mércores, 14 de outubro de 2015

Booktrailer de "Desnuda"

Este pequeno fragmento reflicte un momento clave do libro Desnuda. Que vos parece?

martes, 13 de outubro de 2015

Biografía de Jordi Sierra i Fabra

Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona no ano 1947. Comezou a escribir con tan só oito anos, e aos doce decidiu que a súa vocación era ser novelista, de feito a esa idade escribiu a súa primeira novela longa, de cincocentas páxinas. Seducido pola música rock, no ano 1970 abandonou os estudos para traballar como comentarista musical profesional, codirixindo algunhas das revistas musicais máis influentes de España (Disco Express, Popular I,…). Publicou máis de sesenta libros de historia e biografías de artistas de rock, e, asemade, cultivou todos os xéneros literarios: relatos infantís, novela xuvenil e de adultos, ciencia ficción, humor, poesía, guións de cine,…
As súas obras obtiveron numerosos e prestixiosos premios como o Premio Néstor Luján de novela histórica, o Villa de Bilbao, o Ateneo de Sevilla, o Premio EDEBÉ, Columna, Premio Nacional,…
É un viaxeiro incansable e traballa arreo. Actualmente dirixe a Fundación Jordi Sierra i Fabra en Barcelona, que creou en 2004, destinada a promover a creación literaria entre os mozos de lingua española. Trimestralmente publica a revista online "La página escrita" e cada ano convoca un premio literario para menores de dezaoito anos. Ese mesmo ano impulsou a Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra para Latinoamérica con sede en Medellín (Colombia), que atende a máis de cen mil nenos e mozos cada ano.

En 2012 superou os dez millóns de libros vendidos en España.Ten unha extensa obra que en 2012 acada os 420 libros publicados e para conmemoralo publicou as súas Memorias Literarias "Mis (primeros) 400 libros. Cuando, dónde y por qué los escribí" (Editorial SM). Obtivo multitude de premios pola súa obra en español e catalán e a ambos lados do Atlántico. Moitas das súas novelas foron levadas ao teatro, á televisión e recentemente levouse unha novela súa á gran pantalla; "Un poco de abril, algo de mayo, todo septiembre" foi adaptada co nome de "Por un puñado de besos" e estreouse o 24 de maio de 2014.
É autor de numerosas obras e de seguro que moitas delas vos soan como ...en un lugar llamado Tierra, Nun lugar chamado guerraDo outro lado doe spello, Noche de viernesLas chicas de alambre, 97 formas de dicir "te quiero", pero ten moitísimas máis obras xuvenís que é case imposible poñer aquí, pero para que poidades seguir esculcando, deixámoivos un enlace á súa páxina web:

Primeira lectura do curso

Este é o primeiro dos libros que leremos esta curso. Titúlase Desnuda de Jordi Sierra i Fabra e publicado pola editorial S M. O seu subtítulo é significativo, ademais dunha gran verdade: "Amor y miedo nunca deben ir unidos".
De que trata? Case que o podemos imaxinar por estas últimas palabras, pero aí vos deixamos un apunte:
"Cando deixou Ramiro de ser tenro, doce e amable? En que intre preciso comezou  a... si, a maltratar a Marga?
Marga non o sabe. Quizais fose desde o mesmo principio; quizais as chamadas constantes, as mensaxes inacabables, a demanda de atención, ese amor total e absoluto que Ramiro dicía sentir por ela... Si, poida que todas esas cousas xa contivesen unha semente de violencia. E se Marga se decatase a tempo, as cousas acaecerían dun xeito moito máis doado."

Desnuda é un libro duro, cortante, directo como un golpe no estómago. Un libro necesario.

Gustaravos aínda que pasedes un pouco de medo con el porque... é real, moi real. Esperamos que ademais vos axude.

O club de lectura xa está en marcha!!!!!


Ola hortensianos!!!!!!
O club de lectura Ao pé da hortensia xa está en marcha. Imos reunirnos o vindeiro venres 17 durante o segundo recreo na biblioteca.
Non faltedes!!!!