martes, 20 de xaneiro de 2015

Servicio de urxencias

O club de lectura quere rirse a esgalla, por iso imos ler Servicio de urxencias de Suso de Toro neste comezo de trimestre. Como di a contraportada do libro "O humor é unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas (...), e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón." O libro métenos de cheo nun servicio de urxencias hospitalarias, e convivimos coas doutoras Chus Nespereira e Encarna Silva, co novo médico residente Paulino Pereira e co "arranxatodo" Cipriano.

mércores, 12 de novembro de 2014

Un pequeno fragmento visual

Enid Blyton

Enid Mary Blyton naceu 11 de agosto de 1897 en East Dulwich,Londres, Inglaterra e morreu o 28 de novembro de 1968 en Londres. Foi unha prolífica escritora de literatura infantil de máis de 600 novelas. Estaba moi unida a seu pai, polo que lle afectou moito que abandonase a súa nai, para irse a vivir con outra muller. Adoraba o deporte e a literatura e desprezaba as matemáticas. Tocaba o piano, pero deixouno para formarse como profesora. Tras a Primeira Guerra Mundial, publicou o seu primeiro libro poético, Murmurios de neno. Casou con Hugh Alexander Pollock, un heroe de guerra que traballaba como editor o 28 de agosto de 1924.Tiveron dúas fillas: Gillian Mary e Imogen Mary. O matrimonio comezou a distanciarse, e Enid tivo breves romances. Ademais, debido á segunda guerra mundial, o seu marido reincorporouse ao exército, polo que apenas se vían. Cando foi ferido durante unhas manobras, Enid non o visitou. Logo de divorciarse casa cun cirurxián, Kenneth, e prohibiulle ao anterior home que tivese contacto coas fillas de ambos. Non anos seguintes Enid publicou as súas novelas máis célebres e, tras a morte do segundo marido, a saúde da escritora degradouse moi rapidamente; morreu no ano 1968. A súa filla menor, Imogen, publicou en 1989 una autobiografía sobre a súa infancia, onde describía a súa nai como unha persoa emocionalmente inmadura, sen embargo a súa filla maior Gillian, sempre a defendeu. En 2009 la BBC realizou unha película baseada na vida de Enid Blyton con Helena Bonham Carter como protagonista. A súa obra literaria, centrada no mundo preadolescente, caracterízase sobre todo polo recurso a pandas formadas por varios nenos que actúan polo xeral á marxe dos adultos do lugar, con frecuencia como detectives; tamén realizou series moi populares sobre centros educativos femininos en réxime de internado. Os seus libros tiveron gran éxito en moitos países, e foron traducidos a uns noventa idiomas. É o quinto autor máis popular do mundo, con máis de 3.300 traducións das súas obras e máis de 400 millóns de copias vendidas. Entre as súas creacións máis famosas están Noddy, un homiño de madeira que vive nunha diminuta casa no mundo imaxinario de Toyland, e a serie de 21 novelas de Os cinco famosos publicada entre 1942 y 1963, protagonizada polos irmáns adolescentes Julian, Dick e Anne; a súa curmá Georgina e o can desta, Tim, que fan de detectives en historias que combinan o misterio e a aventura.

martes, 21 de outubro de 2014

Primeira lectura

A primeira lectura que imos facer este curso 2014-15 é a colección de "Los cinco" de Enid Blyton. Temos varios títulos, así que este xoves pasade pola biblio a recoller o que vos guste e iniciar así a lectura, e con ela as actividades do club.

Xa estamos de volta!

Ola hortensianos! Xa estamos de volta e o club xa está funcionando. Parte de nós xa estivemos reunidos o xoves pasado; este volvemos a quedar para recoller os libros. Vémonos no segundo recreo ao pé da hortesia, na biblioteca. Deica.

xoves, 19 de xuño de 2014

Rain man

Este mércores os membros do club de lectura rematamos as actividades deste curso cun xantar na cafetería do centro e un pase de cine pola tarde. A película escollida foi Rain man, e serviu para ilustrar a lectura do último trimestre: O curioso incidente do can a medianoite. E, como o prometido é débeda, aquí vos quedan as fotos da comida e da sesión de cine. Na cafetería do centro preparados para xantar!:
Seis belezas facendo a dixestión e gozando da caloriña da tarde sentadas no xardín do centro!:
Pablo e Santiago entre confidencias!:
Os membros do club diante da hortensia que nos dá nome. Saca a foto Nazaret que non quere saír retratada!:
Momento do visionado da película na biblioteca:

mércores, 11 de xuño de 2014

Xantar e tarde de cine

Ola hortensianos: xa informamos esta mañá a moitos dos nosos membros sobre as actividades do mércores 18 de xuño. Para os que non puidestes asistir á reunión de hoxe, deixámosvos aquí o plan do día. O próximo mércores quedamos a comer no centro e pola tarde veremos unha película relacionada coa última lectura deste curso. Proximamente pasarémovos as autorizacións para asinar na casa. Deica!