cianuro...), matemáticas (pesos e medidas...), xeográficas, alimentarias... e moitísimas máis que está mantendo entretido e pensando ao noso alumnado. Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade.
Na imaxe superior vemos como Maxi, Alfonso e Cristian buscan respostas no panteón da condesiña.
Agora son Lidia, Sara e Iria as que o fan na mesa dedicada ao mar, mentres Óscar observa a escena apoiado na súa muleta.
Yolanda, Saray e Cristina buscando respostas no almorzo de Los cinco se escapan.
Foto xeral que ilustra moi ben a competitividade entre o alumnado, de feito, algún grupo agochou o libro de Laura Esquivel, Como auga para chocolate, debaixo do sombreiro mexicano. Se non atopades algo do que se vos pregunta, buscade ben, porque todas as preguntas teñen a solución enriba da mesa!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario