mércores, 2 de maio de 2012
Reunión
Convócase aos membros do club de lectura a unha reunión mañá xoves no 2º recreo na biblioteca do centro. Esperámovos ver a todas e todos.
Ata entón... lede!
venres, 27 de abril de 2012
E que se comerá por aí?
Continuamos coa nosa actividade sobre a comida na literatura, que demos en chamar: Aliméntate de historias... devora un libro.
A sección de comida internacional subtitulámola: "E que se comerá por aí?". Neste caso a exposición centrouse en tres continentes: África, América e Asia. Como podedes ver na imaxe colocamos xuntas as tres mesas co mapa mundi de marco.
A comida africana quedou representada co libro Mas allá del mar de arena de Agnés Agboton, que nos conta a experiencia dunha muller de Benin que se traslada a vivir a Barcelona e quere explicarlles aos seus fillos a cultura de África e as súas vivencias. Neste libro fálase de comida, como non, e quedamos con dúas receitas que dá a autora: a dos cacahuetes torrados en area de praia e a do "Man n'sonu", unha salsa de verduras con cangrexo, gambas e peixe afumado... Ese día, durante a lectura xantamos cacahuetes que nos levaron a unha esquina de África.
Na mesa de África ofrecemeos información sobre o valor nutricional dos cacahuetes, do cuscús e da cerimonia do té no norte de África.
De alí marchamos a Xapón con Hiromi Kawakami e o seu libro "El cielo es azul, la tierra blanca. Una historia de amor". E con el sentamos na barra dun bar para comer "atún con soia fermentada, raíz de loto salteada e chalota asada." Pero tamén bebemos "unha botella de sake", tomamos "un prato cun cachiño de balea e unha cunca onde só quedaban restos de algas". Na mesa de Xapón colocamos información abondosa sobre as algas e demos a coñecer as que temos en Galicia e como se van tamén introducindo na nosa cociña. E do ritual do té en Xapón. Que comemos durante a lectura do libro de Kawakami? Mandarinas... non nos atrevemos co sushi, foi unha pena!!!!
De Asía demos un chouto a América, en concreto marchamos a México con Laura Esquivel e a súa obra "Como auga para chocolate". Este libro serviunos como remate das lecturas, pois reservamos un capítulo para cada día. Por suposto cada día comemos algo relacionado con ese país: tortitas, guacamole, chourizo picante, nachos,... Na mesa de México explicamos cal era a base da súa comida e o seu valor nutricional. Algún día, como o tempo acompañaba, lemos e comemos fóra, no noso xardín.
Etiquetas:
Devora un libro...
mércores, 21 de marzo de 2012
Ola hortensianos
Ola a todos os hortensianos. Non andamos perdidos nin vagueando. Hai demasiado traballo e pouco tempo para achegarnos ao blog. Este trimeste ademais de ler o teatro, puxémonos a facer unha actividade demasiado ambiciosa, tanto que nin tempo nos queda. Titúlase "Aliméntate de historias... devora un libro" e reúne unha exposición na que se amosan momentos literarios baseados na comida e tamén unha lectura na biblioteca dos fragmentos escollidos.
Ao longo destes días iremos colgando fotos tanto das lecturas como das distintas exposicións que temos. Para ir abrindo boca: explicamos por que a condesiña de Castelao morre dunha enchente de cereixas e non de amor, como dicían por aí. Ou que alimentos ccuriosos aparecían en Alicia no país das marabillas, que a facían medrar ou minguar en cada caso. Deixámosvos unha foto da mesa coa exposición de Alicia

Por suposto lemos no recreo o fragmento exacto da aparición da galleta "Cómeme"... e tamén degustamos durante a lectura dunhas galletas, parecidas ás de Alicia pero sen efectos secundarios. Aí vos quedan unhas fotos da lectura feita por Andrea Méndez Santorum.

Ao longo destes días iremos colgando fotos tanto das lecturas como das distintas exposicións que temos. Para ir abrindo boca: explicamos por que a condesiña de Castelao morre dunha enchente de cereixas e non de amor, como dicían por aí. Ou que alimentos ccuriosos aparecían en Alicia no país das marabillas, que a facían medrar ou minguar en cada caso. Deixámosvos unha foto da mesa coa exposición de Alicia
Por suposto lemos no recreo o fragmento exacto da aparición da galleta "Cómeme"... e tamén degustamos durante a lectura dunhas galletas, parecidas ás de Alicia pero sen efectos secundarios. Aí vos quedan unhas fotos da lectura feita por Andrea Méndez Santorum.
luns, 23 de xaneiro de 2012
Reunión
Ola hortensianos:
Este xoves no 2º recreo convocámosvos a unha reunión no lugar de sempre: a biblioteca e ao pé da hortensia. Daremos instrucións para este 2º trimestre xa que imos cambiar as lecturas. Ata entón.
Este xoves no 2º recreo convocámosvos a unha reunión no lugar de sempre: a biblioteca e ao pé da hortensia. Daremos instrucións para este 2º trimestre xa que imos cambiar as lecturas. Ata entón.
luns, 19 de decembro de 2011
Bo Nadal
CANTIGA PRA RECIBIR O ANINOVO
¡Ai, qué Noiteboa chea de ledicia
si os galegos estuveran en Galicia!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, qué santo e bó sería o Nadal
si houbera no mundo menos mal!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, qué Aninovo cheo de craror
si houbera na terra mais amor!
¡E nós eiquí calados!
¡Ai, que leda e gozosa Epifanía
si todo amañecera limpo como o día!
¡E nós eiquí calados!
E si houbera xusticia, paz e ben,
¡cómo brilaría a estrela de Belén!
Os anos van pasados,
¡e nós eiquí calados!
Manuel María (ms.)
Monforte de Lemos, Nadal, 1964
mércores, 7 de decembro de 2011
"La puerta entre dos mundos", Jorge García e Pedro Rodríguez

Esta cómic é precioso; tedes que lelo. Conta unha aventura de Xulio Verne sendo rapaz, hai intriga, algo de medo,... Pero quizais o que máis me chamou a atención foi a parte gráfica, e dentro dela os planos utilizados máis cós debuxos en si. A verdade é que aprecen planos sorprendentes: hai un picado desde o ceo; vese a parte superior das aves que voan (creo que son garzas) coa terra aló embaixo, como se sobrevoásemos o río en globo. Este plano serve para amosarnos a situación do barco no que van os protagonistas da historia, Verne, Paul e Caroline, rumbo á illa de Robinson Crusoe (ou máis ben "un montón de barro" segundo Caroline).
Outro plano destacable é un contrapicado que enfoca desde o chan ata unha ventá. Así vemos aos rapaces no exterior da casa e a través da ventá, situada nun plano superior, oímos aos pais que sabemos que están alí poa luz que sae e as voces do seu diálogo.
Noutro caso vemos só os pés dos rapaces, focalizando así a atención na fogueira que arde; na páxina 15 hai unha gran viñeta con outras tres pequenas inseridas nela que detallan o que está pasando. Na páxina 16 o plano vaise achegando cada vez máis aos ollos de Jules, ata enfocar o reflexo da súa meniña...
En definitiva, excelente xogo de planos, e un texto que nos reencontra cun grande da literatura universal.
Non deixedes de ler o texto que aparece ao final. É unha breve e simpática historia metaliteraria, que nos mostra como se documentaron os autores deste cómic; sería así?
xoves, 1 de decembro de 2011
Os personaxes do cómic
Neste powewr pont podedes ver como son tratados os personaxes no cómic, como se deseñan, se caracterizan, falan...
Personaxes
View more presentations from cgsumay
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)