Para ir rematando as actividades do club de lectura, hoxe tivemos unhas horas lúdicas: empezamos vendo a película Nothing Hill e despois tomamos un pincho no patio: zumo de laranxa natural, minipizzas e pastas. Fomos a envexa do resto do instituto!
xoves, 16 de xuño de 2022
xoves, 9 de xuño de 2022
Saída a mercar libros
As tres alunmas coordinadoras do club foron premiadas cunha saída a unha libraría de Sanxenxo na procura de novos títulos de cara ao vindeiro curso. Estaban emocionadas de poder mercar o que lles gustaba. Foi unha mañá produtiva, lúdica e de aprendizaxe. Na foto coa coordinadora do club de lectura, Ana Sueiro, profesora de Xeografía e Historia.
martes, 15 de marzo de 2022
Lecturas e mulleres
Para commemorar o Día da muller, o club decidiu propor biografías de mulleres que destacaron en diversos ámbitos. Na foto podemos ver a escolla dos libros entre os distintos membros. Cada un leu unha biografía distinta para, na seguinte xuntanza, explicárllela aos demais.
martes, 18 de xaneiro de 2022
Ledicia Costas
Empezamos este trimestre con Ledicia Costas: o alumnado de 1º lerán Escarlatina mentres que o de 2º e 3º O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. Redes sociais, romance, amizade e, sobre todo, intriga,.... que pasará ao final?
Aproveitamos para agasallar ás alumnas de 3º da ESO cunhas gominolas para agradecerlles o traballo que desenvolven no club. Grazas a Estrela, Rocío e Lara.
luns, 27 de decembro de 2021
La duda de Darwin
Animados pola lectura de A evolución de Calpurnia Tate e a importancia que na obra se lle dá a Charles Darwin, vimos a película La duda de Darwin dirixida por Jon Amiel.
martes, 7 de decembro de 2021
Kahoot sobre Calpurnia
As nosas marabillosas axudantas, Lara, Estrela e Rocío, animaron o club de lectura cun kahoot sobre o libro A evolución de Calpurnia Tate. Foi superdivertido e as profes tiveron as súas dúbidas!
venres, 29 de outubro de 2021
O club reúnese de novo para ler "A evolución de Calpurnia Tate"
Ola. O Club de Lectura formouse un ano máis. Este curso será coordinado pola profesora de Xeografía e Historia, Ana Sueiro. Nesta reunión repartimos as chapas que poñen "Leóns famentos" e "Leoas famentas" que lles concede o privilexio de non esperar cola na cafetería os días que temos reunión do club de lectura.
Esta vez temos unha novidade: as tres alumnas de 3º que forman parte do club, van ser tamén as guías e orientadoras do alumnado de 1º e 2º. Elas propoñen lecturas e actividades. A 1ª lectura que propuxeron foi A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly.