xoves, 25 de outubro de 2018

Os arquivos secretos de Escarlatina

Estas son as actividades da axenda para este libro:



G:\Escarlatina\Copia de Escarlatina_pequena.jpg
"Hoxe visitamos o mausoleo da célebre chef Escarlatina.
O seu restaurante, especializado en, ca cociña de autor, posúe tres Caveiras Defuntín,
a máxima distinción outorgada pola prestixiosa Guía Defuntín."


Os arquivos secretos de Escarlatina, Ledicia Costas
Editorial Xerais


NARRADORES:
PERSONAXES:
  • PRINCIPAIS:
  • SECUNDARIOS:
TEMPO:
ESPAZO:

A RELACIÓN DESTE LIBRO COA COMIDA:
Na páxina 44 aparece a CARTA do restaurante A Cousine de Escarlatina.
No apartado "Para empezar" hai varios pratos, a ver se es quen de dicir:
  • A que se refire con "Táboa de ibéricos con sorpresa viscosa".
  • "Ensalada de repolos pasados con lesmas da casa e crema de sapo levada a ebullición"; pero sabes o que é unha lesma?
E que é iso da "ebullición"?
  • "Ostras podrecidas escabechadas con zumes gástricos de aves variadas". Busca como se fai o escabeche ou en que consiste:
Sabes a que parte do corpo se refire co adxectivo "gástrico"? Pensa en palabras como "gastronomía", "gastroenterite" ou "gastroscopia".


No apartado "Para continuar" hai estes xantares:
  • "Steak Tartar elaborado con carnes de glúteos dos simios de cu vermello"; para empezar, que significa a palabra inglesa steak?
Que tipo de comida é un tartar?
De que lugar é orixinario o tartar?
  • "Congro macerado en augas fecais acompañado con corais de vieira do ano pasado". Sabes que tipo de animal é un congro? Podes baixar unha imaxe de internet e pegala abaixo.
E que son os corais de vieira?
E as augas fecais, que tipo de augas son?
  • "Cabeza de burro inxectada con sangue de lagarto arnal" Que fermoso é este lagarto; viches algunha vez un? Pega a continuación unha foto deste lagarto ou debúxao ti.
No apartado "Para rematar" temos:
  • "Xeado de mexo e cítricos de árbores afectadas pola peste". Escribe a continuación o nome dalgúns cítricos:
Que tipo de alimentos son?
Se imos a un restaurante, que nome reciben estes alimentos da sección "Para rematar", que se serven ao final da comida?




FAI AQUÍ A ACTIVIDADE DA PÁXINA 50 DO APARTADO "A DESPENSA DE ESCARLATINA":
En que parte da despensa de Escarlatina están estes ingredientes que precisa para as súas receitas?
  1. Lesmas maceradas:
  2. Ollos birollos etiqueta negra:
  3. Ollos comúns:
  4. Cus de mandril:
  5. Cascudas caramelizadas:
  6. Moscas verdes en vinagre:
  7. Víboras á feira:
  8. Filloas de sangue: 
  9. Sangue encebolado:
  10. Sanguinaccio dolce: 
  11. Ás de morcego churruscadiñas:
  12. Pedros recheos de cagachas: 
  13. Zurullos embutidos de bosta:
  14. Morcillas de lapa e figo:
  15. Patas de rata:
  16. Esferificación de miñocas:
  17. Dentes: arnelas, canteiros e chaveiros:
  18. Bile de porco celta:
  19. Pezuños de cabra:
  20. Riles en conserva: 

  • Cal das comidas anteriores poden comerse en realidade?
  • Que facemos moi ben os galegos á feira, e non precisamente víboras?
  • Que son as miñocas? Por que son boas para o solo?





FRASES OU COUSAS QUE ME CHAMARON A ATENCIÓN:
O PERSONAXE QUE MÁIS ME GUSTOU FOI:
E GUSTOUME PORQUE
O LIBRO EN XERAL GUSTOUME OU NON POR:
LENDO ESTE LIBRO APRENDÍN:
CAMBIARÍA DO LIBRO:

AO FINAL, QUE NOME LLE PUXECHES Á CRIATURA QUE ESCARLATINA CUSTODIA BAIXO CHAVE?

POR QUE CRES QUE A CUSTODIA BAIXO CHAVE? INVENTA ALGO SOBRE ESTE BECHO SINGULAR:

QUE SABOROSAS, PERO NOXENTAS Á VISTA, SON AS TRES RECEITAS DE ESCARLATINA. SERÁN TAN MARABILLOSAS COMO PARA CONCEDERLLE AS CAVEIRAS  DEFUNTÍN ? NON SEI, CREO QUE ESTARÍA BEN PROBALAS E XULGAR POR NÓS MESMOS. ASÍ QUE..., CAL DAS RECEITAS VAS PREPARAR TI? CONVÉN PROBALAS TODAS, NON CRES?



A MIÑA PORTADA PERFECTA DESTE LIBRO É A SEGUINTE:

LIBROS DO 1º TRIMESTRE

Ola hortensianos, lembrámosvos as lecturas do primeiro trimestre:

Os de 1º e 2º leredes:
  • Os arquivos secretos de Escarlatina de Ledicia Costas (editorial Xerais). A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos. "Os arquivos secretos de Escarlatina" é un libro para mentes curiosas. Unha obra onde a escritora e mais o ilustrador interactúan co público. 

  • O castiñeiro do Apalpador de Inacio e Nuria Días (Baía edicións).
Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificacmente ilustrada a toda cor.






Os de 3º e 4º:

  • Elixides para outubro e novembro entre: Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas (Editorial Xerais) e La joven de la perla de Tracy Chevalier

Na segunda metade do século XVII, o pintor holandés Johannes Vermeer inmortalizou nun cadro a unha fermosa rapaza adornada cun turbante e un pendente de perla. Os seus beizos  parecen esbozar un sorriso sensual, pero os seus ollos irradian a tristeza máis profunda. Coñecido como a "Mona Lisa holandesa", detrás dese enigmático rostro agóchase Griet, unha moza de orixe humilde que aos dezaseis anos entra a traballar como criada na casa do artista a cambio dun mísero soldo. A súa extraordinaria sensibilidade e o coidado que pon en todo o que toca atraen o maestro, quen pouco a pouco a introduce no seu mundo, un paraíso inundado por unha luz máxica e poboado por criaturas femininas de singular beleza. A moza da perla é a historia dunha fascinación, de como xorde un sentimiento que se move entre a admiración e o amor.

Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime. Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis sin-gulares e divertidos da nosa narrativa actual.

  • E en decembro El pudin de Navidad de Agatha Christie



Un príncipe oriental inicia en Londres un romance cunha moza de dubidosa reputación, á que agasalla cun rubí emblemático da do seu país. Hercules Poirot terá que abandonar o seu refuxio londinense para desprazarse a unha mansión en pleno Nadal. 





Boa lectura a todas e todos!

martes, 16 de outubro de 2018

Benvidos a un novo curso, hortensianos!!!

Ola hortensianos!
Xa estamos aquí de novo e temos que reunirnos. Este curso somos unha manchea de xente: 75 só entre o alumnado, ao que hai que engadir tres profas. Das familias non sabemos nada, así que imaxinamos que non van estar no club de lectura. Porque... avisastes na casa, verdade?

Ben, como somos tantísimos imos facer dúas reunións, que serán na biblioteca durante o 2º recreo:
O mércores 24 de outubro virán os de 1º e 2º da ESO
E o xoves 25, os de 3º e 4º.



luns, 29 de xaneiro de 2018

Máis ciencia!!!

Máis ciencia. Dragóns mutantes que nos axudarán a entender a ciencia e unha nena espelida que non acepta o futuro imposto!!! Teñen ou non teñen boa pinta as nosas novas lecturas?

O grupo de 1º e 2º da ESO vai ler Como explicar genética con un dragón mutante publicado pola editorial Big Van. Científicos sobre ruedas. Neste libro descubriredes as leis máis alucinantes e raras da xenética. Tamén vos propoñen experimentos low cost que podedes facer na casa. Veredes que hai científicos que están un pouco... como dicilo, pallá. E que os polos non son tan diferentes dos dragóns.
Sabiades que existen os mutantes? Que calquera célula sabe máis de ti ca teus pais? Que non só o máis brután descende dos monos? E que algo chamado xene fixo que herdes o queixo de teu avó (o guapo, claro)?

Os de 4º lerán A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly, publicado pola editorial Kalandraka en lingua galega. No ano 1899 Calpurnia vive en Texas, nunha casa de campo. Ten once anos e seis irmáns. Todos agardan que ela medre e sexa unha muller rexa, nai e ama de casa. Pero ela non está de acordo porque, alá fóra, nos prados e nos bosques, existe un mundo marabilloso. Ante esta situación ela pregúntase se cabe imaxinar unha situación peor? Chámose Calpurnia Virginia Tate, pero daquela todo o mundo lle chamaba Callie Vee."

xoves, 16 de novembro de 2017

Tipos de plano na banda deseñada

Se clicades neste ENLACE podedes ver un power point onde se vos explica os distintos tipos de planos que podemos atopar en banda deseñada.

mércores, 15 de novembro de 2017

Banda deseñada


A segunda lectura do ano vai ser banda deseñada. Nesta ocasión escollemos unha variedade de cómics de ciencia ficción nos que os superheroes e superheroínas (Wonder Woman, Spiderman, Batman, A Muller Marabilla, Superman, Lobezno e Lobezna, Hulk e Hulka,...) teñen uns poderes que imos analizar. Son posibles algúns deles?; precísanse fenómenos extraordinarios para explicalos? Para axudarnos con todo isto cada hortensiana e hortensiano leva consigo o capítulo correspondente  do libro La ciencia de los superhéroes de Juan Scaliter que lles acudará a entender todo isto.




Artigos científicos

Este curso o noso club de lectura decantouse pola ciencia, así que as nosas lecturas irán encamiñadas a este tema. Para empezar propoñemos unha serie de artigos variados de corte científico e divulgativo sacados de diversos libros como No punto de mira e A que altura está o ceo? de Jorge Mira, 100 mitos de le ciencia de Daniel Closa i Autet, Las grandes preguntas de los niños y las sencillas respuestas de los grandes expertos de Gemma Elwin Harris ou Cuando la tierra tiembla editado polo Museo da Ciencia. De todos eles seleccionaremos unha serie de artigos adaptados á idade dos noso hortensianos, pois cómpre lembrar que hai moito alumnado de 1º da ESO pero tamén de 4ª.
Houbo artigos moi curiosos e que chamaron a nosa atensión como: por que o sangue é vermello e non azul, por que están tan bos os pasteis, como o bilingüismo protexe a nosa saúde, que pesa máis: un quilo de ferro ou de palla?, os gatos caen sempre de pé? ou a que altura están os planetas. Estas entre outra moitas que debatemos nas reunións e ás que lle atopamos cadansúa explicación científica. Para axudarnos a entender todo isto contamos coa presenza de María a nosa profesora de Física e Química.