Este xoves 20 de abril teremos unha reunión do club de lectura na biblioteca durante o segundo recreo. Faremos entrega das novas lectura. Vémonos!
mércores, 19 de abril de 2023
mércores, 15 de febreiro de 2023
Reunión do club de lectura
O xoves 16 de febreiro temos unha xuntanza na biblioteca durante o 2º recreo. Non te esquezas!
martes, 24 de xaneiro de 2023
Lendo cómic
Iniciamos o ano lendo cómic, en concreto, A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado. Deste xeito aproveitamos os recursos que temos no centro e falamos de temas moi actuais: especulación, corrupción, desexos de mellora,...
xoves, 27 de outubro de 2022
Os primeiros libros
Coincidindo coa época de defuntos decidimos empezar lendo contos de medo. Botamos man de dúas obras dirixidas aos nenos e ás nenas, Cuentos de horror para niños de Lovecraft e Cuentos de terror para niños de Poe, case nada. Esperemos que non se nos asusten!
xoves, 13 de outubro de 2022
Primeira xuntanzo do club
Hoxe fixemos a primeira xuntanza do club de lectura. Xa propomos a primeira lectura e axiña nos reuniremos para entregar os libros. Falta algún membro . Diante de todo as tres coordinadoras de 4º da ESO.
xoves, 6 de outubro de 2022
Reunión do club de lectura
Estamos de volta. Este xoves 13 de outubro celebraremos a primeira xuntanza deste curso. Vémonos todas e todos na biblioteca durante o 2º recreo.
mércores, 22 de xuño de 2022
Agasallos para o club de lectura
No acto de fin de curso tivemos en conta o club de lectura, e houbo agasallos para todas e todos. Iso si, as nosas tres coordinadoras tiveron premio dobre, pois tamén cadasúa hortensia, a flor que lle dá nome ao noso club! Grazas mozas!
xoves, 16 de xuño de 2022
Xornada de cine e pincho
Para ir rematando as actividades do club de lectura, hoxe tivemos unhas horas lúdicas: empezamos vendo a película Nothing Hill e despois tomamos un pincho no patio: zumo de laranxa natural, minipizzas e pastas. Fomos a envexa do resto do instituto!
xoves, 9 de xuño de 2022
Saída a mercar libros
As tres alunmas coordinadoras do club foron premiadas cunha saída a unha libraría de Sanxenxo na procura de novos títulos de cara ao vindeiro curso. Estaban emocionadas de poder mercar o que lles gustaba. Foi unha mañá produtiva, lúdica e de aprendizaxe. Na foto coa coordinadora do club de lectura, Ana Sueiro, profesora de Xeografía e Historia.
martes, 15 de marzo de 2022
Lecturas e mulleres
Para commemorar o Día da muller, o club decidiu propor biografías de mulleres que destacaron en diversos ámbitos. Na foto podemos ver a escolla dos libros entre os distintos membros. Cada un leu unha biografía distinta para, na seguinte xuntanza, explicárllela aos demais.
martes, 18 de xaneiro de 2022
Ledicia Costas
Empezamos este trimestre con Ledicia Costas: o alumnado de 1º lerán Escarlatina mentres que o de 2º e 3º O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. Redes sociais, romance, amizade e, sobre todo, intriga,.... que pasará ao final?
Aproveitamos para agasallar ás alumnas de 3º da ESO cunhas gominolas para agradecerlles o traballo que desenvolven no club. Grazas a Estrela, Rocío e Lara.
luns, 27 de decembro de 2021
La duda de Darwin
Animados pola lectura de A evolución de Calpurnia Tate e a importancia que na obra se lle dá a Charles Darwin, vimos a película La duda de Darwin dirixida por Jon Amiel.
martes, 7 de decembro de 2021
Kahoot sobre Calpurnia
As nosas marabillosas axudantas, Lara, Estrela e Rocío, animaron o club de lectura cun kahoot sobre o libro A evolución de Calpurnia Tate. Foi superdivertido e as profes tiveron as súas dúbidas!
venres, 29 de outubro de 2021
O club reúnese de novo para ler "A evolución de Calpurnia Tate"
Ola. O Club de Lectura formouse un ano máis. Este curso será coordinado pola profesora de Xeografía e Historia, Ana Sueiro. Nesta reunión repartimos as chapas que poñen "Leóns famentos" e "Leoas famentas" que lles concede o privilexio de non esperar cola na cafetería os días que temos reunión do club de lectura.
Esta vez temos unha novidade: as tres alumnas de 3º que forman parte do club, van ser tamén as guías e orientadoras do alumnado de 1º e 2º. Elas propoñen lecturas e actividades. A 1ª lectura que propuxeron foi A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly.
luns, 2 de marzo de 2020
O club de lectura queda a comer
venres, 28 de febreiro de 2020
Un mundo que agoniza de Miguel Delibes
Este libro resume o seu discurso de ingreso na Real Academia Española, e nel, envía unha mensaxe ao mundo a través dos seus personaxes de ficción: se o progreso moderno, o da técnica e o consumismo, equivale á destrución da natureza, eles renuncian a ese progreso. Así de sinxelo e contundente.
A través deste libro percibimos que aínda queda moito por facer a nivel medioambiental, que hoxe segue vixente moito do dito polo autor. Pasan os anos pero os problemas seguen aí. Estaremos a tempo de reverter a situación?
Ficha de lectura de Mael, máis alá da Fraga da Cornanda
|
Por fin, Mael vai participar na recolleita de cereixas como un adulto
máis, e iso éncheo de fachenda. Porén, a sombra dunha traxedia inesperada vai
empanar a súa alegría. A repentina e misteriosa enfermidade de seus pais,
embarca o rapaz nunha viaxe que o levará moi lonxe do seu fogar e da que só
un Afouto pode saír con ben.
Mael, máis alá da fraga da cornanda, uxía meirama
Ilustrado por Miguelanxo Prado
IN COGNITA
NARRADOR:
……………………….....................……....................................……..........................
PERSONAXES:
·
PRINCIPAIS:
……….............................................................................……………........…
·
SECUNDARIOS:
……………………...............................................................................…
TEMPO:………................................................................................................……................………
ESPAZO:……………………..............................................................................................................
LE ANTES DE NADA A DEFINICIÓN DE AFOUTO:
AFOUTO, -A: persoa
con disposición de espírito que actúa ou acomete calquera empresa sen temor
aos perigos ou dificultades.
A RELACIÓN DESTE LIBRO CO MEDIO AMBIENTE:
NO LIBRO REFLÍCTESE UN
XEITO de vida tradicional na aldea, nela a incidencia do home no medio
ambiente é mínima: viven da recollida da cereixa por métodos manuais (soben
por esqueiras ata o froito, bótano en cestos e un carro pasa a recoller a
colleita). Como ves a pegada ecolóxica que deixan é mínima.
COMEZA O LIBRO COA
DESCRICIÓN de Valdecereixas, cheo de árbores froiteiras. Propoñémosche un
xogo; serás quen de dicir o nome das árbores que dan estes froitos?
Mazás:
Noces:
Peras: Cereixas:
Pexegos: Figos:
Ameixas: Castañas:
O ESPAZO ESTÁ
AMBIENTADO NUNHA FRAGA; pero sabes o que é? No Dicionario da Real Academia
Galega defínese como unha "extensión de monte, polo
xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias,
de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de
fauna".
A FRAGA É O NOSO BOSQUE AUTÓCTONO e,
como vas poder ler no libro, nel
conviven carballos, bidos, fentos, fiúnchos, xestas, brións, liques, hedras,
freixos, uces. É cualificada como "frondosa,
chea de cantos de paxaros, con mesta vexetación, árbores inmensas e pendías".
Está habitada por paxaros, grilos, ras, abellas, moscas, saltóns, xílgaros,
rulas, pombos, cabaliños do demo, vagalumes, pintafontes,...
![]()
Carballos
Bidos
Es
quen de traer para futuras reunións un herbario con algunhas destas plantas?
VOLVEMOS
AO TEMA DA PEGADA ECOLÓXICA: se te decatas, desprázanse andando ou en carro;
comen queixo, pan... non usan plástico; non acumulan lixo que non sexa
biodegradable. Para a súa viaxe Mael leva consigo pan, queixo, froita, unha
cantimplora con auga e unha navalla. Se hoxe tiveses que facer unha viaxe semellante,
ou simplemente unha andaina, que levarías ti na mochila?
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………
NA
CASA DE SABELA hai unha gran gaiola con paxaros: paporrubios, petos,
reiseñores, pardais, pegas e un merlo. Saberías dicir cal deles é cada un dos
seguintes?
![]()
.........................................
.......................................... .............................................
........................................ ........................................ ............................................
DEIXÉMOSCHE
IMAXES DE tres animais que axudan a Mael, Merlo e Sil a saír da fraga da
Cornanda: cabaliños do demo, vagalumes
e pintafontes. Serache moi doado
identificalas nas imaxes, pero veremos se es tan hábil para atopar cadanseu
sinónimo entre estes: lucecú, píntega
e libeliña.
![]() ![]()
...................................................
.................................................
..................................................
................................................... .................................................
..................................................
FÍXATE
COMO DESCRIBE OS PRADOS que hai á saída da fraga: "cheos de flores de todas as colores e tamaños", "milleiros de insectos diferentes chuchando
nas flores", "outeiros
verdes e vizosos de diferentes tamaños", "herba ben alta", "silvas
e pedras que cercan o carreiro".
![]()
O
CARREIRO QUE ATRAVESA O PRADO lévaos ata unha valgada (val pequeno ou tamén
parte máis baixa do val, por onde corren as augas naturais da chuvia),
descrita como unha "paisaxe
rochosa salpicada de árbores e pequenos abertos cubertos de fresca herba,
atravesada por un regato de augas cantareiras". No río hai ras,
píntegas pintafontes e salamanquesas. E na fervenza, ademais de algas e
liques, ras, sapos, tritóns e salamanquesas.
Busca
unha imaxe daqueles termos que descoñezas e pégaas aquí.
No
monte Carnot habitan esquíos, cervos e lontras. Se descoñeces algún, busca a
súa imaxe en internet e pégaa a continuación.
FRONTE
A TODA ESTA VIZOSIDADE, está o castelo do Xigante, rodeado de terra negra,
sen vexetación, só restos de árbores queimadas, chan cincento, habitado por
corvos e voitres e con rabaños de touros, castróns e xabarís. Entendes a
antítese entre os dous espazos? Que representa a fraga e que o castelo?
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
Por
que os únicos animais que por alí campan libres son os corvos e os voitres?
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
FRASES
OU COUSAS QUE ME CHAMARON A ATENCIÓN:
…………………………………………………………………………………………………………………
…………………………….…………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………….……….…………………………
O
PERSONAXE QUE MÁIS ME GUSTOU FOI:
……………………………………………………………………….......................................…………
E
GUSTOUME PORQUE …………………………………………………………………………....................…………………….…
……………………………………………………………………………………………………………......
O
LIBRO EN XERAL GUSTOUME OU NON POR:
…………………………………………………………………………………………………………………
……………………..............................................................................….………………………………
………….....………………........................................................................................……………........
LENDO
ESTE LIBRO APRENDÍN:
……………………..............................................................................................................................
................................………………………………………………………………………….………...……
………………………………….……………………………………………………………….............……
CAMBIARÍA
DO LIBRO:
……………………..............................................................................................................................
................................………………………………………………………………………….………...……
………………………………….……………………………………………………………….............……
................................………………………………...………………………………………….………...…
A
MIÑA PORTADA PERFECTA DESTE LIBRO É A SEGUINTE:
|
Mael, máis alá da Fraga da Cornanda
A sombra dunha traxedia vai empañar a ledicia de Mael de conseguir, por fin, participar como un adulto máis na recollida de cereixas. A repentina e misteriosa enfermidade que pon a seus pais ás portas da morte, embarca o neno nunha viaxe que o levará moi lonxe da súa terra, e na que coñecerá os máis fabulosos personaxes que un pode imaxinar.
É unha novela caracterizada pola fantasía e a aventura, na que se exaltan valores como a amizade, a lealdade ou o amor pola natureza.
Animais fantásticos, bruxas, augas milagreiras, ogros e xigantes desfilan por estas páxinas nunha constante sucesión de acontecementos marabillosos.
Miguelanxo Prado no labor de ilustrador converte este libro nunha obra irresistible.
domingo, 12 de xaneiro de 2020
Ficha de lectura de O futuro roubado de Ramón Caride
- PRINCIPAIS: ……….............................................................................……………........…
- SECUNDARIOS: ……………………...............................................................................…





























